Arquivo do blog

Actualidad, Isaac Joseph

Imagen

“Lo que llamamos realidad es una utopía,” esta é unha frase de Maurice Blanchot extraída da cita coa que Isaac Joseph abre este ensaio e coa que eu tamén quería empezar este post.

Para seguir falando do tempo (pasado – presente – futuro). Por unha parte fálase de que o tempo é constante e activo e por outra da non existencia do tempo. Traendo o tempo á actualizade dicir que parece que agora o tempo pasa máis a presa. A constante actualización vai da man da actualidade. Estes últimos días tivemos un exemplo moi bo, os xornais –  nas súas versións dixitais –  e os propios enviados especiais mediante as redes socias informaban ao minuto de todos os cambio que ocorrían en Kiev.

Outro punto a tratar, relacionado co anterior, é o xornalista como testigo do seu tempo. O historiador conta o tempo pasado e o xornalista conta o tempo presente. Isto, dende o comezo da profesión, é así. Pero agora este presente está caracterizado pola inmediatez e as noticias están en constante actualización.

Isaac Joseph fala de loitar contra o xornalismo de masas para lograr un xornalismo sociolóxico. Relacionando isto co que falaba anteriormente da actualización e inmediatez, ocorréseme cerrar este post cunha pregunta: ¿Ata que punto este constante actualización é boa? ¿Estaremos deixando polo camiño detalles importante?

HERNÁNDEZ VARELA, PAULA 142.D02