Arquivo do blog

“ProT: Exposición da Minga por la Pachamama”

O noso traballo chegou ó seu fin o pasado luns 23 de abril, cando expuxemos o tema diante do noso profesor e doutros grupos do noso titorizado. Minga por la Pachamama é unha asociación que traballa coa comunicación das feiras. A Pachamama é a Nai Terra, e Minga por la Pachamama fai referencia ó coidado, ó traballo coa Nai Terra. Esta asociación utiliza a radio altoparlante nas feiras para establecer unha comunicación entre o campo e a cidade. A nosa exposición basouse nunha serie de puntos. A persoa social desta asociación é toda aquela persoa relacionada co mundo agroalimentario, o sector ecolóxico, o comercio xusto e a biodiversidade. Os obxectivos desta asociación é un achegamento da cidade co campo, un servizo ós comerciantes e surtir de información ós consumidores. Pódese establecer comunicación por vía externa mediante correo electrónico, na páxina web de Minga por la Pachamama ou mediante as radios nacionais que a patrocinan. Por vía interna a comunicación realízase entre os comerciantes, os compradores pola mesma radio. A asociación creouse a partir de 3 persoas, pero actualmente as cabezas visibles son 2, ademais de máis e 30 persoas que realizan os traballo de campo coa radio altoparlante. A súa rede e localización sitúase nas feiras de Ecuador, onde nace o proxecto. Para finalizar propuxemos a posibilidade da realización dunha radio altoparlante en Galicia. Mediante os contactos cos que falamos (concellos, radios, asociacións…) chegamos á concusión de que aínda sendo un proxecto que afectaría positivamente ó sector, e que sería sen ánimo de lucro, o tema económico sería o maior inconvinte, así que a súa realización sería moi compliacda.

Codesido Leborán, Mateo S1E, 1B2

“ProT: Unha Radio Altoparlante Galega é posible”

Para o noso traballo ProT botamos man da testemuña das radios galegas para saber qué necesitariamos para realizar unha radio altoparlante na nosa comunidade, ademais de qué materiais ou consellos nos poderían ofrecer.

As radios que escollemos para a nosa análise foron as seguintes: Radio Negreira, onde conseguimos falar con Emilio Forjado; Si Radio Porriño; Cuac FM; e Radio Nordés, onde falamos co director da mesma: Pepe Formoso.

Foi moi interesante a información que acadamos despois das entrevistas realizadas. Todas as radios coas que contactamos ven este proxecto como algo interesante e relativamente sinxelo de levar a cabo. Todas elas estarían dispostas a colaborar, xa sexa promocionando a iniciativa, cedéndonos un espazo no seu estudo, deixándonos materiais e voz ou incluso algúns ofrecéronnos incluír o programa na súa propia emisora sempre que tivese éxito.

Mariano Fernández, de Cuac FM, afirmou que en Galicia temos unha carencia bastante grande no que se refire ó dereito a comunicar por parte da cidadanía e que, a nosa actividade, lle parece unha boa maneira de dinamizar o medio rural. O noso proxecto ten, polo tanto, moitas posibilidades de ser ben acollido.

En conclusión, de levar a cabo este proxecto que, segundo as radios sería viable, precisaríamos adaptalo á comunidade galega, moi distinta á ecuatoriana; en canto a infraestruturas, en principio, sería suficiente cuns micros, unha mesa e un equipo amplificador; elaborar os contidos en función dos problemas e preocupacións da comunidade así como dos intereses de feirantes e comerciantes; e por último, a financiación, que é o máis complicado, pero como dixo Mariano Fernández, quizais o crowdfunding podería ser unha boa alternativa, posto  que, os poderes públicos xa non financian este tipo de actividades.

Castro Rodríguez, Raquel

S1D, 1B2

“ProT: En contacto con Minga por la Pachamama”

Como ya dijimos en otros post, para nuestro trabajo del Pro T estamos investigando la viabilidad de hacer una radio altoparlante del estilo de la que nos enseñó el profesor en clase, la Minga por la Pachamama. Y para eso, uno de los pasos que hemos dado ha sido contactar con una de las mayores exponentes de la Minga en Ecuador, Eliana Estrella, para que nos ampliase la información que encontráramos en el texto propuesto en clase. Mediante una entrevista vía e- mail le hicimos varias preguntas sobre los orígenes de su iniciativa, el funcionamiento y también le preguntamos su opinión sobre la viabilidad del proyecto en Galicia. Nos contó que su iniciativa nació con el propósito de vincularse a un proceso social, esto es, crear una herramienta comunicativa al servicio de organizaciones sociales que buscan maneras diferentes de cultivar, de consumir y de vivir, para así lograr un mayor encuentro y acercamiento entre campo y ciudad. Nos explicó que la financiación no fue fácil, ya que en principio no obtuvieron ayuda alguna y tuvieron que hacerse cargo ellos mismos de la adquisición de todo el material y las infraestructuras necesarias, pero que ahora, que ya es una realidad consolidada obtienen ayudas e ingresos estables de la radio pública de Ecuador.  Dice que lo que parecía un sueño lejano y difuso, es ahora una realidad que permite una construcción colectiva de la opinión pública e insiste en la idea de que “para vivir en un país más democrático creo que  debemos perder el miedo a conversar entre nosotros, organizarnos y hablar en público. Finalmente, decir que nos sorprendió mucho la respuesta que nos dio cuando le preguntamos si tal iniciativa sería viable en una sociedad inmersa en un consumo masivo, como es la nuestra. Parece que cuando escuchamos en caso de la Minga por la Pachamama nos imaginamos que eso sólo puede funcionar en las ferias de esos países, en los que viven prácticamente de ese tipo de comercio. Sin embargo, nos dijo que cuanto más urbano es el medio mejor funciona la radio altoparlante y que ante el individualismo que prima en las sociedades de masas, la radio altoparlante es un pretexto para encontrarse con el otro, comunicarse y ponerse de acuerdo.Os recomendamos visitar la página dónde La Minga por la Pachamama cuelga sus actividades.

http://corresponsables.radioteca.net/

Bugarín Morais, 1B2

“ProT: Financiación, o gran obstáculo”

Para coñecer a viabilidade de facer para Galicia una radio altoparlante tal como a existente en Ecuador, Minga pola Pachamama, os membros do ProT achegámonos aos concellos galegos para saber o seu punto de vista, importante xa que son eles, polo xeral, os que se encargan da organización das feiras galegas.

Dirixímonos ao concello de Negreira, ao de Ames, ao de Porriño, ao de Padrón ao de Cee e ao de Camariñas. A principal traba, común a todos eles, foi a financiación. ¿Cómo se financiaría? Esa foi a pregunta que todos eles nos fixeron. Intentamos pedirlles colaboración e mostráronse moi receptivos, iso si, sempre que a colaboración non fose económica. Case todos eles nos ofreceron un lugar dende onde emitir, é dicir, un sitio para montar o noso estudio de radio particular. Por outra parte advertíronnos que eles colaborarían sempre que tivésemos un proxecto sólido e viable, alegando que nos tempos de crise que corren, non poden arriscarse a apostar por algo que non vaia a funcionar.

Pese a todas esas trabas, en xeral, parecía que os concellos estaban entusiasmados con esta iniciativa. Creen que todo o que de a coñecer as feiras galegas e as promocione será benvido. Ademais ven esta iniciativa como unha posibilidade de aumentar as ventas, non só con xente nova que antes non as coñecía, senón tamén coas persoas habituais.

Algúns concellos, como o ceense, preocupábanse pola aceptación popular, xa que o mellor non a todo o mundo lle gusta ter unha radio que fai ruído durante toda unha mañá ou toda unha tarde.

Pola nosa parte, quedounos claro que si investimos neste proxecto os concellos involucraríanse pero, se partimos de cero, os concellos non se van a mollar pola nosa iniciativa. Por iso dubidamos da viabilidade deste proxecto en Galicia, tendo en conta que a nosa sociedade non é igual que a sociedade ecuatoriana. Quizais por iso alá funcionan tan ben as radios altoparlantes, actividade da que aquí carecemos.

Castro Rodríguez, Raquel , 1B2