Arquivo do blog

Peñas futbolísticas: Estudo

141 C00

 Crespo Navarro, Eduardo 141 C01

Fernández Díaz, Fabio    141 C02

Fernández Ferro, Adrián 141 C03 

Fernández Ojea, Brais   141 C04

García Chouciño, Alejandro  141 C05

 

Estudo peñas futbolísticas

ESTUDO 141 C00

A familia dos Merleguiños

IMG_1388

O primeiro sería dicir que é Merlegos Celestes? En definición simple e oficial, unha peña celtista en Santiago de Compostela. Pero é mellor dicir, como nos gusta a nós, que somos unha chea de xente cunha tara común. E das boas, en ámbos os dous sentidos. Porque xa é difícil xuntar a máis de cento cincuenta siareiros dun clube que xoga a cen kilómetros de distancia e ir a Balaídos cada partido ou ateigar o noso local cada vez que xogamos fóra.

Pero aínda que todos teñamos a mesma tara, entre cento e pico persoas cada un é de seu pai e de súa nai. Xa pasamos por moitas fases. A fase en que aínda somos poucos e todo está ben. A fase en que cada vez somos máis pero todo o mundo segue a estar dacordo en todo. A fase en que seguimos medrando en número e xa empeza a haber varias posturas sobre cada tema. E a fase en que sobre cada tema hai cento cincuenta opinións distintas e as asambleas son eternas e as discusións numerosas.

Pero non se me entenda mal, non digo isto con negatividade, todo o contrario é algo do que podemos presumir. Porque no pouco tempo que levamos embarcados nesta aventura tivemos que pasar por todas estas fases a grande velocidade, o que só engadiu máis dificultade á hora de xestionalas axeitadamente, e creo que soubemos facelo con éxito. Aínda que non estivo exento de altos e baixos e seguro que se podería facer mellor.

E ademáis as diferenzas nas reunións, nas asambleas, nas tomas de decisións, non impediron que xurdiran grandes amizades. Amizades que unen a xente da costa e da montaña, do norte e do sur, zurdos ou diestros, mozos ou non tan mozos. Que che levan por exemplo a acabar de festa cunha persoa que che dobra en idade e coa que non pensabas ter nada en común. Un grande premio que gañamos cando nos fixemos membros e que pola miña parte non esperaba nesta dimensión.

Por suposto non quero dar unha imaxe monolítica, na que todos somos os mellores amigos e todo é de cor rosa, nin moito menos, non é a realidade. Como en todo grupo grande, poderiamonos dividir en pequenos grupos de xente que teñen máis relación entre si que co resto. E entre uns grupos e outros houbo desacordos e grandes por suposto. Pero penso que se lle preguntaramos a calquera peñista, diría que gracias á peña fixo novas amizades e que co resto puido discutir e non estar dacordo, pero nunca tivo un problema con ningún e as súas ideas sempre foron respectadas. Quizáis esta é a nosa maior victoria ata o de agora e o noso maior reto de cara ao futuro da peña.

Supoño que ao final todo se pode resumir en que a clave está en recordar as cousas que nos unen e darlle prioridade sobre o que nos enfronta.

Pero claro, todo o dito ata o de agora é a opinión do que aquí escribe, se queredes podedes pasar pola sede e preguntar, seguro que atoparedes outras cento cincuenta opinións distintas que iran dende ten parte de razón a todo o que dixo é unha trapallada. E por suposto iso seguirá sen supoñer ningún problema.

Un merlego celeste,

Cesar Castro Cruz

 

“Nós solo temos o obxectivo de xuntarnos”

García Chouciño, Alejandro

Ramón Souto, Presidente da Peña Deportivista de Carballo

-Cales foron os motivos que incentivaron fundar esta peña? Que obxectivos ten unha peña?

Pois máis ben é unha peña de amigos, quero decir, esta peña leva 20 anos, eu levo sendo presidente catro. Entonces o obxectivo que se pensou nun principio foi eso, xuntarse uns amigos para ver os partidos, para ir o estadio a velos, que agora faise menos, non porque o equipo estea mal, pero no principio sempre tes maior ilusión que cando van pasando os anos. Pero a peña e eso, e tamén para facer unhas comidas, xuntarse, falar ou discutir un pouco de fútbol , uns opinan de unha maneira outros de outra. Máis ben para facer comidas, que eso é o que nos temos. Porque non xogamos a nada, nin a primitiva, nin as quinielas… Nós solo temos o obxectivo ese de, xuntarnos.

-Entonces non soledes facer como outras peñas que collen buses e van ver os partidos do equipo? 

Antes témolo feito. Agora mesmo non se está facendo, pero si que se ten feito. Temos ido a Portugal, cando foi o do O Porto, temos ido a Coruña, xuntamos algunha vez e imos a cervecería da Estrella, xuntámonos alá e vemos o fútbol.

-Como é a relación entre os socios?

Algúns nin os conocemos porque están desde o ano que se fundou a peña e nin veñen as comidas, solamente lle mandas o recibo polo banco… Que nin sei quenes son. Son o presidente e podo decir que somos sobre 68, e a 20 non os conozco. Son xente que queren estar na peña.  Pero bueno, é desta xente que quere estar na peña para poder decir que esta dentro.

-Que tradicións destacarías da peña?

Tradición é a que temos, facer as comidas e decir: unha no inverno e outra no verán. No verán sempre a facemos fora, con carpa, que van as mulleres, podes invitar os amigos. O ano pasado eramos sobre 130-140 na comida, e este ano queremos facela un pouquiño máis grande. Entonces máis ben é facer unha piña de amigos. Cada un ten que ser responsable da xente a que trae. Que a temos feito con 500 persoas, pero que eso era un desbaraxuste. Que che ven todo o mundo… Aquelo estaba aberto, é dicir, que che viña xente que non era. Entonces nos agora partimos cunha carpa cerrada e pode todo o mundo, solo que cada socio di a cantos trae. Que trae catro, pois catro.

 –Algunha seña de identidade que sobresalte sobre o resto?

Nos non temos así en concreto a ninguén como símbolo da peña. Hai veces que si que traemos as comidas a xente como por exemplo Irureta, Lendoiro… Ten vido Valerón algunha vez. Este ano intentaremos traer o novo presidente, a Fernando Vázquez e a Pombo, o preparador físico, que é de aquí de Carballo. A idea e intentar traer sempre a algún futbolista ou a algún da directiva.

-Que gastos che supón a peña? Como funciona a organización do pago de cotas?

Pois nos poñemos 50 euros o ano. Eu a parte teño outros engadidos. Porque vas a un sitio, tes que facer tal, que chama a este… Tamén está o secretario que fai moito, ata fai máis ca min. Pero gastos en xeral non supón moitos. O mellor que temos unha reunión, nos non lle metemos nada a peña. Porque con 50 euros facer dúas comidas o ano e invitar as mulleres dos socios, os amigos ou a quen sexa, non da para moito máis. Non facemos milagros!

-Que actividades conxuntas realizades? Participan outras peñas? Con que peñas teñen boa relación?

Nos temos boa relación coa peña da Cabaña. Que é de aquí de Carballo. Temos moito trato con ela. Temos algún trato coa peña Valerón. O secretario vai moito con eles. Tamén nos levamos co presidente das peñas, temos tido reunións con el. Porque nos fai dous anos fixemos en Carballo a festa das peñas que se fai todos os anos. E fixémola entre a peña nosa e máis a da Cabaña. Entón veu xente de todas as peñas. Viñeron de Córdoba, de Suíza, viñeron de moitos sitios. Entonces tes unha relación deso, con algunhas é unha relación máis de teléfono, de “oye, mira teño tal, a ver si podedes vir aquí”. Despois da Coruña temos cinco ou seis peñas que tes unha relación de máis ben para cando fan un evento dunha inauguración ou presentación, chámante e ti vas. Cando hai a reunión das peñas na Coruña vamos sempre… Na festa de fin de ano do ano pasado fíxose no pastoriza e nos fomos, despois houbo outra no Palesco e tamen fomos. Collese un autocar ou dous, porque solemos ir sobre corenta persoas polo xeral. Somos a peña máis numerosa cando hai estas festas. Na última creo que eramos sobre 32 persoas da nosa peña, e as outras tiñan cinco, catro, tres…

-Como se levou a organización da festa das peñas? Como unha peña así pequena se organiza para traer a tanta xente?

Cada ano faise nun sitio. Organizámola nos máis a peña da Cabaña. Dounos moito traballo. Fixémola no Bosque, ahí nunha finca. Montamos unha carpa, trouxemos un grupo musical. Veu Lendoiro, Pachi Vázquez, veu un montón de xente. Entonces empezamos un ano antes a preparalo todo. Fíxose tamén o Trofeo infantil de peñas Teresa Herrera, no campo de Carballo. Trouxemos os trofeos todos do Deportivo. O da copa do Rey, o da Supercopa… Estiveron expostos a metade na Cabaña e a outra no bar Bergantiños (actualmente “A de Pako”) . Estiveron expostos 3-4 días, e bueno, saliu moi ben todo.

-Despois de tantos anos metido neste ambiente, podería dicirnos, que é para vostede ser do Dépor?

Bufff, moi difícil, moi difícil. Cando todo foi ben, ben. Pero agora e cando se demostra quen é verdadeiramente do Deportivo. A min non me importa nin o Madrid nin o Barcelona, dame igual que ganen ou que perdan. Si estou vendo os do Madrid quero que ganen os do Madrid, si vexo os do Barcelona pois que gane o Barcelona. Pero eu vexo o Deportivo. Si xoga de noite, pois vexoo de noite. Si xoga pola mañan pois toca velo pola mañan ehh… Eu que sei. É un sentimento que ten cada persoa, seguro que fan o mesmo os do Madrid, os do Barcelona e todos os equipos. Cada un é feliz co que ten.

-Cree que ter un rival directo, coma o caso do Celta, fai que se sintan máis as cores dun equipo? Cal é relación que tedes coas peñas/afeccionados do Celta?

Si, home, hai xente que si. Pero eu non son anticeltista. Quero que esté, pero sempre por debaixo nosa. Pero eso que din moitos agora de que non queren que se salve tampouco. Eu quero que sexa dos que se salve. Que nos ascendamos, que quedemos por riba deles e ganarlles. Pero quero que estén ahí. Sinon tes rival tampouco ten gracia.

-Tedes algunha relación con algunha peña do Celta?

Non. Porque por aquí tampouco hai ningunha peña do celta. Non coincidiu.

Maria Xesus Villaverde Salgueiro “Susi”, fundadora e socia nº 2 da peña Merlegos: “O motivo da creación da peña e que somos celtistas”

10150124_838617262819655_2109699267_n

 

Cales foron os motivos que incentivaron fundar esta peña?

O único motivo para a creación da peña foi que somos celtistas. Empezou Miguel, o dono do Bar e presidente da peña, e catro amigos máis e despois foi medrando pouco a pouco, até a actualidade.

O bar Merlegos é a sede da peña que leva o mesmo nome. Que foi antes, o bar ou a peña?

O bar xa existía de antes, era un bar do Celta de toda a vida, e de aí xurdiu a formación da peña co mesmo nome.

Que tradicións destacarías dos Merlegos?

Así por destacar, cada vez que se marca un gol ponse a rianxeira, ou tamén que antes dos partidos, cando os xogadores saltan ao campo, sona o himno do Celta no bar.

Algunha seña de identidade que sobresalte sobre o resto?

O Merleguiño.

Que gastos che supón a peña?

Manter a peña e fácil, pagas 100 euros a federación de peñas e xa está, o díficil é mantela activa. O que custa é realizar viaxes, participar en bengaleos ou facerlle recibimentos ao club. Ademais, supón un gran gasto sobre todo en tempo, xente como o tesoureiro ou o organizador das viaxes perden moito tempo do seu día a día. Non che dan nada, pero lévase mellor sabendo que representas a un equipo.

Como se organizaron os postos dentro da peña?

Organizouse a través dunha votación en asemblea.

Como funciona a organización do pago de cotas?

O principio de cada temporada, cada socio paga no bar a súa cota e despois os directivos ingresan esa cantidade no número de conta da peña.

Que actividades conxuntas realizades? Como as organizades? Participan outras peñas?

Entre os integrantes da asociación realizamos pachangas, ceas ou comidas, como a festa da Androlla en carnavais. Para levalas a cabo, falamos entres nós a través dun grupo de WhatsApp.

A parte con outras peñas tamén realizamos actividades, coma por exemplo a recollida de alimentos para o banco de Alimentos que se fixo no mes de Novembro conxuntamente coas Peñas do Milladoiro e Norte Celeste. Por outro lado, a veces lévase algunha pancarta ao campo, como sucedou cando saíu a sentenza do Prestige.

Con que peñas teñen boa relación?

As peñas coas que máis relación temos é Milladoiro, pola súa proximidade e Norte Celeste, xa que se xuntamos con eles para ir aos partidos. Ademáis tamén nos levamos moi ben con Carcamáns, da Illa de Arousa. Coñecémonos de vernos no seu bar en Vigo, no Movie, e a partir xurde unha relación que chega ata ir con eles nunha viaxe conxunta a San Sebastián.

Cambiando un pouco de tema, despois de tantos anos metida neste ambiente, podería dicirnos, que é para vostede o Celtismo?

Un sentimento, un enfoque da vida. Naceu con nós antes de ter o bar e agora xa solo podo entendelo como parte do bar. É unha parte da miña vida. Agora mesmo, non podo imaxinar o bar por un lado e o Celta polo outro.

Cree que ter un rival directo, coma o caso do Deportivo, fai que se sintan máis as cores dun equipo?

Creo que no, cada persoa é dun equipo ou doutro. Despois sendo dun equipo coma o Celta tes máis rivalidade co Deportivo, pero penso que iso é a posterior non anterior.

Xa para terminar, cal é relación que tedes coas peñas/afeccionados do Depor? Tivestes algún problema con eles?

Non existe ningunha relación con peñas do Deportivo nin cos seus afeccionados, nin tampouco tivemos problema algún con eles. Si temos presente os conflitos que sufriron os compañeiros de Norte Celeste en Coruña, pero con nos nunca houbo problema algún.

141 C00

Himno do Celta Merlegos Celestes

Velaquí unha das mostras do sentimento que unha comunidade pode externalizar co canto do seu equipo.

141 C00

Futuro prometedor


417656_299581723423190_1693517976_n

Despois dunha semana de dúbidas acerca de como afrontar o noso traballo, a última clase deunos folgos para continuar co tema das peñas e facernos afrontar estes quince días que nos quedan por diante co maior optimismo posible. Para isto, tivemos que establecer contacto cos outros grupos de clase, percibimos unha serie de similitudes que teñen as peñas que estamos a tratar coas asociacións destes grupos.

A primeira coa que nos relacionamos foi a asociación de Alcólicos Anónimos. Aquí vimos un lazo bastante forte, xa que as sedes das peñas adoitan ser bares, onde os socios quedan para ver os encontros mentres se toman unhas cervezas ou viños. Vimos nun dos seus post que falaban dalgún caso de persoas pertencentes a unha peña de fútbol que como consecuencia destes malos hábitos acabaron con problemas de alcolismo. É desagradable, pero é un feito que acontece todos os días. Antes e durante os partidos o consumo de alcol é unha realidade e está moi relacionado coa violencia que envolve a este deporte.

Na seguinte noticia informase sobre un estudo realizado nos Estados Unidos de América e que trata sobre o consumo de bebidas alcólicas durante os partidos (http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/01/19/noticias/1295463786.html). Esta outra comenta os efectos que provoca o consumo do alcohol en escenarios deportivos, entre eles a violencia (http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/01/120120_brasil_fifa_acolhol_venta_2014_dp.shtml).

Por último, este enlace conectanos cun blog, no que se reflexiona sobre o consumo de alcol en campos de fútbol na comunidade catalana (http://www.arbitrajebalear.com/2012/03/27/reflexiones-sobre-el-consumo-de-alcohol-en-los-campos-de-futbol/).

Continuando coas semellanzas percatámonos de que a comunidade que estamos a tratar  ten unha serie de ritos que en certo modo poden ser moi semellantes aos seminaristas cos que están a traballar os nosos compañeiros. Cada peña na súa gran maioría teñen cánticos propios, cos que animan o seu equipo. Teñen os seus rituais antes de ver un partido, hai os que se visten dunha forma determinada. Pódese chegar ao extremo no que adoran a un xogador coma se fose unha especie de Deus. Non queda moi lonxe esas asociacións onde Maradona era o seu Deus, e que aínda existen.

En relación con esta adoración dos xogadores encontramos unha unión co grupo que trata cos emigrantes. Esas persoas que se teñen que ir a outro país para buscar o seu soño. Hai moitos casos de futbolistas que emigran a outro país para conseguir o seu obxectivo, e que finalmente se converten en símbolos de Peñas, como por exemplo xogadores como Leo Messi. Outro exemplo, esta vez máis cercano, témolo en Vigo. Na cidade olívica está a sede da Peña Celtista Gudelj (http://www.penhagudelj.celta.devigo.net/), en honor do ex-xogador iugoslavo, que deixou moita marca na cidade viguesa.

Por outro lado, seguimos en contacto cos dirixentes das peñas. Estamos a preparar unha entrevista co fundador da peña celeste “Os Merlegos”. Para terminar deixamosvos un vídeo dos Merlegos, do día que asistimos con eles a Balaídos, cantando a capela o himno do Celta  no estadio. Nel amosase como están unidos os membros desta asociación, ademais dos sentimentos de euforia que provoca ir a ver o teu equipo.

 

141 C00

CRESPO NAVARRO, EDUARDO 141 C01

FERNÁNDEZ DÍAZ, FABIO 141 C02

FERNÁNDEZ FERRO, ADRIÁN 141 C03

FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04

GARCÍA CHOUCIÑO, ALEJANDRO 141 C05

Comunidades semellantes con símbolos diferentes

IMG-20140225-WA0028

As peñas futbolísticas están formadas por persoas moi distintas pero que teñen unha paixón común. Os fundadores son persoas que xa se coñecían do pasado, pero a xente que se engade nada ten que ver con eles. Isto permite formar un lazo de unión entre seres que seguramente non terían relación algunha se non fose por este feito.

Un exemplo claro disto, foi un señor de avanzada idade da peña Merlegos, quen nos comentou que entrar dentro deste grupo fora o seu maior acerto nos últimos dez anos. Formaba parte dun grupo de 150 persoas con ideoloxías diferentes, estilos de vida distintos pero que tiñan algo en común, a súa paixón polo Celta.

IMG-20140225-WA0029Outra característica que os define é a súa indumentaria. Cando hai partido case todos, acoden coas súas camisetas e bufandas do equipo, pero ademais dentro das peñas contan cunha chaqueta personalizada. Deste xeito logran conseguir unha diferenciación dentro da comunidade celtista. Se fixeramos unha escala das diferenzas que os definen coa súa vestimenta e símbolos que levan sería: En primeiro lugar son xente; xente futboleira; aficionados do Celta; celtistas da grada de marcador; membros da peña Merlegos; e por último, a título individual os nomes que portan nas camisolas do seu equipo establecen outra diferenciación a maiores que di que apoian a certo xogador. Isto parece dicir pouco dunha persoa, mais é todo o contrario. Un xogador pode representar valentía, rebeldía, timidez, descaro, etc. O apoio a un xogador con certas características pode dicir moito de cada quen.

A peña santiaguesa a parte do seu bar en Balaídos ten unha zona do campo reservada para eles na grada de marcador. Alí animan ao seu equipo ao ritmo dun bombo que é tocado por un dos seus integrantes. Fano sentados, aínda que en palabras de Xoán, home encargado de realizar as viaxes do equipo, unha afección de verdade é aquela que se manten de pé realizando os seus cánticos durante os noventa minutos. O xeito de animar é un símbolo que fai distincións entre os sectores da grada, xeralmente en Tribuna anímase con menor intensidade que nos fondos.

Con respecto á peña deportivista de Carballo a unión entre eles no se ve polas vestimentas, xa que ao bar asisten vestidos con roupa do día a día, aínda que si locen os seus colores branquiazuis coa camiseta do equipo ou algunha bufanda. Non soen cantar moito, mais viven a tensión e o sufrimento partido a partido. Esta é unha loita que dende o noso parecer provoca un estreitamento dos lazos existentes entre os socios.

Ambas comunidades, a deportivista e a celtista, representan moitos trazos en común. Indumentaria e cánticos son moi semellantes; as dúas aficións locen camisetas, bufandas, chaquetas e pancartas dos seus clubes. En ambas afeccións existe menor tolerancia ao rival nos ultras ( Riazor Blues e Celtarras) e tamén existen as mesmas diferenzas entre os sectores das gradas (o grupo musical A Roda plasmou as diferenzas da grada viguesa na Foliada do Celta). Malia a tódalas semellanzas o carácter de cada afección difire bastante: A afección do Celta opta polo bo xogo e a do Depor é máis resultadista. Por último queremos rescatar unha diferenza que nos apuntou un afeccionado do Celta: “Na Coruña a mentalidade sempre foi gañadora en cambio en Vigo temos tendencia ao victimismo”.

141 C00

Crespo Navarro  141 C01

Fernández Díaz 141 C02

Fernández Ferro 141 C03

Fernández Ojea 141 C04

García Chouciño 141 C05

En zona de juego

Otra semana más me he reunido con la peña deportivista de Carballo. Dos partidos, el derbi madrileño y el partido Deportivo-Hércules coincidían durante la última parte del primero. Aunque los más deportivistas pasaban del partido de Primera División, muchos otros no podían quitar la mirada ante un partido tan crucial por el liderato. Sin embargo, pude ver como se diferenciaban los verdaderos socios de la peña del resto de personas que había en el bar. Esa forma de mirar la pantalla con una mirada tensa, reflejaba el sufrimiento de muchos por tener que luchar para volver a lo más alto.

No había mucha afluencia en el bar, aunque pude volver a hablar con el dueño del local que se encarga de organizar un poco las actividades de la peña. Tras una tendida charla durante el descanso del partido, me contó que cuentan con 68 socios y que la lista está cerrada a nuevas inscripciones. Explica que no quieren a más personas ya que cuesta organizarse  y que quieren a personas que realmente sientan los colores, ya que hubo personas de otros equipos que querían ser socios solo por tener a un amigo dentro. De todas formas a mediados de julio suelen abrir listas si se producen bajas.

Aunque parezcan pocos consiguen realizar diferentes actividades a lo largo del año. El veintidós del mes pasado celebraron su primera comida del año con una degustación de cocido casero hecho en el bar. Y en junio hacen una fiesta en el parque de San Martiño, en Carballo, con música y churrasco. Esto demuestra que no buscan solo el fútbol, sino que crean una unión entre ellos, surgiendo de esta forma una comunidad que gira entorno de un equipo de fútbol.  

Alejandro G. Chouciño

Alejandro G. Chouciño

En relación con el equipo, hace dos años consiguieron la aprobación para poder celebrar el congreso de peñas del Deportivo, que organizaron junto con otra peña de Carballo (Peña A Cabaña). Afirman que asisten a todas las reuniones y actos que da el equipo, asistiendo varios socios a los eventos. Por lo que pueden presumir de ser conocidos en Coruña.

García Chouciño, Alejandro 141 C05

Centos de persoas unidas por un mesmo destino

IMG-20140225-WA0028

Cúmprense semana e media da viaxe que tiven o pracer de realizar coa peña santiaguesa Merlegos Celestes. Unha viaxe que supoña o noso primeiro gran contacto con este tipo de asociacións, así que atopábame nervioso ante a inquedanza polo que puidera pasar nas próximas horas xuntos a aqueles descoñecidos.

Serían as tres da tarde cando chegamos ao bar dos Merlegos, lugar de encontro desta peña, e onde o seu presidente nos dixera que asistiramos para acompañalos na súa viaxe en bus a Balaídos. Alí, un pouco tímidos, o presidente Miguel presentounos a Xoán, a persoa que se encargaba de realizar este tipo de traxectos, non por satisfacción, que tamén, senón porque se lle encargou esa faceta por sorteo.

N0 bus, subvencionado polo Celta, non viaxan só os Merlegos senón que o fan dúas peñas máis, Norte Celeste e Milladoiro. Aínda así, estes últimos, viaxaban desta vez noutro autocar, pagado entre todos, debido a gran cantidade de xente que viña dende o Norte.

Unha vez subidos ao bus a cousa cambiou. Xoán presentounos aos compañeiros da peña coma os periodistas, tratounos coma uns profesionais, pero sobre todo sabía facer que nos sentísemos cómodos dentro dun grupo de estraños.

Polo tanto e despois do aplauso que nos deron no bus comezou a travesía. Guiados por un pícaro rapaciño que destapaba todos os trapos sucios dos alí presentes e que ademais era o que se mostraba máis interesado polo traballo que andábamos a realizar, emprendemos rumbo Balaídos.

No traxecto, que durou unha hora, deunos tempo a coñecer como organizan as viaxes, que supón para cada un a presenza nesa peña, as pachangas que votan entre elas, e como dato curioso coñecemos o absoluto secretismo no que viven os membros de Norte Celeste, ante os posibles ataques de radicais deportivistas.

Unha vez chegados a Vigo acudimos ao bar Movie, sede doutra peña céltica, os Carcamans Celestes. Alí reúnense diversas destas asociacións para relacionarse e comentar a previa do partido, compartindo unhas cervexas e uns pinchos. Nese lugar Xoán presentounos a moita xente e permitiunos contactos que nos servirán de moita axuda para próximas historias, como por exemplo, a presentación do libro de Jacobo Buceta que se realizará na sede da Peña Milladoiro.

Unha vez desenvoltos entre tanto celtista acudimos ao Estadio cos Merlegos e poidemos vivir un gran partido con estes intrépidos personaxes. Pena o resultado de empate a un gol.

 FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04

Historia de unha peña Carballesa

Cuando en 1993 se fundó la peña deportivista de Carballo eran solamente un grupo de amigos que tenían algo en común, el fútbol. Veintiún años después es la peña más antigua y conocida de Carballo. Por este motivo decidí que era la peña que quería tratar.

Yo no soy muy fan del fútbol, por lo que me cuesta entender como un grupo de personas puede llegar a vivir una derrota de una forma tan intensa teniendo en cuenta que ellos no se juegan nada. Se crean lazos, amistades, enemistades, un sinfín de uniones entre personas que giran alrededor de un deporte que mueve millones al año gracias, en parte, a esto.

Imagen

 Al visitar la sede situada en el céntrico bar “A de Pako” ya se podía observar la historia de la peña. El dueño del bar y socio me cuenta un poco sobre como se organizan y que suelen hacer. Resulta curioso saber que una peña de tamaño reducido (son alrededor de 68 socios) llegue a preparar congresos internacionales de peñas como el que hicieron hace dos años. Mi propósito es mostrar como una peña de una localidad ajena al equipo puede sentir los colores de la misma forma o incluso mayor que una peña propia de la ciudad. ¿Cual es el verdadero fin para crear una peña?

Imagen

García Chouciño, Alejandro 141 C05

Despois de todo, sempre nos quedará o fútbol

depor-celta 2

Dixo unha vez o mítico adestrador serbio Bujadin Voskov, “fútbol es fútbol”. Un enfrontamento entre 22 xogadores que loitan por marcar máis goles có contrario para gañar un partido, e todo isto seguido por unha morea de espectadores que por un momento se esquecen das súas vidas para gritar e apoiar ao seu equipo como se lle fose a vida nel. Non hai forma de explicar estes sentimentos que provoca este deporte, pero os que temos a posibilidade de vivilo sabemos como funciona.

Dentro dos espectadores, existen as chamadas peñas. Grupos de amigos ou coñecidos que se xuntan fin de semana tras fin de semana para sufrir co seu equipo e non sentirse só nin nos bos nin nos malos momentos. Estas asociacións, que soen ter un espazo de reunión, normalmente un bar, pagan unha cota ao seu equipo para que este os represente e que tamén poidan asistir ao estadio.

Por iso, este grupo de cinco raparigos intentaremos ensinar que move a estes apaixoados do fútbol, e que os que non están acostumados a vivir con este sufrimento poidan entender a loucura que este deporte provoca. Ademais, intentaremos mostrar historias raras, saber como alguén se fai seguidor dun equipo e se involucra nunha peña, como se crean estas, que rituais seguen, como se subvencionan estas identidades e demais teste que poidamos sacar desta experiencia.

Na busca deste obxectivo, traballaremos con peñas tanto de RC Celta de Vigo como do RC Deportivo, das propias cidades dos clubes, Vigo e A Coruña respectivamente, como de lugares alonxados como pode ser Santiago ou Carballo.

Con todo o noso esforzo intentaremos acercar máis os sentimentos que existen polos diferentes equipos e que alguén que non empatice moito con este deporte poida entendelos.

Fernández Ojea, Brais 141C04