Arquivo do blog

Gente di Roma

Gente de Roma, permítenos observar a Roma dende a súa cidadanía , as diversas culturas, xa que nos encontramos con negros, italianos, blancos…
Aquí podemos falar do termo de cidadanía, como ben di Mata a cidadanía máis que vela na súa dimensión xurídica, hai que observala como un modo específico de aparición dos individuos na esfera pública. Isto apréciase na película, en escenas tan cotiás como unha viaxe en bus. Escena na que podemos apreciar como ¨inicia¨conversación un xornalista.
Como é obvio, nunha cidadanía tan completa e diversa como é Roma. Dánse distintas formas de comunicación, pero a que máis me chamou a atención foi a denominada ¨cidadanía comunicativa exercida¨, que se reflexa perfectamente na expulsión dun bar de maneira disimulada dun xóven negro. Alude á posibilidade da acción involucrando dimensións políticas, sociais e culturais vencelladas aos valores de igualdade, calidade, solidariedade e non discriminación. Lígase, xa que logo, ás referencias identitarias a ao recoñecemento das diferencias. En gente di Roma non había este tipo de comunicación, máis ben si que o había pero pretendíase ocultar.
Tamén falando dos itinerarios podemos destacar a figura do home que o acababan de despedir e non se atrevía a decirllo á súa muller. Polo que todos os días continuaba a súa vida de maneira organizada, da mesma maneira que facía cando traballaba. Refléxase perfectamente, xa que se levanta á mesma hora, colle o bocadillo( que a súa muller lle seguía a preparar) e vai para o parque pasar as horas, mentras non é hora de volver á casa.
Non vou deixar de lado, outro tema tratado na película, o rango social. Aprécianse algúns personaxes máis importantes ca outros. Ben é o caso do médico e os seus enfermos de alzheimer, ós que pretende facer entender que están enfermos a partir de distintos xogos, que lles fan a eles mesmos, dárse de conta de que non están ben. Un momento moi duro da película, por certo.

¨Following ¨, ¨on the moon of love¨ e ¨Gente de Roma¨.

Durante tres semanas levámos a cabo o visionado de tres películas distintas pero que no fondo estaban moi relacionadas entre sí.

As películas eran ¨Following ¨, ¨on the moon of love¨ e  ¨Gente de Roma¨. Nelas apreciamos como os personaxes teñen que afrontarse a distintas situacións , que terán que superar.

No caso de ¨Following¨, o personaxe principal é un aspirante a escritor que non ten traballo, polo que decide salir á rúa e fíxase nun personaxe concreto ó que sigue e observa todos e cada un dos detalles da vida do personaxe que escolleu. Desta maneira é como logra coñecer ó  que tanto tempo levaba perseguindo e anotando sobre a súa vida. Esta película levóume a reflexionar sobre a legalidade das persoas, xa que moitas veces fiámonos do que pensamos que nunca nos defraudará e realmente non é así.

No caso de ‘In the Mood for Love’, esta película é un claro xogo do amor, xa que é a clave da historia. Sin esquecer o termo da infedilidade. Os protagonistas da película simulan en varias ocasións que se namoran, que son infieles…Ilústrao perfectamente cos personaxes Tony Leung e Maggie Cheung xa que estes serían  tanto a parexa que engaña como a que é engañada.

Por últimio, Gente de Roma transmite á perfección o que é Roma a principios del siglo XXI. Tendo en conta a inmigración, a política… Ademáis, o que máis me chamou a atención foi como a partir de imaxes e escenas que non tiñan relación entre sí, se amosa o carácter dos personaxes, en acción tan simples e tan cotidianas como unha viaxe no bus urbano.

Ramallal Salgado, Alba T6B S3A

ADEGA: Conclusións Finais.

Non se cumpriron as nosas expectativas. A nosa colaboración con ADEGA baseouse en: asistencia a talleres de reciclaxe en colexios; realización dunha reportaxe con vídeo; e tradución de contidos web ao galego.

ADEGA preséntase como unha vía alternativa de desenvolvemento ecolóxico que loita pola defensa social e política do medio. Os seus socios están subscritos á revista trimestral CERNA (revista que informa sobre as cuestións ambientais que son noticia e  as posición que toma a asociación). Neste sentido, botamos en falta algo máis práctico nas actividades. Algo que nos somerxera máis nese activismo e achegamento coa comunidade.

Algúns erros internos que divisamos foron principalmente no referente á capacidade de cobertura e apropiación e a comunicación interna. Por un lado, non lle prestan atención e demasiado interese ao uso de redes sociais: teñen Facebook e Twitter, cos que pretenden informar das súas actividades e atraer seguidores e socios potencias, mais non lles dan un uso eficaz (debido en parte ao descoñecemento e inexperiencia neste campo das teconoloxías).  Por outro lado, entre eles mesmos písanse os roles e xerarquías e non se comunicaban, o que dificultaba asemade a comunicación co noso grupo: coñecemos un modelo organizativo que non funciona adecuadamente.

De todas formas, a relación cos membros foi cordial e amigable. Algunha vez que outra comentábannos os seus enfrontamentos cos medios. En concreto, falaron de La Voz de Galicia, xornal que deixou de tratalos nas súas páxinas por conflitos con algún dos directivos.

En resumidas, este primeiro contacto cunha asociación foi unha experiencia proveitosa, a pesares de ter problemas de negociación nun principio e de non tratar máis polo miúdo a súa labor coa sociedade e a política.

T6B

Comunicación: conclusións

No noso traballo, sobre as diferenzas de comunicación e relación entre as persoas dependendo do ambiente no que estean (na aldea ou na cidade, no traballo ou cos amigos…), a actividade que máis nos axudou a ir formando a nosa propia conclusión foron sen dúbida as entrevistas. Neste post expoñeremos de xeito resumido algunhas das conclusións sobre as diferenzas entre a cidade e as aldeas. Realmente, son diferenzas obvias, pero que cómpre analizar.

Como comentaba uns dos nosos entrevistados, David, “son simplemente dous tipos distintos de protocolo: o da vila é máis achegado e o da cidade é máis ou menos formal”. Por todas as persoas coas que temos falado, ratificamos o feito de que a relación que hai no medio rural entre a xente é unha relación moito máis próxima, influíndo nisto o feito de que as persoas do rural coñécense moito máis entre elas que as do urbano. Na cidade as identidades son moito máis anónimas, non existe aquilo de coñecer a todos polos alcumes da familia, por exemplo. Así, as relacións na cidade vólvense, polo xeral, máis distantes, con máis formalismos. Outro detalle no que se reflicte este feito é o xeito de falar: as variacións dialectais son moi patentes nas aldeas, máis nas cidades, aínda que existen certas “jergas”, abunda máis un rexistro formal. O tema do idioma tamén é un factor a ter en conta: por todos é sabido que o galego é máis falado nas aldeas que na cidade.

En canto á relación dentro das familias, pensamos que ao núcleo familiar (pais e fillos) non ten por que afectarlle en primeira instancia o ambiente; pero é certo que máis alá (tíos, avós, primos…) as tarefas do campo favorecen unha maior proximidade, posto que evento como as matanzas, a sementación, etc, requiren de axuda por parte de todos.

S3A

Comunicación: a figura do xefe

Esta semana imos falar da relación que teñen os xefes cos seus empregados, e os empregados cos seus xefes.

 Para iso o noso grupo TS visitou unha empresa moi coñecida e entrevistouse co  seu responsable e máis con dous dos seus traballadores. Estas son algunhas das cousas que o responsable nos contou sobre a relación que ten con seus traballadores: ”é moi cordial, levámonos moi ben entre nós, porque conseguimos ter unha gran confianza. Facemos un bo equipo.”

Está moi ben a frase de que “facemos un bo equipo” para animar aos seus traballadores e que se sintan ben na empresa, ¿non vos parece?

 A resposta dos traballadores en cambio foi algo diferente…: “témoslle moito respecto e tal como están as cousas… como para pedirlle algo ou traerlle unha baixa”.

Comparando estas dúas respostas hai algo que nos chama a atención, e é que o traballador de hoxe en día tenlle moito respecto á figura do xefe, ¿quizais  veña isto dado polos tempos que corren, ou simplemente porque a figura do xefe de por si xa impón á hora de entablar una relación? Obviamente dependerá da personalidade de cada persoa, pero falando en termos xeiras, nós cremos que a figura do xefe sempre impuxo, el é a persoa que “manda”, e seguramente por isto a relación con el sexa moito máis fría que entre os propios traballadores ¿Que opinades vós?

T6A

Calma tensa

La comunicación es algo indispensable para todo, pero es potencialmente importante cuando colaboras en determinados ámbitos o simplemente se necesita acomodar una organización de trabajo. Esta característica nos ha fallado. Mi grupo, que como sabéis está trabajando con una asociación ecologista, ha constatado que la asociación no sabe detrás de lo que anda. Hay una falta de comunicación interna bastante considerable. Después de que colaboráramos con ellos en las salidas a los colegios que pudimos, nos han mandado hacer una traducción de una web portuguesa, de la que nos han llegado noticias dispares: primero eran unos apartados y seguidamente, a los pocos días, eran otros a mayores. Al final, tras hacerlo en modo exprés (lo  querían “antes de que marchedes de vacacións”) decidimos hacer los contenidos de la primera opción.

Ahora tenemos otro foco abierto. Después de asistir como dije a estas actividades, nos han comunicado (apresuradamente, pero al menos lo hicieron) que hay que realizar un video y una crónica para próximos días. El problema no es esa actividad en particular, es que tenemos un calendario bastante repletillo.

Otro de los puntos débiles es la reticencia a la colaboración. Se les ha presentado la posibilidad de colaborar, a petición de la docencia, en el blog. Estamos tratándolo, pero en un principio han mostrado bastante reticencia. Queda pendiente para después de estos días de break. Su control sobre las horas trabajadas, eso sí es mínimo y tenemos problemas para saber cuándo hay actividades de campo, no nos avisan. Ahora se ha decidido, junto con el cronograma, no acudir más y trabajar hasta el final en otros aspectos.

Ellos tienen una conciencia diferente de la idea principal y primitiva de este trabajo o colaboración, en un principio no sabían que nuestros horarios presentaban incompatibilidades con las prácticas de carrera. Tienen una perspectiva profesional, llegando a pensar que serían ellos quienes iban a evaluar esta actividad. Ahora sólo queda hacer nuestro trabajo lo mejor posible y aclarar aspectos

T6B

Comunicación: a figura dos avós

Como inciden os nosos avós na educación que lles dan aos netos?

Os avós seguen a ser imprescindibles para retransmitirnos os seus sabios coñecementos e, ademais, proporciónannos un sentido de patrimonio familiar.

Creo que a relación cos avós é especialmente positiva para ambas as dúas partes, xa que os netos coñecen toda a experiencia dos seus antepasados, mentres que os avós senten mellorar a súa propia autoestima e realízanse a través dos netos, cumprindo ao mesmo tempo unha misión interxeneracional que consiste en influír no proceso de identidade dos mozos.

Quen dixo que a mellor educación é a que dan os pais?

Eu creo que non é un factor imprescindible, xa que moitos nenos foron educados polos avós e gozan de igual ou mellor educación que os que foron adoutrinados polos seus pais. O que si que é verdade é que a educación ten que ser complementada ca dos pais.

A convivencia das tres xeracións posibilita e fai preciso á súa vez o entendemento e os pactos entre as diferentes etapas vitais representadas. É recomendable a práctica da comunicación para conseguir unha boa educación . Deben estar presentes os nenos, os pais e os avós.

A relación avós-netos é unha gratificante e frutífera experiencia humana. Por un lado, os avós representan unha fonte de transmisión de saberes do pasado de forma directa e en vivo. Ademais, os vínculos cos descendentes de distintas idades son decisivos para forxar o carácter e cultivar os rasgos máis esenciais da nosa personalidade.

S3A

ADEGA: Loitando contra a contaminación

Un dos maiores problemas dos nosos días para a natureza é a contaminación que se está a incrementar.
Pero realmente , o que nós queremos é isto , un mundo que non estea limpo , onde a auga non sexa pura e limpa. Hai xente que sí quere e defende este un mundo idílico onde a auga sí sería clara e limpa , pero tamén hai outros , que non fan nada para que isto poida ser positivo.
Para iso, que facer?
Primeiro, debemos concienciarnos da importancia que ten a contaminación para o nosos entorno.
Como xa sabemos a contaminación e un dos problemas da actualidade como: as drogas, a economía, o desemprego…Pero este problema e máis grave que os anteriores e preguntámonos: por que? Porque e o noso fogar, non podemos destruír este e logo irnos a outro xa que solo temos un e hai que aprender a cuidalo.
Como podemos facelo?
Ademais, a contaminación é un problema grave contra o que hai que actuar xa. Sen escusas. A comodidade duns poucos estanos custando moi cara a todos, e as súas consecuencias nun futuro poden ser incluso maiores.

T6B

Comunicación: cando se unen o mundo laboral e o familiar

A primeira parte do noso proxecto TS implica a observación da comunicación entre as persoas segundo os distintos ámbitos. Neste post poñeremos un exemplo que une relación familiar e laboral. Se vos animades, podedes  darnos a vosa opinión e contarnos algún outro exemplo parecido a este que coñezades.

Sergio levántase todos os días ás 7 da mañá para ir traballar á empresa familiar. Leva con esta rutina xa máis de dezaseis anos.

Na empresa de Sergio son oito traballadores, ademais de el e a súa nai, que son os encargados. Entre eles, a comunicación non é moi fluída porque cada un ten unha maneira moi diferente de facer as cousas, a pesar da confianza familiar que os une. Neste caso particular atopámonos con que a relación familiar non se reforza en absoluto por pasar o tempo laboral xuntos: ao saír do traballo, os temas de conversa seguen a ser os mesmos, e Sergio e a súa nai non pasan a ter unha relación máis estreita nin conseguir unha maior confianza en temas persoais.

Obviamente, non estamos suxerindo que todas as relacións deste tipo teñan a mesma consecuencia. Por isto, podedes compartir aquí as anécdotas que recordedes, para que poidamos comparar diferentes situacións.

S3A

ADEGA: Máis de 25 anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo en Galicia

A educación ambiental (EA) para o desenvolvemento sustentable estase a converter nunha necesidade ineludible. Se queremos sentar as bases para satisfacer as necesidades máis perentorias que enfronta o noso planeta deberiamos: deseñar un sistema económico que, satisfacendo as nosas necesidades, non poña en perigo as das xeracións futuras; e reconstruír un mundo de equidade para superar a inxustiza, desigualdade e espolio medioambiental que definen ao que temos.
Pero para que estas palabras tan fermosas –sustentabilidade, desenvolvemento sustentable, equidade,…- teñan algunha significación real, precísase da vontade política necesaria que as plasme en leis e feitos concretos co fin de edificar unha nova orde económica e social.
En ADEGA contribúen a acadar o cambio necesario nos valores da sociedade galega, tanto das persoas adultas como das máis novas, que conduza a unha nova forma de participación social na que podamos empregar os recursos naturais dunha forma sustentable. Asimesmo, desenvolve programas específicos sobre distintas temáticas, que conxugan a aprendizaxe co desenvolvemento dunha participación activa cidadá na resolución dos problemas ambientais.
Neste sentido, o noso grupo ProT tivo a oportunidade de participar nalgúns dos seus talleres dedicados aos máis novos. Así pois, o pasado día 21 de febreiro e este xoves 28 asistimos a un cursiño de “Recilaxe” onde nenos de entre 3 e 8 anos aprenderon a facer papel a partires de follas vellas de xornais. Para a próxima semana, hai programada outra actividade. Esta vez consiste en levar a un grupo de rapaces á desembocadura do río Eo para analizar as súas augas. No que a Educación Ambiental se refire, ADEGA non para!

T6B

Diferenzas na comunicación

Comportádesvos na casa, cos vosos pais, do mesmo xeito que o facedes cando vos atopades cos vosos amigos? Falades da mesma maneira? E cando tratades cos vosos xefes? Considerades que hai diferenzas entre como se comunican as persoas que viven no medio rural e as que viven no medio urbano?

No noso proxecto para o TS, intentaremos ilustrar estas situacións, dar mostra e exemplificar como todo o mundo cambia os seus rexistros á hora de comunicarse cunhas persoas ou con outras, dependendo de moitas variantes. Por exemplo, todo o mundo fala dun xeito moito máis coloquial e liberado cos seus amigos, utilizando tacos, usando palabras comodín… vaia, exercendo a confianza que permite a relación; e cambia inmediatamente de rexistro se ten que falar co seu profesor.

Durante a realización do noso traballo observaremos o comportamento de diferentes persoas tendo en conta o seu ámbito: no traballo, na facultade, no medio rural, na familia, cos amigos, etc. e iremos confeccionando unha memoria na que arquivaremos os diferentes patróns de conduta condicionados polos diferentes ambientes.

Convidámosvos tamén a que expoñades, se queredes, as vosas experiencias e anécdotas con relación a todo isto. Algunha vez vos sentíchedes incómodos ao atoparvos en medio dos vosos amigos estando os vosos pais diante?

S3A