Arquivo do blog

Central Folque: Estudo

Localizador do grupo: 142.A00

Estudo Central Folque

Unha ollada sobre estes meses con aCentral Folque

Os días previos á primeira xuntanza coa Central, as nosas expectativas eran moi dispares: algunhas esperabamos atoparnos con xente máis hippie, outras cun grupo vestido cos traxes tradicionais galegos. Ao involucrarnos na asociación, decatámonos de que os nosos “prexuízos” iniciais pouco tiñan que ver coa realidade. Nada de hipiolos con rastas, pendentes e bandeiras nacionalistas por doquier. Os rapaces da Central son traballadores como os de calquera outro negocio porque, e isto é algo que nos deixaron claro dende un principio, aCentral, máis alá de tódolos intereses pro-musica popular galega que poida ter, é unha empresa e, como tal, precisa dunha base económica sólida que os sosteña. Explicámonos: non traballan por amor á arte.

Isto foi algo que nos chamou a atención ao comparalo con outras asociacións coas que están a traballar outros compañeiros. Por exemplo, no caso de Corcoesto, trátase dunha asociación veciñal que loita gratuitamente pola preservación do patrimonio natural galego; en Alcólicos Anónimos e Down Compostela non teñen ánimo de lucro (ninguén ten que pagar por recibir axuda).

Que non se malinterpreten as nosas palabras: é unha empresa, pero ao longo dos anos tamén conseguiron formar unha comunidade cuns lazos fortes e cun interese ou preferencia clara:  a música popular galega.

escola-livre

Ao final, cremos que do que se tratou foi da fusión de dúas comunidades: a que nós, como compañeiras co obxectivo en común de sacar a materia adiante conseguimos crear; e a que eles conforman. Neste proceso, atopámonos con obstáculos (fallos na comunicación) e éxitos (Bassalto! e a Escola Livre), con niveis de acceso e límites (imposibilidade de acceder a algunhas aulas por petición dos profesores) que nos axudaron a comprender mellor tódalas fortalezas e debilidades que carrexa esta comunidade.

Estes meses con aCentral supuxeron a comprensión práctica da teoría da materia. A través da colaboración mutua, da asistencia a actividades organizadas por eles, fomos quen de artellar as chaves da materia: comprendemos as redes sociais, as súas características e o seu funcionamento. Tamén, nos levamos cousas alén da experiencia académica. Xa rematando o noso traballo coa Central é inevitable non fixarse nestes aspectos. Finalmente, aprendemos ben cousas, a todos os niveis.

Titorizado 5A 142.A00

Bassalto! (Baile Assalto na Gentalha!)

Os bailes Assalto que teñen lugar na Gentalha do Pichel os segundos venres de todos meses, están organizados pola organización coa que estamos a traballar nesta materia: aCentral Folque. O proxecto xurdía, fai xa uns meses, co obxectivo principal de tender pontes cara outras culturas irmás a través da danza e da música popular, dándoas a coñecer, deste xeito, aos veciños e veciñas de Compostela. O pasado venres, probamos a ir, e non decepcionou. Bailamos durante varias horas ao son de músicas bonitas e alegres. Aprendemos, tamén, costumes doutros pobos.

_untitled_ 069
Desfrutamos tanto que non dubidamos da nosa presencia no próximo Assalto. As danzas tradicionais bretonas non se caracterizan pola excesiva expresión corporal, porén pegados os uns aos outros, movéndonos a pasos pequenos e suaves, pasámolo en grande. Acompañadas da Tanda bretona e da Tanda Variété gozamos ao ritmo da boa música tradicional europea.

_untitled_ 065

_untitled_ 059
Aquilo parecía unha gran familia bailando. A pesares de non coñecérmonos de nada, o trato era familiar e próximo. As parellas mesturábanse e cambiaban continuamente seguindo o ritmo da música. Os organizadores, a xente de aCentral, tamén se animaron e uníronse ao baile. Comprobamos á perfección como a música é elemento cohesionador dunha comunidade, como propicia a relación e o diálogo entre as persoas.
A experiencia foi inmellorable. De feito, os Assaltos na Gentalha non deixan de aumentar o seu público mes tras mes. Nós, polo menos, repetimos seguro!

_untitled_ 063

Titorizado 5A  142.A00

aCentral Folque, ¿música por interés?

Nos pareció interesante profundizar en unos temas que abarcaron diferentes comentarios y que generaron dudas entre nuestros compañeros. Nos estamos refiriendo a la cuestión de si realmente hay comunicación dentro de Folque de acuerdo a su forma de trabajar y si la relación que mantienen con otras comunidades, su actitud práctica, está justificada.307641_10151396462929993_1620492851_n

En primer lugar, según lo que nos han explicado, hemos llegado a la conclusión de que la comunicación sí existe, pero es una concepción distinta de la que se tiene habitualmente. El elemento principal que une a la comunidad y permite la comunicación entre ellos es la música. El individualismo está presente únicamente en el ámbito administrativo, pero cuando es necesario para pugnar por sus objetivos en común, son capaces de tener un compromiso y una participación que los lleva a comunicarse y mantener una verdadera comunidad.

En segundo lugar, se ha hablado de que la Central se aprovecha de los grupos con los que establece una relación, al cortarla cuando han dejado de ser productivas. En nuestra opinión, consideramos que no es así. Folque no se aprovecha de nada. Por lo que hemos visto hasta ahora, muchas veces diferentes partidos les han instado para que permanezcan en una zona o para que continúen su relación, como si de esa forma pudiesen “hacerlos suyos”. Pero ellos se van, no por motivos personales con respecto al partido sino porque el nexo ha perdido su sentido y alargarlo perjudica el alcanzar su verdadero objetivo, que es la defensa y difusión de la música tradicional gallega.

En definitiva, puede que se trate de una organización diferente pero no por ello menos efectiva. Prueba de ell0s es que aCentral Folque lleva ya catorce años dando la nota.

142.A00

O sentido non tan común

Geertz[1]Cando a un experto alfareiro zande se lle rompe unha das súas pezas mentras a está elaborando, o seu sentido común díctalle que foi cousa de bruxería, porque está seguro de que levou a cabo o proceso co maior coidado posible. Mentras que nós probablemente pensariamos que o fallo o produciu calquera outra cousa (unha pequena distracción, un segundo de torpeza, unha pequena arenisca).

Esta diversidade de “sentidos comúns” é o que nos expón Clifford Geertz no texto El sentido común como sistema cultural. Nel explica que para o que para nós cae de caixón, para outros non o é, porque varía segundo a cultura, a época, e a experiencia. Por tanto, o que nos chamamos sentido común, en realidade non é tan común. 

Pero a pesar desta diversidade, tamén propón unha definición xeral do que sería o sentido común, independentemente das variacións que poida haber entre as persoas: ‘Cuando decimos que alguien tiene sentido común no sólo queremos sugerir el hecho de que utiliza sus ojos y oídos, sino que, como decimos, los mantiene -o así lo intenta- abiertos, utilizándolos juiciosa, inteligente, perceptiva y reflexivamente, y que es capaz de enfrentarse a los problemas cotidianos de una manera cotidiana y con cierta eficacia”.

Na miña opinión, creo que o que di Geertz é certo. Penso que varía en funcións dos factores que el expón no texto. Por exemplo, condenar a unha suposta bruxa a morte era algo lóxico na Idade Media, en cambio a día de hoxe pareceríanos unha aberración.  Ademais, nalgúns aspectos e situacións, considero que o sentido común é algo máis subxectivo. Seguro que non é a primeira vez que, nun determinado momento, discutiches con algunha persoa porque o que ti considerabas lóxico, a ela lle parecía irracional. A experiencia é un factor que inflúe na hora de tomar decisións e empregar o sentido común, pero non hai dous humanos no mundo que teñan o mesmo percorrido vital.

Tampouco creo que as persoas carezan de sentido común, senon que teñen un concepto diferente del. Por exemplo, unha persoa pode facer algo que a nós non nos pareza lóxico, que tome unha decisión que nós non tomariamos, etc. E sen embargo esta persoa cre que foi a mellor opción. Non quere dicir que sexa estúpida, ou que o sexamos nós, simplemente temos unha cultura diferente, un razoamento diferente e/ou unha experiencia diferente, e consideramos que as nosas propias decisións eran mellores que as outras. 

En relación coa Central Folque, creo que moitas persoas tildarían como “falta de sentido común” a decisión dos músicos de traballar como tal, e máis agora que algúns deles teñen familia, posto que non é unha profesión estable, que teña uns ingresos moi elevados. Certamente, é unha profesión na que é moi difícil obter altos ingresos, e que é moi inestable, xa que nos tempos que corren a cultura é un ben prescindible en favor de bens e servizos máis necesarios. Pero para eles esta é unha forma de vida tan respetable como calquera outra, e é a forma de vida que decidiron escoller, porque era realmente o que lles gustaba e lles satisfacía persoalmente. Entón, por que non ían facelo? 

Orge Fernández, María 142 A02

“La alegría está en sus manos”

En España, a gran maioría quéixase da situación actual. O paro, a pobreza, a crise, a desaparición de empresas… Pero dentro desa gran maioría, a inmensa parte non fai absolutamente nada para intentar cambiar esa situación. “Para que, se total non vai servir de nada?”, pensarán. Pero o caso é que, se todos pensamos así, obviamente non nos van a escoitar, porque estamos en completo silencio.

b5ba66a963c1a1b50ec153fb92c6d9cb51d02836b4b81

“No” (2012), unha película de Pablo Larraín, trata sobre a campaña que levan a cabo os líderes da oposición chilena cando o dictador Pinochet, debido á presión internacional, se ve obligado a convocar un plebiscito. O protagonista, René Saavedra, é un publicista que forma parte do equipo que levará a campaña en contra de Pinochet, o NO. Este filme fai ver que unha minoría que ademais, neste caso, está controlada polo poder dictatorial, é capaz de crear o suficiente ruido como para facerse oír. Un non se pode rendir antes de comezar, ten que loitar ata que non lle queden forzas, para intentar cambiar aquilo que o perxudica. Tamén creo que esta película é un bo exemplo de que o pobo é realmente o que ten o poder, e que é o que ten que levar as rendas do seu destino. Ninguén pode sobrepoñerse a el, e si o fan, hai que levantarse contra os opresores.

NO

Outra das cousas que nos mostra este filme é o poder dos medios de comunicación de masas e da publicidade. É incrible ver como podemos ser facilmente manipulados por un bando ou por outro na medida que van presentando os seus argumentos en contra da oposición, como se van deixando podres uns a outros. Hoxe en día, todo o que saia na televisión, na radio e na prensa vai á misa. Dá medo pensar que podemos ser manipulados en calquera momento, que dende os medios nos poidan enganar con tanta facilidade. Unha clara proba atopámola no falso documental dirixido por Jordi Évole, “Operación Palace”, e que foi emitido o pasado domingo. Con el non só pretendía mostrar unha falsa teoría do acontecido no 23-F, senón a facilidade que teñen os medios para manipularnos e a debilidade das nosas mentes ante todo o que eles din.

“Coffee and cigarettes are best when shared with you”

SONY DSC

Coffee and cigarettes are my only escape. 
I got my cup of Joe, my pack of stokes. 
And I’m on my way[…] And sing my cares away.

Nevershoutnever: “Coffee and cigarettes” 

Parece mentira como algo tan simple como tomar un café mentras se fuma un cigarro pode crear tantas conversas interesantes. Nun acto tan sinxelo coma ese pode xurdir tanto unha profunda reflexión filosófica como unha broma estúpida e sen sentido. Un acto que comparten miles (ou incluso millóns) de persoas cada día, pero que ao mesmo tempo pode crear situacións tan variadas como infinitas. Cantas persoas ao día se citarán con outra para tomar un café? Aínda que ao final non se tome o café, porque non lles gusta ou non lles apeteza ou non lles quede aos do bar da esquina. Porque a frase de “queres tomar un cafe” hoxe en día xa se convertiu nun sinónimo de “apetéceme verte e falar contigo”.

Tomar un café en compañía probablemente sexa un dos poucos actos persoais aos que estamos dispostos a enfrentarnos de bo grado e que implican un contacto directo nos tempos que corren, entre tanto aparello electrónico. Benditos sexan eses cara a cara nos que diante desa taza de café quentiño recordamos bos tempos, ou expresamos os nosos sentimentos, ou pechamos un pacto importante. Café, conecting people.

Este feito vese perfectamente reflexado na película “Coffe and cigaretes” (2003). O seu director, Jim Jarmusch, contanos múltiples encontros entre persoas en torno a un mesmo fío conductor que se mantén ao longo de todas elas: unha taza de café e un cigarro. Conversas sobre os inventos de Tesla, a suposta existencia dun irmán xemelgo de Elvis Presley, a situación de dúas primas, o perxudicial que é o tabaco, os polos de café para os nenos… Son situacións comúns, que se poderían dar na vida real, que nos permite ver como flúe a comunicación entre as persoas. É moi curioso ver como os personaxes comezan a falar sobre un tema e rematan falando de outro completamente diferente. O caprichosa que é a comunicación humana, a que si?

 Coffee and Cigarettes Renee French

A continuación, déixovos cunha iniciativa bastante simpática relacionada co café e as conversas. Loulogio é un youtuber que nos seus comezos gravaba unha serie de vídeos cómicos doblando películas de maneira cómica. Posteriormente, creou unha sección chamada Café con Lou, na que realiza monólogos nos que fala de temas do máis variopinto. Velaquí varios exemplos:

Café 113 de 365: Sandro Rey y su batamanta

Café 116 de 365: Viendo la peli de Hannah

Café 121 de 365: Sálvame y tal

Café 220 de 365: Whatsapp y Eurovisión

Orge Fernández 142 A02

Cando falla a comunicación

Ás catro e media estabamos coma un clavo esperando na porta. Apretaba o frío, pero quedaramos o mércores anterior con Mauro, o encargado da produción dos eventos d’aCentral Folque, para ver como funcionaba a Escola Livre de Música Popular Galega. Poderiamos ver algunhas das clases de múscia que se impartían en vivo e en directo, e poderiamos charlar cos profesores e alumnos. Pero o tempo pasaba, e a pesar de que levabamos varios minutos esperando ante a Trisca, ninguén aparecía pola rúa de San Pedro. A porta do edificio, ademais, estaba pechada.
Ao cabo duns minutos de espera apareceu un profesor da escola que nos abriu a porta e nos explicou que os luns estaban pechados para o público e que só atendían aos alumnos, e que por iso estaba todo pechado e as luces apagadas. Resgardámonos no recibidor do edificio, mentres liamos revistas de 2008 e 2009. Mauro seguía sen aparecer. O prefesor que nos abrira a porta retornou e pedímoslle que chamara a Mauro. Non había resposta. O home deunos o teléfono do produtor para que nós mesmas nos puxeramos en contacto con el. Pero pola nosa parte tampouco había resposta, nin ás chamadas nin aos Whatsapps. Dúas horas despois, Xoana, a coordinadora do noso grupo, recibiu unha chamada de Mauro explicando que non se presentara á nosa cita por un imprevisto e que non se pudera poñer en contacto con nós.
Con feitos coma este, dámonos de conta de que en calquera organización ou planificación, se falla a comunicación, xa sexa por omisión ou distorsión, vense abaixo todo o traballo. A comunicación e o entendemento son as bases de calquera empresa que queiramos levar a cabo.

comunicacion

Orge Fernández,  142 A02

 

“Traballar con alguén non serve de nada se non hai corazón”

O noso traballo vai xirar ao redor de aCentral Folque, unha asociación que intenta impulsar a música tradicional galega. Para levar a cabo esta labor, contan cunha escola, a Escola Livre de Música Popular Galega. O noso primeiro contacto coa asociación foi a través do encargado da produción dos eventos, Mauro, quen nos citou para un encontro con eles. Este encontro serviunons para orientar o obxectivo do traballo e informarlles do que pretendemos conseguir unha vez finalizado o proxecto.

Na primeira reunión falamos con Ramón Pinheiro, “Chito”, e permitiunos orientarnos sobre como xurdiu, quen traballa para a central, cales son os seus intereses e como distribúen o seu traballo. Tralas explicacións puidemos interpretar e descubrir os primeiros detalles sobre a asociación.

escola livre

aCentral Folque é unha corporación cun núcleo central formado por Ugía, Ramón, Olga, Mauro e Maisa. Empezaron hai xa 14 anos, en Lalín, froito dunha serie de intereses e gustos comúns, establecendo unha amizade a través da música. Pero distintos factores (principalmente políticos) leváronos ata Compostela, onde teñen a oficina e a Escola. Na oficina, cada quen ten o seu cometido, pero Chito insistiunos en que é necesario que exista un forte compromiso entre todos eles: nin hai horarios, nin salarios establecidos, nin un lugar fixo de traballo. Cren que non precisan traballar xuntos para conseguir un obxectivo común. Así, aínda que cada quen ten o seu papel, e todos agardan que o outro sexa capaz de levalo a cabo, tamén é necesario que todo o equipo se poida facer cargo de calquera “fase do traballo” ante a posibilidade de que algún fallase polo motivo que fora. Teñen, polo tanto, unha relación baseada no respecto e a confianza, porque, como nos dixo Chito, “Traballar con alguén non serve de nada se non hai corazón”.

Afirman que a música non é un mero pasatempo, senón que se pode converter nunha maneira de gañarse a vida. É por iso que se mostran contrarios á regulación da actividade musical vixente en España. Este sistema xera unha inseguridade económica que a estas alturas da súa vida non están dispostos a asumir. Varios deles formaron unha familia, e non poden a arriscar a súa estabilidade económica como poderían facer cando ninguén dependía deles.

Os anos pasan e as situacións cambian, pero o seu interese co aCentral Folque segue intacto.

142.A00