Arquivo do blog

“Conclusións do conficto”

Chegamos ó final do noso traballo e co que levamos investigado chegamos a unha serie de conclusións con respecto ó conflicto que aconteceu o cuatrimestre pasado en relación do tema que tratamos: Privacidade en Internet, límite entre liberdade de expresión e delicto. Despois de falar con avogados, psicólogos, con membros da policía local, e afetados deste tema (compañeiros e persoas anónimas) e demais membros do orde chegamos á conclusión de que a sociedade aínda toma as redes sociais coma un xogo onde pode expresar o que pensa sen sufrir as consecuencias do que se fala. Ó estar diante dunha pantalla e non cara a cara, suélese pensar que o que se di non terá repercusión e incluso ás veces a xente chégase a crecer e pásase da raia. As charlas e entrevistas cos profesionais relacionados con Internet serviron para comprobar que esa seguridade que aporta estar detrás dunha pantalla non é maior que se fose cara a cara, debido ás consecuencias que estes comentarios terían. Unha falta ó respeto por Internet ten as mesmas consecuencias que se se fixera directamente á persoa. Incluso as faltas graves ou ameazas poderían ser castigadas con importantes multas, ou cárcel nalgúns casos. Esta información pásase por alto moitas veces cando escribimos en Internet. No caso que tratamos e sufrimos no pasado cuatrimestre, o castigo podería ser moi grave no caso de que se levara a cabo unha denuncia, por uns comentarios en teoría sen consecuencias. Por iso animamos á xente a pesar antes de escribir e recordar que en canto algo se publica en Internet, deixa de ser noso, para ser público e de todos.

Codesido Leborán, Mateo S1E, 1B2

El derecho de reunión, ¿en peligro?

El ejercicio del voto cada cuatro años es percibido por muchos españoles como insuficiente (yo me incluyo entre ell@s). Si aun por encima el político de turno llega al gobierno con un programa concreto y, una vez en el poder, opta por incumplirlo sistemáticamente, el panorama es realmente desolador; eso quiere decir que nuestra capacidad de decisión en los asuntos de Estado, en asuntos que nos competen porque rigen nuestras vidas es, en la práctica, nula. Para contrarrestar este despotismo, la desobediencia civil se convierte en un arma decisiva con la que el pueblo cuenta en legítima defensa de sus derechos. Martin Luther King, durante la revolución negra de los años 60, la practicó y, con su filosofía de acción directa no violenta, la comunidad negra se liberó del segregación racial que pervivía en una sociedad autodenominada (y reconocida como tal por sus parteners) democrática como la estadounidense. Vivimos años de recortes sociales, pero también de libertades y, por ende, nuestros derechos políticos están en juego. Poco a poco se están conociendo más detalles de la  reforma del Código Penal que anunció el ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, en la que se equiparará la resistencia pasiva a delitos de atentado contra la autoridad. Además de considerar un delito de integración en organización criminal difundir a través de Internet y las redes sociales convocatorias “violentas y que alteren el orden público”, se considerará un ataque a la autoridad encadenarse por los brazos unos a otros. Las redes sociales desempeñaron un papel fundamental en las primaveras árabes y en el 15 M español. ¿Será considerado este último una organización criminal?

http://www.publico.es/espana/430225/encadenarse-con-los-brazos-sera-atentado-contra-la-autoridad

Montes Mariano, S2B, 3A4

“Ciberbully”

Esta película, dirixida por Charles Binamé, escenifica o caso dunha adolescente que se ve afectada polo acoso na rede. Taylor Hillridge, unha adolescente a que lle regalan un ordenador polo seu aniversario, ve neste novo medio para comunicarse unha independencia e unha liberdade da que nunca antes gozara. Pero esta ilusión pronto de desvanece e a protagonista convértese nunha vítima de acoso cibernético por medio das redes sociais. Asustada, sen saber a quen acudir e sen que ninguén do seu arredor soubese o que estaba a acontecer Taylor chega ata o punto de intentar suicidarse. Debido a isto, unha vez que súa nai se fai cargo da situación, intentará por todos os medio mellorar o sistema escolar e a lexislación estatal vixente existente no momento para que casos como o da súa filla non se volvan a repetir.

Este filme, de acordo co tema a tratar no noso traballo TS, será proxectada o martes 17 de abril as cinco da tarde na facultade. Aconsellámosvos e pedímosvos que acudades a vela, xa que é un tema que, aínda que a veces non nolo poida parecer, nos concernente a todos e está a orde do día no ámbito da evolución dixital.

Aquí vos deixamos o tráiler da película:

http://www.youtube.com/watch?v=5ylLHvqpmEI

Álvarez Patiño, S1E, 1A3

Social nets killed the local star!!!

Falouse, fálase e falarase moito, neste blog e noutros blogs, en webs, xornais, revistas, faladoiros, conferencias e quen sabe en cantos outros lugares, contextos e circunstancias das virtudes e defectos das redes sociais internáuticas, é dicir, de Facebook, Tuenti, Twitter e demais fauna virtual. E, despois desta longa e complexa frase introductoria, engadirei unha apreciación máis a este debate entre amantes e detractores das ‘social networks’, sen falar nin das susoditas virtudes nin dos susoditos defectos, senón de algo máis sinxelo, evidente e menos polémico: os seus efectos.

Pero, e aquí está a cuestión primordial, é necesario saber diferenciar de entre todos eses efectos o quis, o quid, o quomodo, o cur, o quando e, especialmente, o ubi, no noso caso referido sempre a un espazo local, non global. Do quibus auxiliis xa falaremos máis adiante. Pero comecemos polo principio.

O efecto coñecido como quid é, neste caso, o fluxo de información, que pasa de ser algo unívoco e unidireccional a convertirse nun totum revolutum (e dálle cos latinismos…) no que todo o mundo quere, pode e necesita ter a voz cantante.

O caso do quis é se cadra un dos máis relevantes, xa que, tal e como avanzabamos no titular, remata coas ‘local stars’ e profetiza o dominio das ‘social stars’. Neste novo mundo informatizado xa non é o alcalde o que ten todo o poder sobre o que se publica, xa non é o xornalista de delegación o que decide a axenda do público. Agora case todo está na rede, e cada un pode informarse segundo lle pete, buscando ós mellores e máis fiables (ou non) informadores ou creadores de opinión, as susoditas ‘social stars’.

E aquí é cando chega un dos principais hándicaps deste novo dominio da rede: o quando. Se ben é certo que as novas xeracións están moi influídas por esta nova orde da comunicación, tamén é certo que as xeracións máis vellas (e incluso as que non o son tanto) non están actualizadas como “deberían”, especialmente en moitas zonas rurais, da mal chamada ‘Galicia profunda’ (voltamos outra vez ó ubi).

Dúas cuestións secundarias pero non por iso banais, son as referentes ó quomodo e ó cur. Da primeira diremos que paseniñamente polo de agora, sempre de abaixo cara arriba, e da segunda que por pura necesidade de expresión.

Xa por último queda unha cuestión importantísima, que non debemos obviar en ningún momento, e que é a maior causante de debates sobre o tema das ‘networks’: o quibus auxiliis, é dicir, os instrumentos utilizados para construir a información. O xornalista adoita usar os coñecementos previos, a documentación e, como todos saberedes, as tan necesarias fontes. Pero son eses os materiais que utiliza a ‘social star’ para elaborar os seus textos? Agardo os vosos comentarios para poder averiguar algo máis sobre o tema…

Baruk Domínguez Grandío CLX4