Arquivo do blog

RADIO FAVELA- LOITA POR UN FUTURO- ÉRGUETE.

Mencionar narcotráfico en Galicia é pensar automáticamente nunha serie de escenarios e de protagonistas. As Rías Baixas saben o que é ver perdida a toda unha xeración de mozos. Supoño que vós, lectores, coñeceredes xa a historia. Quen viva por esta zona de Galicia, comoé o meu caso, sabe que non queda vila nin aldea na que non houbera algunha vítima das drogas, especialmente a finais dos anos 80, época que coñeceu a miña irmá máis vella, que foi quen me contou o devir de aqueles anos. Un símbolo atopámolo en Pazo Baión e as súas réplicas, esparexidas por todo o Salnés, que controlaban o “cartel” galego a conta de fillos de obreiros ós que o futuro non lles prometía nada e que vían no trapicheo un “negocio” redondo. Radio Favela é un claro exemplo de xente que quere cambiar o sistema dende abaixo e que non se quere resignar a esperar un futuro peor. A importancia do medio á hora de levar a cabo o plan é fundamental pois a radio democratiza, óena brancos e negros, altos e baixos, feos e guapos…

Un país como o Brasil, onde existe unha forte discriminación racial e tamén grandes diferencias entre ricos e pobres é un terreo fértil para a propagación do narcotráfico, promovido polo mesmo goberno que arrinconando á pobreza en guetos fomenta a conflictividade social. Radio Favela é un raio de esperanza, unha voz que clama por unha sociedade máis xusta. No fondo non hai tantas diferencias entre Galicia e Brasil, pero como dí o refrán “non hai máis cego ca o que non quere ver”.

Enlace a un vídeo de Érguete: http://www.youtube.com/watch?v=7qa4fypQ2D4

 Image

Leiro Magdalena S2B 2A4