Arquivo do blog
“La alegría está en sus manos”
En España, a gran maioría quéixase da situación actual. O paro, a pobreza, a crise, a desaparición de empresas… Pero dentro desa gran maioría, a inmensa parte non fai absolutamente nada para intentar cambiar esa situación. “Para que, se total non vai servir de nada?”, pensarán. Pero o caso é que, se todos pensamos así, obviamente non nos van a escoitar, porque estamos en completo silencio.
“No” (2012), unha película de Pablo Larraín, trata sobre a campaña que levan a cabo os líderes da oposición chilena cando o dictador Pinochet, debido á presión internacional, se ve obligado a convocar un plebiscito. O protagonista, René Saavedra, é un publicista que forma parte do equipo que levará a campaña en contra de Pinochet, o NO. Este filme fai ver que unha minoría que ademais, neste caso, está controlada polo poder dictatorial, é capaz de crear o suficiente ruido como para facerse oír. Un non se pode rendir antes de comezar, ten que loitar ata que non lle queden forzas, para intentar cambiar aquilo que o perxudica. Tamén creo que esta película é un bo exemplo de que o pobo é realmente o que ten o poder, e que é o que ten que levar as rendas do seu destino. Ninguén pode sobrepoñerse a el, e si o fan, hai que levantarse contra os opresores.
Outra das cousas que nos mostra este filme é o poder dos medios de comunicación de masas e da publicidade. É incrible ver como podemos ser facilmente manipulados por un bando ou por outro na medida que van presentando os seus argumentos en contra da oposición, como se van deixando podres uns a outros. Hoxe en día, todo o que saia na televisión, na radio e na prensa vai á misa. Dá medo pensar que podemos ser manipulados en calquera momento, que dende os medios nos poidan enganar con tanta facilidade. Unha clara proba atopámola no falso documental dirixido por Jordi Évole, “Operación Palace”, e que foi emitido o pasado domingo. Con el non só pretendía mostrar unha falsa teoría do acontecido no 23-F, senón a facilidade que teñen os medios para manipularnos e a debilidade das nosas mentes ante todo o que eles din.
“Coffee and cigarettes are best when shared with you”
Coffee and cigarettes are my only escape.
I got my cup of Joe, my pack of stokes.
And I’m on my way[…] And sing my cares away.
Nevershoutnever: “Coffee and cigarettes”
Parece mentira como algo tan simple como tomar un café mentras se fuma un cigarro pode crear tantas conversas interesantes. Nun acto tan sinxelo coma ese pode xurdir tanto unha profunda reflexión filosófica como unha broma estúpida e sen sentido. Un acto que comparten miles (ou incluso millóns) de persoas cada día, pero que ao mesmo tempo pode crear situacións tan variadas como infinitas. Cantas persoas ao día se citarán con outra para tomar un café? Aínda que ao final non se tome o café, porque non lles gusta ou non lles apeteza ou non lles quede aos do bar da esquina. Porque a frase de “queres tomar un cafe” hoxe en día xa se convertiu nun sinónimo de “apetéceme verte e falar contigo”.
Tomar un café en compañía probablemente sexa un dos poucos actos persoais aos que estamos dispostos a enfrentarnos de bo grado e que implican un contacto directo nos tempos que corren, entre tanto aparello electrónico. Benditos sexan eses cara a cara nos que diante desa taza de café quentiño recordamos bos tempos, ou expresamos os nosos sentimentos, ou pechamos un pacto importante. Café, conecting people.
Este feito vese perfectamente reflexado na película “Coffe and cigaretes” (2003). O seu director, Jim Jarmusch, contanos múltiples encontros entre persoas en torno a un mesmo fío conductor que se mantén ao longo de todas elas: unha taza de café e un cigarro. Conversas sobre os inventos de Tesla, a suposta existencia dun irmán xemelgo de Elvis Presley, a situación de dúas primas, o perxudicial que é o tabaco, os polos de café para os nenos… Son situacións comúns, que se poderían dar na vida real, que nos permite ver como flúe a comunicación entre as persoas. É moi curioso ver como os personaxes comezan a falar sobre un tema e rematan falando de outro completamente diferente. O caprichosa que é a comunicación humana, a que si?
A continuación, déixovos cunha iniciativa bastante simpática relacionada co café e as conversas. Loulogio é un youtuber que nos seus comezos gravaba unha serie de vídeos cómicos doblando películas de maneira cómica. Posteriormente, creou unha sección chamada Café con Lou, na que realiza monólogos nos que fala de temas do máis variopinto. Velaquí varios exemplos:
Café 113 de 365: Sandro Rey y su batamanta
Café 116 de 365: Viendo la peli de Hannah
Café 121 de 365: Sálvame y tal
Café 220 de 365: Whatsapp y Eurovisión
Orge Fernández 142 A02
Los Sustitutos (Surrogates), la película.
En el mundo de Los Sustitutos es posible construir robots con apariencia humana controlados a distancia. Estos se fabrican siguiendo las características deseadas por el cliente: raza, género, altura, peso, tono muscular, color de ojos, etc. Una vez en poder del robot, el cliente se instala en su hogar y mediante un aparato inalámbrico es capaz de trasladar su conciencia al cuerpo del autómata y controlarlo y sentirlo como si fuera el suyo propio.
Nos hallamos ante una sociedad donde toda actividad pública se desarrolla a través de estos robots sustitutos del cuerpo humano. Las personas se han cerrado en sus casas incapaces de competir en un mundo donde todos son jóvenes, fuertes y guapos. El mundo exterior se ha vuelto perfecto. ¿Cómo afecta eso a la comunicación humana?
La sociedad cambiaría drásticamente. Sería la desaparición definitiva de las diferencias, la perfección física nos haría a todos iguales. No tendría sentido ser tímido ni temer ser rechazado por ningún grupo. La comunicación se haría homogénea y abierta a todos. También influiría la desaparición del “miedo”. Un sustituto es una máquina, puede ser repuesta mientras el usuario permanece a salvo en su hogar. No hay miedo al dolor. Ya no hay nadie más alto ni más fuerte, por lo que el temor a que un mensaje pueda ser malinterpretado y originar una respuesta violenta desaparece. Se crea un contexto de igualdad y de sinceridad total en la comunicación.
¿La igualdad nos hará libres o la imperfección evita el caos?
Pérez Pérez, S3F