Arquivo do blog
Mentimos máis do que respiramos?
Dicía Sófocles que unha mentira nunca sobrevive ata chegar a ser vella, pero digo eu que non será para tanto! Méntese seguido: nas eleccións, no currículo, en internet… e non porque sexamos malos ou porque non quede outro remedio, todo o contrario, a maioría das veces dicimos mentiras por educación, porque a verdade (a veces) doe moito. A mentira forma parte da comunicación e das relacións, xa o dicía Oscar Wilde: “Quen dixo a primeira mentira fundou a sociedade civil”.
Se non o cres, mira isto, apostaría algo a que a diario escoitas e dis máis da metade:
Incluso engadiría algunha máis como: “É que estaba enferma”, “Vou agora mesmo, mamá!”, “Pero que ben che queda ese vestido!”, “Veña, a última e marchamos!” ou “Lin e acepto as condicións e termos de uso”.
Acaso estou mentindo nisto tamén?
Pérez Capelo, S2E, 3B2