Arquivo do blog

Síndrome de Ulises

Continuando coa nosa investigación sobre a emigración atopeime co termo de “Síndrome de Ulises” que me chamou moito a atención. Temos claro que dentro do fenómeno da emigración  podemos encontrar moitas causas diferentes, pero todos intentan atopar unha vida mellor, por iso deciden abandonar o lugar no que viven.

Os emigrantes precisan adaptarse rapidamente á cultura e lugar ao que chegan. Isto pode crear estrés e ansiedade e, como consecuencia, unha maior lentitude á hora de adaptarse. Todo isto provocará un círculo do que será moi difícil saír e que pode rematar en depresión ou sentimento de soidade. É neste caso no que podemos comezar a faltar do “Síndrome de Ulises”.

Por qué se denomina así? Debido ao heroe grego, que viviu moitas adversidades e perigos no momento onde se encontraba lonxe dos seus seres queridos. Esta enfermidade é un dos posibles impactos psicolóxicos negativos que leva consigo a emigración.

MP900382693-copia

Cando a persoa marcha, marcha con esperanzas, pero ao chegar alí estas poden verse truncadas e comezar a sentir culpabilidade, tristeza, ou os coñecidos como trastornos psicosomáticos (insomnio…).

No seguinte vídeo, fálase de esta enfermidade explicando cales son os síntomas ou a quen afecta entre outras cousas. O vídeo conta tamén con algún testemuño de inmigrantes que chegaron ao noso país.

Luengo Martínez, Diego 151. D05

BIBLIOGRAFÍA

– Delgado, Sergio. 2013. El Síndrome de Ulises: el impacto psicológico de la emigración. Obtida o 10 de marzo de 2015, de http://www.psicologiaenlared.com/el-sindrome-de-ulises-el-impacto-psicologico-de-la-emigracion/

Tornar á vida galega

Imagen

Non é necesario facer mención de forma específica ás diferentes situacións ás que estiveron sometidos os emigrantes galegos. Dificultades tales como o descoñecemento da lingua do país receptor e a falta de adaptación das institucións e da poboación en xeral resultan evidentes en canto á problemática dos emigrantes, tanto dos de antes coma dos de agora. Malia isto, hai un factor que coincide tanto para aqueles que emigran como para aqueles que emigraron e volveron ao seu país: a ausencia de políticas de acollida que asesoren aos mesmos sobre o funcionamento das institucións. Claro exemplo é o problema das pensións aos que se ven sometidos os emigrantes galegos retornados. Facenda reclama a tributación das pensións non declaradas dende o ano 2008. Lonxe de evitar conflitos e poder así garantizar o bo funcionamento da Administración Pública, o dereito á información que debería estar latente en todo momento non ten cabida neste tipo de accións. Así pois, é necesario buscar unha unidade, porque non debemos esquecer que ao loitar por eles estamos loitando tamén por nós. Debemos cambiar a perspectiva de apartar a mirada cando algo non nos afecta en primeira persoa.

 Por outra banda as experiencias individuais de cada persoa son fundamentais, pode haber casos semellantes pero nunca completamente iguais. Isto é principalmente o que aportan nun primeiro contacto, diferentes opinións dende as súas experiencias, diferentes formas de aceptar a situación que se lles plantexa pero sempre partindo de un obxectivo común. En definitiva achegas que nos poden proporcionar estas persoas pódennos axudar a comprender a súa situación actual e deste xeito ter a posibilidade de apoialos. 

 

Santos Villaverde, Andrea   143 C03