Arquivo do blog
“ProT: Sen a sociedade non seríamos ningúen”
Posted by seminariocomunicacion2
Esta foi a frase elixida por Alberto Varela, xornalista de COPE Santiago, para pechar a entrevista que mantivemos hoxe mesmo na sede da cadea. El, un dos poucos xornalistas que paseaba os corredores da radio por ser día de folga xeral, concedeunos a entrevista sen problema ningún pese á falta de tempo para preparar o informativo da tarde, unha présa que soubo disimular nas súas respostas.
En primeiro lugar estábamos interesados en averiguar se el, coma xornalista e condutor dun dos espazos da COPE con máis temática social no ámbito local, pensaba se as radios atendían verdadeiramente ós intereses da cidadanía. A súa resposta non só foi positiva senón que tamén nos falou de “relacións de favores”. Así, explicounos que traballando para a CADEA Cope, é normal que asociacións coma Cáritas, a Cruz Vermella ou mesmo Mans Unidas tivesen bastante protagonismo nas programacións.
Fernández Fernández, S2B, 2A3
Publicado en Documentos
Etiquetas: 2010-2011, Comunicación Local, Cope, Radio, Responsabilidade social
“Prot: Entrevista ós xornalistas”
Posted by seminariocomunicacion2
A semana pasada fixemos un cuestionario para os xornalistas da Cope no que lles preguntamos polos intereses da cidadanía, pola responsabilidade social da radio, pola responsabilidade que asumen eles á hora de elaborar a axenda temática, polo seu nivel de imiplicación persoal con esta e polo peso final que teñen os temas socias na grella de programación.
Esta semana fomos ata a Cope para poderlles facer unha entrevista en base ó cuestionario pero por falta de tempo, xa que tiñan que facer un programa, non puidemos facerlla e quedamos con eles este xoves para entrevistalos e ver o seguimento que a radio lle dá á folga. Temos pensado seguilos durante todo o día e, sobre todo, facer fincapé nunha entrevista da tarde que se lle fará a algunha persoa relacionada coa folga e a reforma laboral (aínda non nos precisaron quen é).
Por outro lado, pedímoslles un dossier sobre a programación diaria para fixarnos na relevancia que se lle dá ós contidos de corte social durante o espazo informativo. Así, para o pasado martes, a única referencia foi a conexión coa xornalista Patricia Iglesias na Praza do Toural por mor da celebración do día do Párkinson. Para o día seguinte, non atopamos ningún contido de corte social e o xoves, o único que poderiamos relacionar sería a entrevista con Xabier Sánchez, presidente da Asociación de Veciños de Conxo Aberto. Polo tanto, despois de analizar estes documentos, podemos concluír que son escasos os minutos adicados a temática de corte social se o compararmos co tempo que lle adican á política ou cultura.
BOE: http://boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2012-4071
Cruz Portela, S1C, 2A3
Publicado en Documentos
Etiquetas: Comunicación Local, Curso 2011-2012, Radio, Responsabilidade social