Arquivo do blog

O xornalismo non é para o xornalista

Jay Rosen exponnos no seu escrito “Tornar a vida pública máis pública” a verdadeira razón de ser da profesión xornalística. Polo menos nestes últimos anos a prensa establece unha comunicación directa entre os cidadáns e a política, a economía ou demais elementos sociais. A responsabilidade do comunicador vólvese máis complexa e tras as súas costas atópase o mantemento de toda unha sociedade demócrata.

Jay Rosen "Tornar a vida pública máis pública"

Jay Rosen “Tornar a vida pública máis pública”

Para el, o xornalistas xunto cos eruditos han de crear un espazo común no que se trate de resolver esta cuestión. Neste espazo, aqueles coñecementos indescifrables para moitos cidadáns de a pé poderán ser descodificados e traducidos a unha linguaxe moito máis sinxela, que se poida empregar para facer valer os seus propios dereitos e para vivir en sociedade con moitos máis coñecementos. O mesmo tempo, os eruditos colmarán de coñecementos e datos os xornalistas para poder estes finalmente formar a última peza da cadea. Chámaos Rosen “cerebros de confianza” nos que depositamos os nosos ollos para que nos amosen o que está a ocorrer ao noso redor. Por su posto, e cito textualmente das letras do noso referente “Se o crítico fala em nome dos concidadãos deve falar também com estes”. A comunicación tanto dos comunicadores cos intelectuais e viceversa, como dos comunicadores cos seus receptores, ten que ser constante e moi abundante.

¿E realmente o xornalista o que serve de intermediario entre o público e os sucesos? Abrindo as páxinas dos nosos xornais podemos observar as firmas de numerosos profesionais que escriben nos medios asiduamente que non se dedican a profesión xornalística, nin moito menos cursaron os estudos de xornalismo. ¿Están menos preparados ou documentados para facer eses escritos e para comunicar aos cidadáns a información? A resposta, sempre atendendo a matices, é non. Moitos dos erros dos xornais son a escaseza de coñecementos dos profesionais que escriben as noticias. Non é posible culpar a ninguén por non posuír un altos coñecementos en todo tipo de materias. A dificultade dos asuntos xurídicos, económicos ou mesmo culturais é elevada, e en numerosas ocasións persoas que estean máis familiarizadas con esta linguaxe entenderán con maior facilidade os contidos dun documento destas características.

Non quere dicir isto que a labor do xornalista estea inxustificada e careza de calquera valor. Dende logo, a linguaxe que empregarán eses profesionais especializados sempre terá unha importante carga de tecnicismos e conceptos de difícil comprensión para os milleiros de lectores ou espectadores. Moitas veces a comunicación entre erudito e xornalista que presentaba Rosen é conveniente, deixando claras así a función de filtrado que realiza o periodista. Pero, que ocorre cando ese profesional xa coñece a linguaxe que pode empregar para establecer contacto cos cidadáns? O xornalismo é un oficio máis que unha profesión e a posta en práctica das técnicas escritas é o que verdadeiramente dá valor a un xornalista. Unha vez que se conta con esta virtude, que lle impide ao erudito traballar nun medio de comunicación?

O xornalismo cobrou un significado de valor cívico como ben contan no texto, pero do mesmo xeito abriu a porta a que moitos outros profesionais poidan cubrir os seus postos.

GARCÍA GUILLÍN, NURIA BCP. 102