Arquivo do blog
And the winner is…
Onte celebrouse a X gala dos premios Mestre Mateo . Unha gala adicada ó audiovisual galego e a noite de todos aqueles que adican a súa vida a transmitir sentimentos ó público e facelos partícipes da súa historia, da historia que queren contar.
Dende logo esta gala estivo marcada máis que nunca polas reivindicacións, debido ós recortes que se están a producir con motivo da crise, e tamén para deixar ben claro que a cultura importa e é algo que se debe coidar. Pola súa banda o director da academia, Antonio Mourelos, deixou moi claro que o audiovisual galego é un sector que dá traballo a moita xente e “quen o ten que saber xa o sabe, se non fai nada é porque non quere ou non lle deixan”. Todo isto quedou patente nun xesto da presentadora da gala, María Castro, quen con unhas tixeiras na man, acercouse ó conselleiro de cultura, educación e ordenación universitaria e entregoullas por se quería facer algún recorte máis.
En canto ós triunfadores da noite, foron a serie Matalobos, con catro premios das catorce candidaturas ás que optaba, a longametraxe Doentes que recibiu cinco ó igual que Arrugas.
Unha gala con humor pero tamén con moita retranca que deixa ben claro que o mundo do audiovisual galego non ten nada que envexar ó nacional. Por último recordar as palabras do presidente da academia que reclamou unha televisión «pública, nosa e de todos». Tamén sinalou que era o momento de «recuperar o perdido nestes últimos anos».
Quiñoy Montero, S3B, 3B2
Os Mestre Mateo. Un ano máis.
Dende o 2003, a Academia Galega do Audiovisual, presidida polo noso ben querido Antonio Mourelos, celebra anualmente estes premios galegos, que serven como recordatorio de que temos un mundo cinematográfico e televisivo con talento e futuro.
Esta vez, foi unha gala adornada con humor e reivindicacións cara o cese de recortes na cultura e sobre todo no sector audiovisual. Como detalle, un dos momentos máis destacables da gala nese tema foi cando a presentadora, a formidable María Castro, regaloulle unhas tesoiras ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, por si se lle ocurría facer algún recorte máis, regalo dun remitente con apelido Merkel.
En canto os premios, a famosa serie Matalobos solo conseguiu catro premios aos que estaba nominado, mentres que Arrugas, longometraxe de animación, gañou 5 estatuillas e Doentes, unha dos films favoritos, recibiu outras cinco.
Dende logo, foi unha gala chea de retranca galega, que gritou a berros que o arte galego non é coma a Santa Compaña, segue viva e con as pilas cargadas.
Rego Rey, GBCP 3B3