Arquivo do blog

Hipocresía

Nos diferentes personaxes e situacións de Xente de Roma ofrécense uns perfís, dalgúns xeito, máis débiles. Máis ben é que a través deles o filme intenta amosarnos os prexuizos que a sociedade ten sobre certos sectores da sociedade, así como amosar as inferioridades posibles na cidade. Reflicte ao personaxe inmigrante, do que se fala como se fosen suxeitos impersonais que non danan pero tampouco aportan, ou mesmo se amosa unha clara discriminación cara eles –no caso do rapaz negro do bar-. Tamén empregan o perfil do indixente que se busca a vida como pode ou que se tira á bebida, sen esquecer as imaxes das persoas maiores, xa débiles e indefensas, que comezan a estar afectados pola enfermidade do alzheimer.

Isto faime pensar na hipocresía da sociedade que dalgún xeito cara ao público se amosa comprensiva e disposta a axudar e no momento no que se dá a espalda ela mesma crava o propio puñal. Os diferentes entornos tamén condicionan estes comportamentos enganosos. Na escena do home ríndolle ao inmigrante e ás súas costas falando mal del é un claro exemplo do que quero dicir. Tamén este aspecto se vén representando en Following e In the mood for love, filmes nos cales a falsedade dá lugar á trama principal. De feito, nestas últimas poderíamos extraer claramente o perfil do que engana (as respectivas parellas dos protagonistas xaponeses e Cobb e a moza rubia en Following) e do enganado (os protagonistas de In the mood for love e Following).

En canto á comunicación en Xente de Roma reflíctese dun xeito exemplar ao seren escenas de diferentes persoas e entornos, amosa tanto hábitos comunicativos eficaces (a muller ensinando o cartel ao indixente sobre por que non lle pode dar diñeiro, o home que falaba cos mortos e que se envalentona a falar coa condutora do autobús ou os indixentes que falan sen reparos cunha botella de viño n aman) coma auténticos desastres nas relacións interpersonais (a rapaza que se namora doutro e non é quen de contarllo ao mozo, o home que non é capaz de contarlle á súa muller que o botaron do traballo, o pai rabudo que non amosa os seus sentimentos, o dono do bar que minte descaradamente ao inmigrante…). Así observamos que os hábitos comunicativos dependen do entorno e do momento no que un se atope, aínda que tamén do carácter de cada individuo.

Alba Mancebo Soto T5B S2E

Mentiras

Nas tres películas vistas nas últimas semanas amósanse diferentes comportamentos, formas de vida, hábitos comunicativos e relacións interpersonais. Aínda que pode que non sexan tan diferentes e que en realidade  teñan máis en común ca do que pensamos…

O engano e a mentira reflíctense en todas elas, sendo o fío condutor da trama tanto en Following como en In the mood for love. Neste sentido evidéncianse os erros da natureza humana que non nos permite en moitos casos deixar ao mal de lado e nos fai caer nas tentacións. Sexa na infidelidade vista en In the mood for love ou no morboso de entrar –e roubar- en casas alleas coma en Following.

O importante destes aspectos é a escolla que os personaxes fixeron sobre o camiño a seguir. O dano, o perigo son uns condicionantes no comportamento dos suxeitos, así como da súa forma de vida e dos seus hábitos comunicativos. As relacións están construidas sobre unha base feble formada por mentiras que afecta gravemente ás relacións entre os personaxes. Como ben se observa en In the mood for love, as relacións de parella pasan por unha forte crise na que falta comunicación e na que o vínculo se destrúe pouco a pouco. Algo similar ocorre entre o protagonista de Following con Cobb e a muller, as relacións con eles son evidentemente formadas a través de enganos que dan lugar a un conflicto interno do protagonista, así como o mete en problemas no momento de querer facer o correcto.

En Xente de Roma a mentira tamén forma parte de certos fíos argumentais, como na rapaza que engana ao seu mozo e non é quen de contarllo ou o home que lle oculta á súa esposa que o botaron do traballo. Nestes casos non vemos o dano tan presente coma nas outras dúas películas porque os casos non son tratados con tanta profundidade, pero aínda así si que se evidencian.

 

Alba Mancebo Soto T5B S2E

Adeus Fontiñas

Este ano fai 30 anos que José María Castelo Álvarez e Dolores Loureiro Buján viven en Fontiñas, tantos como anos ten a súa filla Laura, aínda que xa fixo 40 que emigraron á cidade. Aquí formaron a súa familia, sen perder contacto cas súas raíces rurais, ‘iso sempre’.
José María e Dolores veñen dunha aldea do concello de Touro, a onde volven cada fin de semana e durante as vacacións, e as súas mentes non deixan de dar voltas
á idea de desandar o andado e volver ás orixes. A ela os estudos e a el o traballo foron os que os obrigaron a trasladarse á capital galega, pero nunca lles faltaron as
castañas que cocer no forno nin as verduras e legumes co sabor da súa aldea.
‘A tranquilidade, os amigos, A BOA VIDA’ é o que din botar máis de menos, sen esquecerse dun gran paréntese: o traballo do campo é algo excluínte nesta volta ao rural e ‘os seus pais sábeno ben’. Coma con todo, hai que saber ver os pros e os contras. Por iso tamén falan da dispoñibilidade de todos os servizos na cidade e da cercanía dos colexios e dos lugares de traballo.
O mesmo di Laura, a filla deste matrimonio de Touro. Ela destaca a tranquilidade da aldea e, aínda que non se sinte tan identificada coma os seus pais –algo totalmente
normal tendo en conta que foi criada a medio camiño entre os dous ámbitos- continúa visitando a aldea co mesmo entusiasmo que cando era unha nena.
Tamén é certo que a familia e os amigos que conservan tanto os pais coma a moza son un factor fundamental para non deixar de acudir a Touro. Pero o importante da nosa investigación é… A Laura foille transmitida esa cultura? Herdouna realmente? Neste caso
quedounos claro que o cariño pola vila o leva dentro, que conseguiu crear uns lazos sociais así como emotivos e que os pais foron tremendamente importantes nesta labor.
A herdanza cultural do rural deuse con éxito na familia
Castelo Loureiro.

S2E

Paro everywhere

Ultimamente escóitase falar nos medios de comunicación sobre o elevado número de persoas con discapacidade que se atopan desempregadas agora mesmo. Entre 2011 e 2012 as persoas con discapacidade contratadas por empresas ordinarias reduciuse nun 8’7%, aínda que o certo é que nestes momentos de dura crise económica todos os sectores se ven afectados.

Aínda así trato este tema porque está relacionado co voluntariado do meu ProT na asociación Itínera.

Adoitamos falar de responsabilidade social e da inserción das persoas con discapacidade no mercado laboral ordinario, dun compromiso de todos os implicados – sexa a sociedade ou as propias empresas-, pero os datos evidencian que é “máis labia ca outra cousa”.

Por unha banda este feito recórdame a un post de Lucía Velasco no que falaba das dúas xornalistas cegas a nivel mundial que presentan un telexornal e formulaba unha pregunta: esas cadenas de televisión tíñanas alí traballando pola súa profesionalidade e capacidades ou por dar unha mellor imaxe? Se nos fixamos nestes datos a pregunta respóndese soa: a sociedade, as empresas intentan reflectir un compromiso social, para que logo os índices falen por sí sós, “todo fachada”.

Sexan os prexuizos ou o medo ao descoñecido, as persoas con discapacidade aínda non están involucradas realmente no mercado laboral ordinario.

Isto fainos crer na labor realizada polos Centros Especiais de Emprego, oficinas ás que recorren estas persoas e cumpren con éxito a súa iniciativa. Outro tema poderían ser as diferenzas salariais entre unha empresa ordinaria e estos centros… Que me dicides?

 

Alba Mancebo Soto T5B S2E

Últimas conclusiones

A lo largo de los posts que hemos ido haciendo estos mese contamos y compartimos nuestras experiencias con la asociación Itínera. Creemos conveniente hacer un repaso de los puntos que tocamos en nuestros posts, tanto grupales como individuales y de las conclusiones acerca del trabajo de cada uno de los miembros de este grupo.

Empezamos, pues, con los temas que hemos relacionado con nuestro voluntariado en Itínera:

1. INSTITUCIONALIZACIÓN: es el proceso mediante el cual el enfermo se vuelve sumiso a la institución -en este caso al psiquiátrico- de tal manera que llega a depender de ella. Además esto acarrea la desvinculación de los lazos familiares y sociales, y la pérdida de su identidad y de autonomía. Lo que buscan desde asociaciones como Itínera es evitar que se produzca este proceso. El coordinador de la entidad nos mostró su preocupación por este tema, y para prevenirlo intentan que los enfermos pasen el menor tiempo posible en el hospital ya que, como nos dijo él, tiene bastantes aspectos negativos entre los que destaco el consumo de drogas. Por ello, lo que buscan es la desinstitucionalización. Conseguir la inserción de los enfermos mentales en las actividades de la vida cotidiana que desde la asociación se organizan y darles la oportunidad de vivir como cualquier ciudadano.

2. LEY DE DEPENDENCIA: esta ley configura el derecho a la atención de las personas en situación de dependencia como un nuevo derecho de ciudadanía, un derecho de acceso en igualdad a elementos esenciales para la vida autónoma de muchas personas, un derecho que es inseparable a la dignidad de las personas. Enfermos mentales como los miembros de Itínera podrían gozar de una ley que, además, podrías facilitar a la tan mentada conciliación laboral y familiar.

3. RECORTES: como dijo uno de los miembros de Itínera: “os recortes estanse a levar por diante departamentos especializados para a atención de enfermos mentais, incluidos hospitais psiquiátricos, en proceso de desmantelamento”.

4. DIFICULTADES EN LA COMUNICACIÓN: este punto es uno de los más importantes y relacionados con la asignatura. Trabajando con los usuarios (así llaman/llamamos a los enfermos) percibir las diferencias expresivas entre los usuarios: algunos tenían memorizados datos, conocían la actualidad, hablaban sin miedo; otros, sin emargo, permanecían callados, dominados por la vergüenza, desconcentrados…

Después de esto, nuestras experiencias. Si habéis leído algún post grupal o individual seguro que os habéis dado cuenta de que el trabajo fue agradable y gratificante para todos los miembros de este grupo. Nuestra conclusión final, ciñéndonos a la asignatura, es que las personas con las que trabajábamos se comunicaban mejor cuando no estaban dentro de la asociación, se abrían más con nosotros, se comportaban tal y como realmente eran. Por último,  recomendaríamos esta asociación a los alumnos del año que viene ya que a pesar de los pequeños problemas que tuvimos al principio, finalmente para todos fue mejor de lo que esperábamos, sorprendiéndonos y quitándonos prejuicios que en un primer momento nos acompañaban.

T5B

Interxeracional: Conclusións (I)

Concluíndo os procesos de investigación levados a cabo ao longo das derradeiras semanas chegamos a unha serie de proposicións deducibles de todas as experiencias acadadas. Tal é así que nos serviremos dos días que restan para achegarvos as probas do que conforman un corolario do noso traballo, o cal versa sobre a transmisión interxeracional nun colectivo que mudou o rural pola cidade.

Nun primeiro termo: o éxodo profesional convertiuse en éxodo universal, de xeito que se extendeu a tódolos colectivos afectando principalemente a asalariados agrarios, os residentes de comunidades dmograficamente máis pequenas e ós xóvenes. Entre as principais causas do éxodo rural atópanse os maiores ingresos das clases urbanas, maior acceso ao consumo, maior acceso aos servizos de información, sanitarios, de ocio e principalmente de ensinanza.

O proceso industrializador e a terciarización da economía propiciou a unha desagrarización e o éxodo rural e, á súa vez, desembocou nun avellantamento do medio de orixe -o rural-, unha redución dos seus espazos comerciais e administrativos, a desaparición de transporte público, o cerre de escolas, abandono de terras de cultivo….

Na cidade o anonimato, as relacións formais e impersoais pero dependentes do status social, a heteroxeneidade da poboación, a diferenciación ea  estratificación social. Porén no rural a ocupación adicado ao sector primario, a división do traballo, o pequeno tamaño da comunidade e a súa baixa densidade, a pouca mobilidade da estratificación social.

As principias diferenzas que se atopan responden a unha ruptura ou unha brecha insalvable entre as formas de vida levadas a cabo dun medio a outro e destacamos un sistema de interacción moi diferenciado entrámbolos dous.

ITÍNERA II: La influencia de los medios

Precisamente nosotros somos conscientes del gran poder que ejercen los medios de comunicación en la sociedad y su capacidad para influír en la percepción de la realidad, en su forma de ver e interpretar el mundo que nos rodea. Por ello creemos que es bastante interesante este artículo sobre el tratamiento de los problemas de salud mental en los medios. http://www.publico.es/espana/373070/los-medios-frente-a-la-enfermedad-mental-entre-el-morbo-y-el-estigma

Aunque en los últimos años el tratamiento de este tema ha ido progresando- gracias a asociaciones como FEAFES-, la mejora aún no es suficiente ya que se sigue alimentando una imagen errónea y negativa de la enfermedad mental, que ayuda a perpetuar estereotipos, prejuicios y falsas creencias.

En una ocasión muchos de nosotros asistimos a una conferencia en la universidad sobre cómo debíamos escribir los periodistas acerca de la gente con síndrome de down. Pues veréis, el caso es parecido. Además de utilizar vocablos que desde luego no son apropiados, estas noticias  perjudican de manera directa a los derechos de las personas con problemas de salud mental y a su entorno.

Nosotros somos los primeros que al empezar a colaborar con Itínera teníamos cierto reparo a tratar con los usuarios. La imagen de que son violentos está tan instalada en nuestra sociedad que hace que muchas veces mantengamos las distancias con este tipo de personas. Afortunadamente nosotros nos fuimos dando cuenta de que esto no es así y que muchos de ellos son las personas más cariñosas del mundo.

El problema es que no sólo lo tenemos que saber nosotros. La mayoría de la gente ignora la conducta de algunas enfermedades y se dejan guiar por lo que oyen o, en este caso, por lo que leen. ¿Qué opináis vosotros de que justamente seamos unos de los responsables de esto? Triste ¿no?

T5B

Interxeracional: Últimas entrevistas

Nas derradeiras fases deste traballo (que versa sobre a transmisión interxeracional baseándonos noas exemplos das familias con orixe en áreas rurais, pero asentadas no barrio das Fontiñas) puidemos descubrir o caso de Ramón e Malena, un matrimonio que vive nas Fontiñas dende fai vinte anos e onde se asentaron cos seus dous fillos.

Ramón procede dos arrebaldes da cidade, nas faldas do Pedroso, e Malena é da Estrada, pero ambos migraron á cidade por motivos de traballo cando casaron. A lugar de orixe nunca se esquece e seguen a telo moi presente, pero de forma diferente. Como dato, as festas da aldea seguen a selas propias e tódalas semanas acoden alí, pero cada un ten a súa propia visión do que foi cadansúa lugar de orixe. O soño de Ramón é “voltar á aldea cando me xubile e botar unhas ovellas, facer unha boa horta e esquecerme de todo” mentres que a Malena a vida na aldea nunca lle gustou e o único que bota de menos é á familia; a urbe concedeulle unhas oportunidades que non podería ter no rural, “ademáis se quero ir ó campo non me queda tan lonxe e non me importa ter que desplazarme en coche tódolos días ao traballo”.

Os fillos só acoden á aldea por motivos de ocio e recreación, pero non descartan a volta ós orixes dos seus pais e nun futuro vivir alí. “Temos unha casa con moito potencial e as comodidades da cidade non están tan afastadas gracias a que agora estamos mellor comunicados en tódolos sentidos”. Recoñecen que sería duro vivir como o facían daquela os seus pais ou avós, pero todo sería diferente, os tempos cambiaron e poden combinar o mellor de cada hábitat.

 S3E

ITÍNERA II: Afecto e dedicación

Mentras Alba e Mario xa remataron de colaborar na actividade de debate cos usuarios de Itínera. Sí ,“usuarios”, así é como alcuman os voluntarios de Itínera as persoas con algún tipo de enfermedade mental coas que traballan. Tania, Virxinia e Martín seguen coas súas respectivas labores de axuda á asociación.

Despois de cumplir as horas acordadas co profesor Marcelo e ca asociación, decidimos varios de nós seguir coas actividades durante un chisco de tempo máis para sentirnos, tal vez, un pouco máis útiles e así, poder axudar no máximo do posible a estas persoas que o agradecen de forma excepcional.

Virxinia e Tania non poderon evitar seguir co apoio ao estudio, axudando a Mariam, unha usuaria á cal se lle colleu máis cariño do esperado. A súa difícil vida tal vez contribuíu a que as nosas dúas compañeiras seguiran traballando con ela e así poder axudarlle a aprobar os exames que terá a mediados de Abril para sacar os estudios básicos.

Sen embargo Martín, segue no equipo “Tornillos”. Cada venres, toca mollarse no campo de fútbol detrás do centro hospitalario de conxo, digo mollarse, porque o tempo non acompaña neste fin de inverno e principio de primaveira. O seu afecto aos usuarios é distinto ao que se ten con Mariam xa que ao non ser una actividade individual non da tempo en duas horas a coñecer de tal maneira aos 18 membros do equipo. Pero aínda así non deixa de sorprender a entrega e amabilidade de cada un deles que fai que o noso compañeiro se sinta como un máis.

T5B

Interxeracional: Unha historia de Hermisende

Despois de dúas semanas de traballo na que nos adicamos a unha maior investigación e a ter unha primeira toma de contacto coas familias, vamos profundizando cada vez máis no tema.

Un dos casos cos que nos atopamos é dun fillo de labradores nado en Hermisende, provincia de Zamora que limita con Galicia, o galego está moi presente alí. Javier López Rodríguez de 56 años vive no barrio de Fontiñas dende 1992 e, a pesar de que en moitos momentos da súa vida vota en falta esa aldea onde se criou, non pode viaxar aló tanto coma a el lle gustase. As súas fillas naceron aquí, en Santiago, é a diferenza del, non senten esa morriña pola aldea, son unhas nenas de cidade. Javier a diferenta delas recorda a súa infancia en Hermisende, recorda os días en que se reunía toda a aldea para a festa, na que uns veciños axudaban os outros e sobretodo recorda o frío do inverno.

O sentimento de morriña se desperta en moitos dos casos en que as persoas teñen que emigrar do ámbito rural ó urbano. Probablemente, en moitos dos casos, as cidades nos ofrecen un maior ábano de recursos, saes a rúa e tes o médico relativamente cerca, cada catro pasos un bar, un supermercado, unha tenda de roupa… Sen embargo o que te pode ofrecer unha aldea é moito máis, vai máis aló do superficial, é un sentimento que levas contigo desde que naces, nunca te abandoa.

En certo modo de conclusión percibimos que se está a dar un efecto “retorno”, un éxodo urbano. Anos a tras se creía que a mellor opción estaba na cidade, que o que mellor que podían facer era emigrar cara a cidade e construír unha boa casa. Sen embargo agora parece que todo quere cambiar, esas presoas que nun momento decidiron abandoar o seu lar, están intentando cortar amarras ca cidade e volver o seu lugar de orixe, a aldea

S2E

ITÍNERA II: Máis que un simple traballo de clase

A negociación con Carlos, a persoa que leva Itínera, non foi fácil. Moito tempo que adicarlle, horarios inflexibles, insistencia arredor de certas actividades… O acordo chegou tras barallar múltiples opcións. Entre os argumentos del atopábase o “ides realizar actividades de voluntariado e tedes que adaptarvos ás que se vos ofrecen”. Neses intres, as nosas mentes automaticamente pensaban que nós non eramos uns voluntarios propiamente ditos, senón unha especie de “voluntarios obrigados”. Diríamos o mesmo agora? Pode que para algúns de nós máis que para outros, pero as cousas cambiaron dende aquela.

Tras as primeiras experiencias como voluntarios cada un en distintas actividades, as conversas fóronse desenvolvendo cada vez máis arredor das vidas dos usuarios, dos enfermos e das súas circunstancias, da nosa empatía, e ao mesmo tempo simpatía, cara eles. A dimensión humana que adquiriu o noso traballo con Itínera está outorgándonos puntos de vista que non esperabamos obter. O certo é que contabamos con simplemente analizar os hábitos comunicativos dos enfermos dende unha perspectiva maioritariamente obxectiva. Non foi así, a experiencia veu cargada de sensibilidade.

Nunhas actividades máis ca noutras, a relación con algúns dos membros de Itínera son tan estreitas que é difícil non establecer lazos. Ao comezar, dous de nós nos sorprendemos con que un rapaz que estivera no voluntariado o ano pasado seguía coas actividades na actualidade. Hoxe, ao sabelo, xa non nos resulta tan ‘incrible’.

Con todo isto queremos dicirvos que deste traballo sacamos experiencias de proveito que van máis aló da realización de post, memorias e demais traballo. Basta con dicir que dous de nós continuarán co voluntariado máis tempo do pactado por propia vontade.

Só esperamos que as experiencias de todos os que estades realizando algún tipo de voluntariado sexan tan gratificantes como a nosa!

T5B

Interxeracional: Fontiñas, o lugar axeitado

 

Segue transmitíndose a cultura rural entre os novos habitantes da cidade?

No caso de Brais, dalgún xeito, SI.

Nos últimos días establecemos as primeiras tomas de contacto cos que serán os suxeitos “do noso experimento”.

Brais é un rapaz de 20 anos que vive en Fontiñas, mais “as súas raíces” veñen de Boimorto.

– De onde es? – De Boimorto. – E vés dende alí a estudar? – Vivo en Santiago. – Pero entón non eres de Boimorto… – Si que son!

Considerariamolo un ser ‘híbrido’ entre o rural e o urbano?

De que maneira se produce a herdanza cultural dos cidadáns procedentes da vila?

As festas de orquestra pódenlles gustar ata ao máis cosmopolita, claro que si, pero ese afán pola festa anual da vila…

Brais fala das festas de Boimorto como “as súas festas”, sen lembrarse do Apóstol, e moito menos da Ascensión.

Digamos que esa transmisión interxeracional se delegou sen cortes.

Por agora non sabemos que outros detalles do rural se lle quedaron na vida a Brais, mais xa temos certos datos de interese… Só faltan as entrevistas familiares propiamente ditas para ir descubrindo o parapeto.

Atopar a persoas de Fontiñas coas características fixadas na primeira exposición do traballo foi moito máis fácil ca do que pensabamos. Iso indica que a escolla do lugar foi axeitada e que todas as familias van ter algún tipo de ligue coa aldea por ínfimo que sexa. Só queda analizar as diferenzas, digamos, “entre os que se ilusionan cas festas da vila e ós que lles resultan indiferentes”.

ITÍNERA para la esperanza

La comunicación interpersonal tiene muchos entresijos, muchos focos donde fijar la lupa y estudiar el comportamiento de los seres humanos cuando quieren transmitir un mensaje a otro ser de su misma naturaleza. Esta disciplina se vuelve todavía más compleja si hablamos de la comunicación entre personas con algún tipo de enfermedad psiquiátrica.Image

El mundo de hoy parece no haber reservado lugar para este tipo de enfermos, que se acogen a asociaciones como ITÍNERA, con la que ese grupo trabajará a lo largo del cuatrimestre. En ella, se desenvuelven actividades de ayuda y potenciación de aptitudes como la conciencia grupal, los sentimientos de pertenencia a una comunidad de personas diferenciada, la expresión de las emociones. Y también, se presta un servicio de integración en la sociedad, por ejemplo, a la hora de conseguir resultados académicos o el análisis crítico con el entorno y el cuidado del medioambiente.

ITÍNERA desarrolla su actividad con escasos recursos, de ahí la frase de uno de sus representantes: “nosotros apenas notamos los recortes, porque ya no recibíamos nada de la Administración”. La situación económica ha mermado las ayudas a este tipo de pacientes y asociaciones como ITÍNERA, capean el temporal con la ayuda de voluntarios y la autogestión. En adelante, contaremos nuestra visión de la comunicación interpersonal desde el lado del voluntariado y poder corroborar que este tipo de asociaciones son casi los únicos recursos con los que cuentan los enfermos mentales.

T5B