Arquivo do blog

Itínera I: Historias da mente

Aquí vos deixamos, o grupo T7A, este documental sobre o punto de vista que teñen os expertos respecto á situación actual no referido aos enfermos mentais, os psiquiátricos, e as asociacións de voluntariado, como Itínera, que traballa prestando a súa axuda a toda esta xente afectada por algunha enfermidade mental.

Esperamos que vos guste e, sobre todo, que vos faga reflexionar sobre este mundo esquecido.

Espazos (II)

O flâneur, como sabedes, non é só un simple observador. Senón, o meu amigo -do que vos falaba no anterior post- e máis eu seríamos simples miróns, voyeurs. É por iso que, sacando de experiencia propia, vexo que a xeocomunicación está tan interiorizada en min que non o noto como algo alleo. O meu amigo e máis eu non nos obsesionamos, como lle acontecera a unha rapaza segundo comentaba o profesor nun dos posts. É máis, somos víctimas dos itinerarios que a comunidade e as situacións van -pouco a pouco- marcando en nós.

Botando a vista -por exemplo- a In the mood for love, vexo a importancia dos espazos. Podemos ver como os itinerarios de ambos protagonistas van mudando moi lentamente -por circunstancias e motivos diversos- ata chegar a entrelazarse. E é aí cando xurde a necesidade de crear un espazo común a eles dous.

Creo que isto é moi clarificador -a presión do contexto que sufren- na ocasión na que ela queda recluida no cuarto do veciño, ao estar o resto xogando ao Mahjong. É totalmente tanxible como eles se recluen nese pequeno espazo creado. Supoño que é por iso que botan man dun hotel, dun cuarto de hotel alleo á rede da súa veciñanza. Así, constrúen ao longo do tempo outro espazo completamente novo para eles dous, distanciándose das presións. Logo xa podemos ver que este espazo artificial, ficticio, ese ecosistema de dous, non pode subsistir. Quizais por inanición, por causas externas, por deus sabe que.

Extrapolando o tema dos espazos e os itinerarios ao meu amigo, contareivos. O outro día íamos, de novo, paseando. Desta volta, el preferiu ir por un sitio distinto. A min estrañoume moito, adoitabamos dirixirnos sempre ao Preguntoiro, onde hai moita xente e podemos xogar a observar, xulgar, analizar ao resto dos transeúntes. Como non, había un motivo para este cambio de ruta. Un novo punto de referencia no mapa do meu amigo que non existía no meu. A casa dunha rapaza. El quería pasar preto, mudar o itinerario para, como non, obter a sorte de que se producise un encontro “casual”. (Había, como non, un interese pola súa parte.)

E, despois dese día, seguimos igual, pasando por esa mesma rúa como antes pasabamos polo Preguntoiro.

Ramos Cuba, Laura S3B T7A

Espazos (I)

Logo de ver os filmes e botarlle un ollo aos apuntamentos, lembrei a un dos meus mellores amigos. Durante o curso vivimos na mesma cidade, e acostumamos pasar moito tempo xuntos. O certo é que, aplicando o coñecemento desta materia ao noso comportamento, as cousas encaixan e cobran sentido dun xeito curioso. Non vexo mellor xeito de mostrar o contido transversal aos filmes e aos apuntamentos que este.

Dende hai moito tempo acostumamos a xogar ao mesmo cando imos andando pola rúa. Observamos a multitude. Porque esa señora leva a carteira, ese home leva un calcetín de cada cor e esa rapaza estrea roupa, se o rapazo do seu lado debe de ser o seu pretendente,… Adoitamos analizar as relacións entre os transeúntes, as súas posibles aspiracións, o seu comportamento, os seus itinerarios,… Adoramos facelo. Outras veces temos xogado a subvertir a situación. Lembro que unha vez simulamos unha discusión doméstica na cola dun supermercado.

Teño a teoría de que o humor se fundamenta únicamente na transgresión -maiormente, transgresión social-. Supoño que por iso nos facía gracia. Estabamos a descolocar o encontro e a situación, a ser ilóxicos fronte ao contexto dado. (Do mesmo xeito que o xornalista no bús en Gente di Roma).

Aí onde radica unha parte de ser flâneur. No asombroso xogo de descubrirse a un mesmo nos outros (dende esa óptica de mero observador). E será por iso que adoramos o xogo.

Ramos Cuba, Laura S3B T7A

Isto é todo, amigos!

Este post chega un pouco tarde. Realmente, non queda moito máis para contar do noso proxecto. As actividades están feitas, a memoria tamén e só fica dar media volta para pechar definitivamente a porta do S3B.

Agora, ademáis dos documentos recabados e producidos, só nos queda a experiencia. Comprendimos máis as dinámicas de exclusión, desenganamos un pouco sobre os propios preconceitos que tiñamos artellados arredor da drogadicción e, por último, aprendimos un pouco máis sobre o común, sobre traballar en común. E isto aplícase tanto aos organismos dos que botamos man para o proxecto como ao propio traballo xa que, como a maioría de vós saberedes, coordinar a varias persoas nunca é fácil. Precísase man esquerda e implicación por parte de todos os membros.

Nesta última semana cada un de nós andivo a recolectar neste blogue as súas aportacións. Dentro de nada, a coordinadora enviará as memorias individuais de cada un ao profesor, para que este poida xulgar.

Só queda pois, pechar este capítulo co rogo dunha avaliación xusta e positiva. Constructiva e comprensiva.

E, a vós, aos poucos que vos aventurástedes a abrir os nosos breves reportes quincenais e lernos…

Moitísimas grazas pola atención prestada!!

S3B

ITÍNERA I: ÍTACA

Finalmente, imos camiñando decididos pola recta final do proxecto. O noso obxectivo principal -a creación dun testimonio audiovisual- está xa case rematado, a falta duns pequenos retoques na edición. Pronto poderedes velo.

Hai que dicir que traballar nisto non foi sempre fácil. Para comezar, caímos na conta -como parvos- de que gravar a doentes non ía ser coller a cámara e xa. A maioría eran reticentes a identificarse en público como persoas afectadas por algún trastorno mental. Para os restantes -internos no hospital psiquiátrico, por exemplo- precisabamos un permiso especial.

Por suposto, solicitámolo no gabinete de comunicación correspondente e… aínda hoxe continuamos a agardar unha resposta.

Porén, isto non nos desanimou. Logo dunha enriquecedora experiencia nun Curso de Formación para o Voluntariado en Saúde Mental (organizado por Itínera), mudamos levemente o foco do traballo. Crimos que resultaba moito máis operativo e interesante enfocar o audiovisual cara a propia rede que sostén ás persoas usuarias de Itínera.

A cousa non saíu mal de todo. Gravamos as declaracións de Luis Vázquez -psiquiatra do antigo psiquiátrico “Los Abetos”-, Maika Viz -traballadora social do hospital psiquiátrico de Conxo-, Carlos Martínez -psicólogo e coordinador de Itínera-, Esperanza Sánchez -enfermeira na unidade de Coidados Continuos do hospital psiquiátrico de Conxo-, etc.

En contra do que poida parecer, non deixamos de lado o inmenso labor do voluntariado na rehabilitación social dos doentes. Gravamos tamén as actividades desenvoltas por Itínera e aos propios voluntarios. Sen a súa labor e experiencia nada do temos feito gardaría sentido.

Pretendemos, pois, que isto sirva como pequeno resumo do traballo realizado. Resulta obvio que é imposible recoller neste curto número de caracteres todo o que sacamos de vivir esta experiencia. Seguramente a propia peza audiovisual se quede escasa. Aínda así, esperamos que vos sirva para atisbar unha pequena esencia do que significou para cada un de nós ver, ,vivir, sentir nas nosas propias carnes, esta denostada, marxinada, esquencida realidade.

T7A

Drogadicción: memoria

Estes últimos días foron algo abafantes. Mudamos de actividade ao ver que ía ser inoperativo realizar unha exposición o día 30. Estamos dándolle os últimos retoques ao glosario sobre drogadicción -a actividade pola que trocamos a exposición-. Nestes días, tamén entrevistamos  Carmen Avedaño -presidenta e coordinadora da Fundación Érguete-Integración-. Recollimos as súas palabras e pronto poderedes ver as súas declaracións neste blogue.

Por outro lado, seguimos ás voltas coa memoria. Require certo traballo botar a vista atrás para recoller todo o sembrado ao longo deste cuatrimestre. Aínda así, sempre é algo necesario.

No anterior post grupal facíase alusión á relación de Marcial Dorado co actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O político aseguraba que iso pasara hai moito tempo, e que non sabía que estaba a tratar cun narcotraficante. Ou, o que é mellor, que daquela non estaba inmerso nesas actividades criminais.

Lonxe de cuestionar ou non a veracidade das súas palabras, o que queremos remarcar é a necesidade de non esquecer. Non esquecer nunca o perigo das drogas, non esquecer nunca quen é Marcial Dorado, quen son os culpabeis da xeración perdida dos 80. Lembrar, lembrar sempre todo o que se pode perder cun simple momento de falta de control.

S3B

ITÍNERA I: Un hasta luego, que no un adiós.

Nuestra aventura descubriendo los entresijos del Hospital de Conxo y la labor de todo el personal del mismo centro, así como la actividad de la asociación Itínera ha llegado hoy a su término. Como colofón final, hemos asistido a una de las múltiples alternativas que desde Itínera ofrecen tanto a internos como a pacientes externos del lugar.  El entretenimiento de los viernes, el fútbol. Allí se reúnen decenas personas para compartir una tarde de diversión, compañerismo y amor por el deporte.

Los entrenamientos comienzan con un exigente calentamiento, precedido de  una serie de ejercicios que ponen en marcha a estos jugadores amateur. Su empeño y sus ganas hacen que valga la pena incluso aguantar chaparrones. Y es que nada frena el afán por entretenerse que mueve a  este grupo que se toma la actividad con  seriedad, sin olvidar que el objetivo principal es disfrutar, ponerse en forma y compartir una magnífica velada con sus compañeros.

Finalmente, organizan un pequeño partido en el que sacan a relucir sus mejores tácticas. Las risas ensombrecen la técnica y la competitividad. Lo que resta es el momento. Unos instantes de gozoso desahogo y distracción que cumplen con  el ideario, la meta del programa, que no es otra sino facilitar la integración de los dolientes.

Día 4 (10)

Día 4 (9)

Día 4 (7)

Como grupo, nos sentimos muy agradecidos por el trato recibido durante estos últimos meses por parte de estas instituciones. Gracias a la libertad con la que hemos podido obrar, hemos sido capaces observar de un modo completamente distinto y desde “el otro lado” cómo viven  las personas con problemas psicológicos y cuál es la actuación y visión de aquellos que tratan directamente con ellos.

Un sano ejercicio que nos ha permitido borrar estigmas vinculados al tema y, tristemente, muy enraizados en la sociedad actual.

T7A

Drogadicción: os amigos da droga

O pasado luns saían á luz unhas fotos do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do contrabandista Marcial Dorado durante os anos 90. A resposta cidadá non se fixo esperar e ao enfado e descontento xerado temos que engadir a petición da oposición de que Feijóo abandonase a presidencia. Unha das principais voces que quixeron recoller os medios de comunicación foi á da presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño. Carmen, á quen teremos oportunidade de entrevistar para o noso traballo de TS, leva toda unha vida loitando contra o narcotráfico, polo tanto ninguén mellor que ela para dar a súa opinión.

Aínda que Carmen declarou en varias entrevistas que non ten por que dudar da palabra de Feijóo ao este afirmar que non coñecía as actividades de Dorado, deixa ben claro que en Galicia no ano 87 todos sabían donde procedía o patrimonio de Dorado, a quen denunciou ela mesma ata en tres ocasións.

Isto lévanos a reflexionar que ao inmenso problema da drogadicción súmaselle outro non menos importante, o tipo de relación que existe entre a clase política e os narcotraficantes. Érguete ou Proxecto Home empregan todas as súas forzas para recompor a vida de todos aqueles que caeron nas drogas e na prevención de futuros casos. Mais para que todos os esforzos sexan efectivos precísase contar co apoio dos gobernantes, que moitas veces non sabemos claramente de que bando están. Como declarou Carme “hai que ter coidado con quen se fotografía un”.

Imos pornos en contacto con Carme Avedaño para realizarlle unha entrevista sobre todos estes temas e que vos deixaremos nun post para que poidades acudir a ela.

S3B

ITÍNERA I: TESTIMONIOS

Estas últimas semanas, gravamos o testimonio de Carlos Martínez -o coordinador de Itínera e o noso principal guía neste proxecto- e achegámonos ata o mesmo Hospital Psiquiátrico de Conxo para falar con algunhas das traballadoras do centro. Concretamente, con dúas das enfermeiras e con Maika Viz, a traballadora social da Unidade de Rehabilitación e o noso contacto dentro do hospital.

A experiencia, certamente, foi enriquecedora. Por primeira vez puidemos entrar no hospital psiquiátrico, e quedamos verdadeiramente abraiados. Esperanza Sánchez Fernández, enfermeira do Equipo de Continuidade de Coidados, falounos do trato dispensado aos pacientes, da verdadeira loita do persoal sanitario para acadar o nivel de funcionamento do centro, e da crise que se está a sufrir actualmente. Polo seu lado, e na aula-escola (agora xa abandonada) do hospital, Maika Viz narrounos a historia do centro dende que abriu as súas portas, hai xa máis de un século.

Pola súa parte, Carlos Martínez mostrou a outra cara da realidade falando da paradóxica boa situación que está a gozar Itínera actualmente. Moitos dos voluntarios que agoran acoden en masa á asociación son profesionais que, ao ficar en paro, decidiron botar unha man no campo no que están xa especializados.

Ademáis disto, e fora da realización do documental, atopamos a asociación pro-saúde mental da Creba, formada por profesionais e familiares de afectados por doenzas mentais. Esta asociación, que conta xa case con dúas décadas de andaina, adícase sobre todo ao apoio e orientación aos afectados por algún tipo de trastorno mental e máis aos seus familiares. O gratificante desta descuberta foi que veñen de estrear este mesmo ano un documental: Con Etiqueta. O documento audiovisual aborda nunha parte exactamente o que nós queremos contar no noso pequeno proxecto. Isto é, a perspectiva dos profesionais fronte ás persoas con algún tipo de doenza mental.

A próxima semana visionaremos o documental e barallaremos a posibilidade de contactar coa asociación. Ademáis disto, seguiremos coa gravación. Desta volta, gravaremos o testimonio dos voluntarios e mesmo algunhas actividades dos usuarios de Itínera.

T7A

Drogadicción: todos dentro

O outro día, por fin puidemos entrevistar a Purificación García e Pilar Sabio, educadoras na UMAD (Unidade Municipal de Asistencia á Drogodependencia). Tras a longa conversa mantida, e a pesares de saír con moi boas vibracións e colmados de informacións e novos materiais, fixámonos nun punto negativo.

Realmente, obsérvase unha franca carencia -cada vez máis fonda por mor dos recortes- no tratamento das persoas que acuden á UMAD. A tendencia é a centrarse no “problema” en cuestión (a adicción, os problemas legais,…) deixando de lado outros avatares complementarios ao mesmo -que poden ser incluso causas ou consecuencias do mesmo-.

Con todo, o que máis nos sorprendeu foi a versatilidade coa que se desenvolven no seu traballo. Pilar e Puri levan traballando dende hai décadas no centro, e coñecen todos os segmentos de poboación que alí acuden. Dende os supervivintes á vaga de drogadiccións dos anos oitenta, ata os mozos do botellón, pasando por un amplo abano de persoas.

Un bo exemplo disto son as actividades realizadas en conxunto co Secretariado Xitano, abarcando ese segmento de poboación cigana co que tanto lles custaba contactar. Froito desta experiencia -difícil e fermosa, así a definen-, naceron varios documentos audiovisuais cos que contamos. Actuacións, curtametraxes e demais que esperamos poder usar para as reseñas programadas.

Polo demais, imos pornos xa en contacto con Carme Avedaño para unha entrevista, completando así o ciclo das tres entrevistas propostas. 

Itínera I: la solidaridad no sale rentable.

Galicia vacía los psiquiátricos y lleva a los enfermos a geriátricos”

Bajo este titular, el periódico El País abría la sección de “sociedad”, hace tan solo unos meses.

En un contexto de crisis económica – y social –, los hospitales psiquiátricos se han sumado a la larga lista de perjudicados. Pero tras estos hospitales, no hay solo papeles, dinero, cuentas y números; hay vidas.

En el curso de voluntariado de Itínera, celebrado el pasado mes, los representantes de las diversas asociaciones más importantes se reunieron con el fin de debatir uno de los asuntos de más relevancia de los últimos tiempos: la falta de recursos.

IMG_5392

Carlos Martínez, coordinador de Itínera, hace hincapié en la necesidad de un cambio de mentalidad, preocuparse más por la gestión, y reformar la estructura para mejorar el servicio.

Por su parte, Ignacio Valverde, representante de la asociación Xaruma, apuesta por la especialización y el intercambio de experiencias y actividades entre asociaciones.

Olga Iglesias, de Fonte da Virxe, hace referencia al asunto que trataba la noticia de El País, al denunciar la mala gestión y la despreocupación por parte del Sergas: “existe una mala gestión de los políticos, incluso hasta el punto de mandar a los enfermos a residencias. Las familias son las grandes afectadas: los enfermos ingresan en el hospital cuando la familia ya no puede más. La Administración pasa literalmente de estos enfermos”.

Por último, el presidente de FEAFES (Familiares y Personas con Enfermedad Mental), aporta un punto de vista más social, humano, al añadir que se debe luchar por la posibilidad de que alguien con trastorno psíquico pueda ser un ciudadano más, y ser feliz. Remata diciendo que vivimos en un estigma, y aboga por luchar contra la exclusión social que actualmente padecen.

Durante este último mes, hemos asistido a cursos, nos hemos documentado exhaustivamente, y hemos entrevistado a expertos en psiquiatría y representantes de Itínera y el Hospital Psiquiátrico de Conxo. Hemos encontrado historias, anécdotas, información prácticamente desconocida para todos aquellos que se quedan con las primeras planas de los periódicos, hemos encontrado esperanza, empatía y mucha solidaridad. Pero hay un denominador común que se repite constantemente, y es la falta de ayudas.

Somos conscientes de que, actualmente, apenas existen asociaciones, entidades o servicios que cuenten con la suficiente ayuda para mantener un mínimo de estabilidad necesaria para continuar adelante. Pero, ¿hasta qué punto podemos dejar que la falta de recursos repercuta en estas entidades? Recordad que estamos hablando de vidas. Vidas que dependen de la ayuda de estas asociaciones.

T7A

Drogadicción: a rede de apoio

Trala palestra de Carme Avedaño -portavoz de “Nais contra as drogas”-, esta semana afondamos máis na importancia do apoio aos drogodependentes, sobre todo nos círculos máis familiares. Así, visionamos o filme “Heroínas”, que narra unha historia que todos coñecemos: a da vaga de droga dos anos 80 que arrasou en Galicia a toda unha xeración de xente nova.

O fío argumental conta a dura loita que unha nai ten que afrontar para axudar ao seu fillo drogadicto e mostra tamén a importancia das redes de apoio para estes doentes. No filme móstranse algunhas, como as creadas polas nais dos afectados ou daqueles centros de desintoxicacións.

Por outra banda, nós na vida real acudimos a unha reunión con persoas que fan posible que esta rede funcione e lles impida aos drogodependentes seguir caendo nesa espiral nociva das drogas. Achégamonos á UMAD (Unidade Municipal de Atención á Drogodependencia) para visitar a Purificación, a responsable dos asuntos legais, e a Pilar Sabio, traballadora social. Tras conversar co persoal do lugar, concertamos unha reunión para unha posterior entrevista. Deste xeito, gardaríamos os seus testimoniso para o proxecto.

Barallamos a posibilidade de achegarnos á sede de Proxecto Home en Santiago de Compostela, mais é unha cuestión que fica aínda no aire. Aparte disto, preparamos xa unha remesa de arquivos audiovisuais e documentais que utilizar para enriquecer máis o noso proxecto.

S3B

ITÍNERA I: UNHA FORMA DE ACHEGARSE A UN MESMO

A nosa mente é unha reconstrucción en pequeno do que é a nosa vida. Por iso, co noso traballo en Itínera queremos achegarnos a estas persoas que sofren algún trastorno psíquico para reconstruír o seu mundo.

No noso grupo vamos a elaborar unha minireportaxe incidindo nos problemas aos que teñen que enfrontarse os usuarios con enfermidades mentais; veremos unha visión personalizada do problema e contaremos con algúns expertos que nos axudarán a visualizar mellor esta realidade. Mañá mesmo temos concertada unha entrevista con Luís Vázquez, este licenciado en Medicina especializouse na rama de psiquiatría  e traballou durante doce anos no Centro Psiquiátrico de A Coruña. Para complementar isto, o martes tamén visitaremos a Maika Viz, traballadora social no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Tamén asistimos durante a fin de semana pasada á primeira xornada do Curso de Voluntariado que leva a cabo a Asociación Itínera e que se realiza na Facultade de Matemáticas da USC. Finalizaremos esta actividade mañá onde se tratarán temas como o reto do emprego para persoas con enfermidades mentais ou os efectos da institucionalización sobre os doentes, entre outros. Se alguén quere acercarse a escoitar estas charlas pode facelo sen ningún problema xa que son conferencias en aberto.

Xa temos algunhas actividades planeadas cos usuarios de Itínera, entre as cales atópase pasar un día en Merza onde teremos a oportunidade de acercarnos a eles mentras facemos sendeirismo ou desfrutamos dun picnic. Esperamos que o noso próximo post conte con fotografías do noso traballo para que vexades a gran forza de superación que poseen estas persoas e o apoio imprescindible que lles ofrece Itínera.

T7A

Drogadicción: España, o maior consumidor de droga de toda Europa

Entre os españois, a porcentaxe de persoas «enganchadas» ás drogas case duplica a media da UE. Especialmente en Galicia, a drogodependencia é unha das principais problemáticas que afecta á mocidade actual. Por todo isto, queremos resaltar o profundo interese que albergamos cara este tema e cara os seus efectos e recepción por parte da sociedade.

No noso traballo de seminario tentaremos afondar na temática da drogodependencia e, máis concretamente, na súa superación e na reinserción social posterior. Para levar a cabo o dito, contamos coa colaboración confirmada dos traballadores da UMAD (Unidades Municipal de Asistencia á Drogodependencia) e co posible apoio do Proxecto Home. Ademais do anterior, tamén rescataremos experiencias persoais de drogodependestes e exdrogodependentes que nos axuden a comprender mellor as dificultades que afrontan no seu día a día.

En canto ás accións xa emprendidas polo grupo, este martes asistimos a un Diálogo con Carmen Avendaño na Casa da Cultura e Solidariedade de Santiago de Compostela. Carmen Avendaño é a portavoz de «Nais contra a Droga», a cara visible dunha experiencia de loita contra o narcotráfico na Galicia dos anos 80 e 90. Se vos interesa o tema, tedes á vosa disposición Ni locas, ni terroristas (Parte 1; Parte 2), un documental no que se reflicte a actividade realizada por esta asociación. En relación a isto, cómpre dicir que temos concertada unha entrevista para falar máis polo miúdo con Carmen.

Por todo isto, agardamos que este traballo sexa do voso interese e que preguntedes e compartades todo canto desexedes, como tamén nós o faremos convosco.

S3B