Arquivo do blog

Centos de persoas unidas por un mesmo destino

IMG-20140225-WA0028

Cúmprense semana e media da viaxe que tiven o pracer de realizar coa peña santiaguesa Merlegos Celestes. Unha viaxe que supoña o noso primeiro gran contacto con este tipo de asociacións, así que atopábame nervioso ante a inquedanza polo que puidera pasar nas próximas horas xuntos a aqueles descoñecidos.

Serían as tres da tarde cando chegamos ao bar dos Merlegos, lugar de encontro desta peña, e onde o seu presidente nos dixera que asistiramos para acompañalos na súa viaxe en bus a Balaídos. Alí, un pouco tímidos, o presidente Miguel presentounos a Xoán, a persoa que se encargaba de realizar este tipo de traxectos, non por satisfacción, que tamén, senón porque se lle encargou esa faceta por sorteo.

N0 bus, subvencionado polo Celta, non viaxan só os Merlegos senón que o fan dúas peñas máis, Norte Celeste e Milladoiro. Aínda así, estes últimos, viaxaban desta vez noutro autocar, pagado entre todos, debido a gran cantidade de xente que viña dende o Norte.

Unha vez subidos ao bus a cousa cambiou. Xoán presentounos aos compañeiros da peña coma os periodistas, tratounos coma uns profesionais, pero sobre todo sabía facer que nos sentísemos cómodos dentro dun grupo de estraños.

Polo tanto e despois do aplauso que nos deron no bus comezou a travesía. Guiados por un pícaro rapaciño que destapaba todos os trapos sucios dos alí presentes e que ademais era o que se mostraba máis interesado polo traballo que andábamos a realizar, emprendemos rumbo Balaídos.

No traxecto, que durou unha hora, deunos tempo a coñecer como organizan as viaxes, que supón para cada un a presenza nesa peña, as pachangas que votan entre elas, e como dato curioso coñecemos o absoluto secretismo no que viven os membros de Norte Celeste, ante os posibles ataques de radicais deportivistas.

Unha vez chegados a Vigo acudimos ao bar Movie, sede doutra peña céltica, os Carcamans Celestes. Alí reúnense diversas destas asociacións para relacionarse e comentar a previa do partido, compartindo unhas cervexas e uns pinchos. Nese lugar Xoán presentounos a moita xente e permitiunos contactos que nos servirán de moita axuda para próximas historias, como por exemplo, a presentación do libro de Jacobo Buceta que se realizará na sede da Peña Milladoiro.

Unha vez desenvoltos entre tanto celtista acudimos ao Estadio cos Merlegos e poidemos vivir un gran partido con estes intrépidos personaxes. Pena o resultado de empate a un gol.

 FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04