Arquivo do blog
La comunicación en imágenes
Con esta exposición intentaremos mostrar diferentes tipos de comunicación a través de una imagen.
Entre otras, en estas imágenes, podemos observar por ejemplo la comunicación oral, escrita, transgeneracional, gestual, especializada, acústica, a través del arte, de las redes sociales…
Nuestra intención con estas fotografías es mostraros la gran variedad de tipos de comunicación que nos podemos encontrar en nuestro día a día, desde que hablamos por teléfono (una comunicación oral e indirecta, pues utilizamos un instrumento para que llegue el mensaje al receptor), estando en una clase (comunicación oral, dirigida pues busca un fin, y especializada) o escribiendo en el facebook (comunicación escrita, indirecta). Pero tampoco solo nos comunicamos al hablar con nuestro compañero de piso, llamar a nuestra madre, escribir en el facebook e ir a clase.
Estamos rodeados de comunicación. Desde que nos levantamos hasta que nos acostamos, y seguramente durmiendo también, estamos continuamente comunicandonos, y de ahí la gran variedad de tipos de comunicación que existen, tantos que hasta los propios teóricos no se deciden en dar una clasificación única y clara; igual también porque esa clasificación estaría sometida a continuos cambios.
TGP 1F
El dilema
Cando toca escoller entre calar a boca para protexer a túa familia ou arriscar a vida loitando pola xustiza moitos se botarían atrás, pero Jeffrey Wigand (Russell Crowe) é un valente. Lowell Bergman (Al Pacino) produtor dun prestixioso programa televisivo quere poñer ante as cámaras a Wigand, ex-científico dunha gran tabacaleira, para contar ao mundo o terrible engano da empresa do tabaco. A historia que nos narra Michael Mann en El Dilema é un relato escalofriante sobre a coacción que o poder económico exerce sobre as persoas, sobre as súas vidas.
Son moitos os temas presentes na película. Primeiramente, a relación que xorde entre Wigand e Bergman, xornalista e fonte. O que podería ser unha relación contractual na que a fonte non é máis ca unha mercadoría convértese porén nunha fonda amizade na que ambas partes están dispostas se mollar a unha pola outra.
DESAPARECIDO
Golpe de Estado en Chile. Dictadura de Pinochet. Silencio mediático e intereses de EEUU. O filme proxectado onte no Visionado 3 da facultade pretendeu achegar unha historia real que nos fixese relfexionar a todos sobre o papel que xogamos como comunicadores na sociedade. Na película vese moi ben o ambiente que se viviu en Chile nos momentos posteriores ao Golpe de Estado, pero tamén, máis aló da perspectiva histórica, apréciase a importancia da comunicación interpersoal, xa que serán as conversas coas persoas da comunidade chilena as que lle permitan ao pai e á moza do desaparecido comprender a magnitude do ocorrido.
Cry, Freedom
Hai algunhas historias que parecen lonxanas e sacadas de lonxanos país. Porén, moito máis perto do que semella, temos a crúa realidade de Aparheid. Unha realidade que, por fortuna, forma parte do pasado pero que, antes de nada, foi. Todo o mundo estudou alguna vez que en Sudáfrica, durante moitos anos (exactamente 46), existiu un réxime chamado Apartheid no que os homes de raza branca eran os que ocupaban tódolos cargos de poder e os homes doutras razas, especialmente a negra, só puñan a man de obra, o sangue e a suor. Deste fenómeno xurdiu, entre outros tantos, a figura na que se centra a película proxectada esta tarde: o activista Steve Biko. Porén, cado falamos do protagonista directo deste filme non nos referimos a Biko, senón ao xornalista Donald Woods.
El jardinero Fiel
¿Víches algunha farmacéutica facer algo gratis? Con esa pregunta Tessa inicia unha investigación para descubrir unha trama farmacéutica que emprega África como instrumentos de investigación. O seu asasinato fará que o seu home, Justin, inicie unha busca para coñecer a verdade sobre a morte da súa muller. Pero cando está en xogo o futuro do primeiro mundo, non importan os medios que se usen para calar unha boca que mostra verdades demasiado incómodas.
LE! QUE NON TEN DESPERDICIO!
OLLO ao PIOLLO!! Temos que mudar a aula para proxectar as dúas primeiras películas, abaixo xunto ao día vén o sitio. Desculpade as molestias.
Son o máis parecido que atopamos a unha sala de cine, pero nunca serán unha sala sen os espectadores, así que esperamos que o programa que vos ensinamos a continuación vos motive abondo para vir facernos unha visita.
Luns 28 de marzo, 17:00 Visionado 3
El Jardinero Fiel, Fernando Meirelles: un diplomático británico descobre unha trama de corrupción na industria farmacéutica a raíz do asasinato da súa muller.
Xoves 31 de marzo, 17:00 Aula 1
Grita libertad, Richard Attenborough: un xornalista conta a historia do activista sur africano contra o Apartheid Steve Biko, baseada en feitos reais.
Luns 4 de abril, 17:00 Visionado 1
Desaparecido, Costa- Gavras: o pai dun xornalista secuestrado no Chile de Pinochet emprende a súa busca descubrindo as trabas que pon o poder á liberdade de expresión.
Xoves 7 de abril, 17:00 Visionado 1
El dilema, Michael Mann- Descuberta do xogo económico das tabacaleiras estadounidenses a través dun xornalista
Atención! Esta semana repartirémosvos un tríptico informativo que conterá un número. Gardádeo ben, xa que despois de cada filme realizaremos un sorteo no que haberá REGALOS SORPRESA!
(TGP 3Ñ)