Arquivo do blog

Os medios comunitarios

Podemos entender os medios de comunicación como algo que nos proporciona información de xeito regular sobre o que acontece no mundo. Na maior parte das ocasións isto é así pero deberíamos tamén ter en conta os chamados medios comunitarios.

Os medios comunitarios, como Radio Favela, achégannos a información da nosa zona e, polo tanto, a que máis nos afecta no noso día a día. Este tipo de medios permite que todos poidamos participar na elaboración da información converténdonos deste xeito e parte do proceso comunicativo.

Pero tamén cumplen outra función: axudan ás persoas. Como se amosa no vídeo sobre a Rexión de Margarita as veces este tipo de medios tamén son unha forma de escape das persoas con respeto á súa vida cotiá. Cando teñen un problema pódenllo contar a todos mediante a radio, o xornal ou a televisión comunitaria (este último tipo de medio é o menos habitual posto que é máis custoso) e apoiarse no que lle digan os demais. Tamén serven para tratar aqueles temas “tabú” ou que non están ben considerados pola sociedade, no vídeo explícase que isto acontece con frecuencia xa que na Rexión de Margarita non teñen unha total liberdade e empregan estes medios para expresarse abertamente.

En definitiva, os medios comunitarios están feitos por e para a comunidade. Son un bo exemplo da axuda do colectivo por crear algo propio e manterse deste xeito ó marxe de influencias e presión políticas, económicas e sociais. E, apesares de que seguramente moitos deles non cumpran coas regras formais básicas do xornalismo o máis problable é que sexa este tipo de medios o que máis respecte aqueles principios da liberdade de expresión que tanto temos en falta no noso día a día.

Pedrouso Areán, S2E, T3-A