Arquivo do blog

Gente di Roma

Unha liña de autobús vai trazando un percorrido que nos levará a coñecer a multitude de personaxes, que sen ter nada que ver, compartirán camiño e encontros ao longo de toda a cidade de Roma.

Gente di Roma móstranos un conxunto de escenas cotidianas que pasan todas na mesma cidade. Nada teñen que ver as unhas coas outras, non deixan de ser historias distintas pertencentes a cada habitante, a cada vida residente na capital: un señor maior a punto de ser esquecido nunha residencia, uns adolescentes que espían a unha muller, un camareiro racista, vagabundos, persoas ricas… Porén, non podemos obviar o detalle de que moitas veces, aínda que pareza insignificante, moitas das persoas que nos rodean e coas que simplemente nos cruzamos algunha vez, deixan unha pegada en nós. Na escena na que o xornalista comeza a falar co chico que está sentado no autobús, algo dese xornalista, que ao principio parecía tan diferente ao seu interlocutor, queda pegado nel. Unha vez o xornalista desaparece e a chica reempraza o seu lugar, o rapaz comeza a falarlle con entusiasmo, copiando todo o dito polo seu anterior compañeiro de asento.

A película móstranos o comportamento e a historia dun único ente, que sería Roma, e que está composto por milleiros de pequenas historias, de camiños que se cruzan deixando marcas os uns nos outros, condicionando o futuro dese itinerario.

Quiroga Trasorras, Rosalía T6A S3A

In the mood for love: necesidade de apoio

¿Como dúas persoas que non se coñecen de nada, que non comparten o lugar de traballo nin amigos en común, poden chegar de pronto a relacionarse dunha maneira tan próxima? Quizais aínda que a simple vista non se poida ver (nin eles, nin os veciños, nin as persoas que os rodean), percorren paralelamente camiños iguais.

Dúas parellas múdanse ao mesmo edificio. Non hai ningún trato entre eles ao principio, ata que a situación propiciará que os camiños dos dous protagonistas, Chow Mo-Wan, redactor xefe dun xornal; e Su Lizhen, secretaria, se unan ata crear entre eles unha relación moi especial.

Su Lizhen, que no seu traballo axuda a seu xefe a enganar a súa muller a través de chamadas e regalos, descobre que o seu marido segue exactamente o mesmo patrón de comportamento para con ela. Así, Su Lizhen e Chow Mo-Wan encóntranse vítimas do mesmo engano. Dende este momento comezarán a unir os seus camiños: encontraranse habitualmente, compartirán momentos íntimos escapando do resto dos seus veciños… O un xunto ao outro conseguirán que os problemas conxugais non cheguen nunca a desbordalos, institúense como o grande apoio que precisan para seguir adiante e axudaranse para resolver os problemas sen ter que deixar ás súas correspondentes parellas. Fórmase así unha relación de necesidade e afecto que xunta as súas forzas para combater o problema común.

Os camiños destas dúas personaxes crúzanse a raíz dunha circunstancia que, aínda que pareza excepcional, revélase como unha práctica común e estendida. Se o analizamos dunha maneira xeral, a grandes rasgos, a relación entre os protagonistas non deixa de ser un trámite, un apoio necesario, para poder continuar coas súas vidas no futuro.

Quiroga Trasorras, Rosalía  T6A S3A

Achegando o conflito palestino

Para a asignatura de Xéneros estamos lendo Fin de século en Palestina, escrito polo xornalista Miguel Anxo Murado, no que se narran as vivencias do autor durante os cinco anos que estivo convivindo co conflito palestino-israelí nos Territorios Ocupados. Ler este libro fíxome pensar no Festival Amal, que se desenvolve en Santiago de Compostela no mes de outubro, e que trata de achegar o mundo árabe a esta cidade. Ademais de outras moitas actividades, como danza, talleres culinarios, etc; a estrela do festival é o ciclo de cine.

Durante as semanas nas que transcorre o festival, no Teatro Principal estréanse curtametraxes, documentais e películas que pretenden darnos a coñecer máis de preto a cultura, as costumes e os conflitos existentes no mundo árabe. Lembro especialmente un documental chamado Esta es mi tierra, Hebrón. Hebrón é unha cidade considerada sagrada tanto polos xudeos, como polos cristianos e os musulmáns. É territorio palestino, mais hai xa anos que os israelís ocupan a cidade, intentando expulsalos de alí. No documental, as cámaras móstrannos a loita encarnizada que diariamente se produce entre palestinos e israelís de todas as idades no medio das rúas, con pedras, disparos, atropelos e, de vez en cando, ataques bomba. Ao igual que no libro que citaba ao principio desta entrada, o enfoque dende o que se trata todo isto é moi próximo, facendo que o espectador se sinta involucrado de certo xeito; intentando comunicar o contido dunha maneira tan achegada que o público non pode máis que sentirse parte da historia. O obxectivo do comunicador é transmitir concienciación, mostrar unha realidade que moitas veces os medios non nos deixan ver con plena claridade, e para min, o obxectivo queda conseguido. Non sei se este enlace funciona demasiado ben, aínda así aquí volo deixo por se lle queredes botar un ollo: http://www.eitb.com/es/videos/detalle/548210/mundohoy-esta-es-mi-tierra-hebron/

Quiroga Trasorras, Rosalía T6A S3A

Punto… e seguido

Na pantalla, os créditos do filme Torre Bela. Acenden as luces, erguémonos, apertas e palabras de afecto. A experiencia no Cineclube chega ao seu fin. Teñen pasado tres meses dende a primeira vez que baixamos ao soto do Pichel ou, con maior precisión, dende ese primeiro contacto con Cris, Lara, Moncho e os demais, na cafetería 13. Unha reunión na que non sabíamos moi ben como actuar, que dicir, como intervir. E hoxe, tres meses máis tarde, non podemos senón sentirnos inmensamente afortunadas de ter traballado con eles, aínda que nos imos cun regusto amargo, pensando que, tal vez, o noso contacto coa organización non foi tan estreito como nos gustaría que fose tido. Mais é xustamente este pensamento o que nos empurra a continuar, a manter a nosa relación co Cineclube dunha forma ou doutra. En primeiro lugar, asistindo cando poidamos ás proxeccións, sendo conscentes de que probábelmente non poidamos facelo coa mesma asiduidade. Doutra banda, ofrecímonos a seguir levando adiante o Facebook e, así, seguir aportando o noso gran de area. Para o Cineclube e as persoas que están detrás, só podemos ter palabras de agradecemento, polo enriquecemento que supuxo esta experiencia, polo trato que recibimos e por ofrecernos un recuncho onde o que prima é o amor ao cine.

T6A

Comunicación: conclusións

No noso traballo, sobre as diferenzas de comunicación e relación entre as persoas dependendo do ambiente no que estean (na aldea ou na cidade, no traballo ou cos amigos…), a actividade que máis nos axudou a ir formando a nosa propia conclusión foron sen dúbida as entrevistas. Neste post expoñeremos de xeito resumido algunhas das conclusións sobre as diferenzas entre a cidade e as aldeas. Realmente, son diferenzas obvias, pero que cómpre analizar.

Como comentaba uns dos nosos entrevistados, David, “son simplemente dous tipos distintos de protocolo: o da vila é máis achegado e o da cidade é máis ou menos formal”. Por todas as persoas coas que temos falado, ratificamos o feito de que a relación que hai no medio rural entre a xente é unha relación moito máis próxima, influíndo nisto o feito de que as persoas do rural coñécense moito máis entre elas que as do urbano. Na cidade as identidades son moito máis anónimas, non existe aquilo de coñecer a todos polos alcumes da familia, por exemplo. Así, as relacións na cidade vólvense, polo xeral, máis distantes, con máis formalismos. Outro detalle no que se reflicte este feito é o xeito de falar: as variacións dialectais son moi patentes nas aldeas, máis nas cidades, aínda que existen certas “jergas”, abunda máis un rexistro formal. O tema do idioma tamén é un factor a ter en conta: por todos é sabido que o galego é máis falado nas aldeas que na cidade.

En canto á relación dentro das familias, pensamos que ao núcleo familiar (pais e fillos) non ten por que afectarlle en primeira instancia o ambiente; pero é certo que máis alá (tíos, avós, primos…) as tarefas do campo favorecen unha maior proximidade, posto que evento como as matanzas, a sementación, etc, requiren de axuda por parte de todos.

S3A

Comunicación: a figura do xefe

Esta semana imos falar da relación que teñen os xefes cos seus empregados, e os empregados cos seus xefes.

 Para iso o noso grupo TS visitou unha empresa moi coñecida e entrevistouse co  seu responsable e máis con dous dos seus traballadores. Estas son algunhas das cousas que o responsable nos contou sobre a relación que ten con seus traballadores: ”é moi cordial, levámonos moi ben entre nós, porque conseguimos ter unha gran confianza. Facemos un bo equipo.”

Está moi ben a frase de que “facemos un bo equipo” para animar aos seus traballadores e que se sintan ben na empresa, ¿non vos parece?

 A resposta dos traballadores en cambio foi algo diferente…: “témoslle moito respecto e tal como están as cousas… como para pedirlle algo ou traerlle unha baixa”.

Comparando estas dúas respostas hai algo que nos chama a atención, e é que o traballador de hoxe en día tenlle moito respecto á figura do xefe, ¿quizais  veña isto dado polos tempos que corren, ou simplemente porque a figura do xefe de por si xa impón á hora de entablar una relación? Obviamente dependerá da personalidade de cada persoa, pero falando en termos xeiras, nós cremos que a figura do xefe sempre impuxo, el é a persoa que “manda”, e seguramente por isto a relación con el sexa moito máis fría que entre os propios traballadores ¿Que opinades vós?

T6A

¿Cineclubes?

A raíz del ciclo de cine ”Lecciones de historia” que se está proyectando en el Cineclube de Santiago, he decidido contaros un poco la historia de los cineclubes en Galicia. Tranquilos, intentaré que no sea algo (muy) aburrido. Empecemos…

¿Sabíais que existe una Federación de Cineclubes? Aquí os dejo su página web , en la que podréis observar cuántos existen en nuestra Comunidad Autónoma. ¿Qué caracteriza a un Cineclube? El tipo de películas que se proyectan, la mayor parte de ellas son poco conocidas, que no encontraríamos en salas de cine comerciales. El término se utilizó por primera vez en Francia, en el año 1907, cuando el cine era considerado un espectáculo de feria, cuando un abogado y amante del cine francés intentó cambiar esa mentalidad. No se conseguiría, a pesar de su esfuerzos, hasta el año 1920, en el que se publicó ‘Le journal du ciné-club’ que intentaba legitimizar el cine como arte. La página web de la Federación de Cineclubes da incluso ideas para llevar a cabo este tipo de iniciativa.

En cuanto a Galicia…¿Sabíais que el primer Cineclube gallego se formó en el año 1954 en Pontevedra? ¿Y que en 1966 nacía el Cineclube Valle-Inclán?

Y es que, si hablamos de cine, en Galicia tenemos motivos de sobra para sentirnos orgullosos. Siempre hemos contado con fanáticos del cine cuya labor consigue que conozcamos a directores y películas que, de otra forma, seguramente jamás llegaríamos a conocer. Y la labor del Cineclube de Compostela entra ahí. Tampoco debemos limitar nuestro orgullo a estas pequeñas asociaciones, el panorama audiovisual gallego crece cada año. Os dejo aquí algunas de las pruebas: un breve (lo juro, breve) historia del cine gallego, una entrevista a un representante del panorama audiovisual actual en un medio que conocéis bien, y una buena noticia: la adaptación de una película gallega por los conocidísimos Studio Ghibli japoneses.

Y espero que este mini-viaje/ ”lección de historia” no se os haya hecho cuesta arriba.

T6A

Comunicación: a figura dos avós

Como inciden os nosos avós na educación que lles dan aos netos?

Os avós seguen a ser imprescindibles para retransmitirnos os seus sabios coñecementos e, ademais, proporciónannos un sentido de patrimonio familiar.

Creo que a relación cos avós é especialmente positiva para ambas as dúas partes, xa que os netos coñecen toda a experiencia dos seus antepasados, mentres que os avós senten mellorar a súa propia autoestima e realízanse a través dos netos, cumprindo ao mesmo tempo unha misión interxeneracional que consiste en influír no proceso de identidade dos mozos.

Quen dixo que a mellor educación é a que dan os pais?

Eu creo que non é un factor imprescindible, xa que moitos nenos foron educados polos avós e gozan de igual ou mellor educación que os que foron adoutrinados polos seus pais. O que si que é verdade é que a educación ten que ser complementada ca dos pais.

A convivencia das tres xeracións posibilita e fai preciso á súa vez o entendemento e os pactos entre as diferentes etapas vitais representadas. É recomendable a práctica da comunicación para conseguir unha boa educación . Deben estar presentes os nenos, os pais e os avós.

A relación avós-netos é unha gratificante e frutífera experiencia humana. Por un lado, os avós representan unha fonte de transmisión de saberes do pasado de forma directa e en vivo. Ademais, os vínculos cos descendentes de distintas idades son decisivos para forxar o carácter e cultivar os rasgos máis esenciais da nosa personalidade.

S3A

O Cineclube na oscuridade: de propiedade intelectual e xuízos vai a cousa

Así é o asunto no Cineclube: mércores, 21.30 horas. Rúa Santa Clara, número 21; soto do Centro Social O Pichel. Unha sala fría, cun Castelao que se recorta na parede. Moito silenzo e escuridade; xente, máis ben pouca.

Pois si, no Cineclube as cousas están algo negras. Vaiamos seis anos atrás: o 10 de maio do ano 2007 o Cineclube de Compostela foi levado a xuízo por Cámara Oscura (e tan oscura) Películas. A proxección do filme Terra Negra (velaquí o tedes de novo), copia expresamente facilitada polo seu director, Ricardo Íscar, leva á devandita produtora a interpoñer unha demanda por dereito de exhibición. Máis detalles aquí.

Feitos coma este levaron á organización do Cineclube a mostrarse reticentes connosco ante a proposta de poñer en marcha a páxina de Facebook. Despois dun breve debate, vía libre mais con lista negra, moi negra, adxunta.

Esta é a situación do Cineclube e o principal obstáculo na realización do noso ProT:  andar ás agochadas, sempre metidos nunha (semi)escuridade.

No asunto da propiedade intelectual, o Cineclube ten as cousas claras:

“Mais, por riba de todo, desde o Cineclube queremos expresar a nosa defensa firme do acceso libre e gratuíto á cultura. Resúltanos inaceptábel ver como se traba o acceso á cultura en virtude duns supostos ‘dereitos’ desde o mesmo sistema que permite e alenta que as empresas coarten, pervertan, manipulen e destrúan a liberdade creativa. A aposta do Cineclube é e vai ser a da liberdade total para acceder, difundir e mesmo utilizar a obra cultural, sempre que se realice fóra das lóxicas mercantís impostas polo sistema capitalista. A verdadeira censura radica en que a cultura se entenda en termos de consumo. A propiedade intelectual tamén é un roubo.”

O Cineclube perdeu o xuízo.

Rematamos a entrada cunha cita ao cineasta catalán Joaquín Jordá, extraída da revista Tempos Novos:

“Non toleraría –de feito fíxeno moi contadas veces- que un produtor sobase un traballo meu. Mais que o espectador tire un vídeo pirata ou mesmo o reedite, mellor ou peor, nunca me dará ofendido. Debera ser todo o contrario: pagarlle a alguén para que vexa os teus filmes e logo invitalo a unha copa.”

T6A

Comunicación: cando se unen o mundo laboral e o familiar

A primeira parte do noso proxecto TS implica a observación da comunicación entre as persoas segundo os distintos ámbitos. Neste post poñeremos un exemplo que une relación familiar e laboral. Se vos animades, podedes  darnos a vosa opinión e contarnos algún outro exemplo parecido a este que coñezades.

Sergio levántase todos os días ás 7 da mañá para ir traballar á empresa familiar. Leva con esta rutina xa máis de dezaseis anos.

Na empresa de Sergio son oito traballadores, ademais de el e a súa nai, que son os encargados. Entre eles, a comunicación non é moi fluída porque cada un ten unha maneira moi diferente de facer as cousas, a pesar da confianza familiar que os une. Neste caso particular atopámonos con que a relación familiar non se reforza en absoluto por pasar o tempo laboral xuntos: ao saír do traballo, os temas de conversa seguen a ser os mesmos, e Sergio e a súa nai non pasan a ter unha relación máis estreita nin conseguir unha maior confianza en temas persoais.

Obviamente, non estamos suxerindo que todas as relacións deste tipo teñan a mesma consecuencia. Por isto, podedes compartir aquí as anécdotas que recordedes, para que poidamos comparar diferentes situacións.

S3A

Facebook ama el cine independiente

Los carteles de la asociación Cineclube de Compostela están por todo Santiago. Sin embargo, el primer día que acudimos a ver una película éramos, contadas, unas quince personas.

La idea es buena: un grupo de amantes del cine, que no cree en los derechos de autor, crea un espacio para ver películas poco convencionales, que difícilmente podemos encontrar en un videoclub o biblioteca (incluso complicadas de encontrar en internet) en idioma original. Con una pequeña introducción y textos que nos ayudan a contextualizar la película y a su director. Si te haces socio del Cineclube, por tan sólo tres euros, puedes acudir a todas las sesiones y pedir prestadas las películas que se han ido proyectando. Si uno no desea hacerse socio puede acudir igualmente a las sesiones sin pagar ni un céntimo (aunque se pide un euro opcional como ayuda para la asociación).

En una ciudad universitaria parece un plan apetecible, incluso para aquellos amantes del cine de más edad. Pero son pocos los que acuden cada miércoles a las sesiones. Uno de nuestros objetivos era cambiar esto. Conseguir que la labor de los fundadores (muy majos ellos) llegue a cuántas más personas podamos. Empezamos creando un Facebook para la asociación, sabiendo que es una de las plataformas sociales más utilizadas hoy en día y la mejor vía de llegar a un posible público. Este miércoles pudimos comprobar los resultados. Tuvimos que buscar sillas adicionales para poder albergar a todos los que se acercaron a ver Asfalto en doble sentido, película de Monte Hellman.

Estamos impacientes por saber si todos estos nuevos asistentes han optado por hacerle un hueco en sus noches de miércoles al mejor cine desconocido para la mayoría.

T6A

Diferenzas na comunicación

Comportádesvos na casa, cos vosos pais, do mesmo xeito que o facedes cando vos atopades cos vosos amigos? Falades da mesma maneira? E cando tratades cos vosos xefes? Considerades que hai diferenzas entre como se comunican as persoas que viven no medio rural e as que viven no medio urbano?

No noso proxecto para o TS, intentaremos ilustrar estas situacións, dar mostra e exemplificar como todo o mundo cambia os seus rexistros á hora de comunicarse cunhas persoas ou con outras, dependendo de moitas variantes. Por exemplo, todo o mundo fala dun xeito moito máis coloquial e liberado cos seus amigos, utilizando tacos, usando palabras comodín… vaia, exercendo a confianza que permite a relación; e cambia inmediatamente de rexistro se ten que falar co seu profesor.

Durante a realización do noso traballo observaremos o comportamento de diferentes persoas tendo en conta o seu ámbito: no traballo, na facultade, no medio rural, na familia, cos amigos, etc. e iremos confeccionando unha memoria na que arquivaremos os diferentes patróns de conduta condicionados polos diferentes ambientes.

Convidámosvos tamén a que expoñades, se queredes, as vosas experiencias e anécdotas con relación a todo isto. Algunha vez vos sentíchedes incómodos ao atoparvos en medio dos vosos amigos estando os vosos pais diante?

S3A