Arquivo do blog

Le han regalado un IPad al abuelo

http://biertijd.com/mediaplayer/?itemid=33329

Estes 32 segundos de vídeo son o mellor resumo para ilustrar o desaxuste xeracional ó que levamos asistindo dende hai xa dúas ou tres décadas. Baixo este “gag” agóchase un bo exemplo dos problemas de adaptación nos que os máis maiores, e non tanto, terminan por caer cando a súa capacidade de asimilar novas realidades se ve superada polas ditaduras do progreso. E é que se o avance técnico non vai acompañado dunha evolución social, inevitablemente nos conduce a caer nunha desconexión, nun desaxuste. En moi poucos anos, e a unha velocidade vertixinosa, en Galicia pasamos de usar o arado a presumir de sementadora ultra moderna. Ou aínda diría máis, pasamos directamente a esquecernos do campo.

Agora estamos atrapados nun limbo, nun punto de inflexión: importamos toda a tecnoloxía que podemos pero non sabemos utilizala. Así, ante nós eríxese unha xeración con problemas para adaptarse a todos estes cambios. Unha ciencia e técnica impostas da que non todos saben aproveitarse, e que moitas veces termina derivando en algo lesivo. Sempre recordarei o día que máis confuso vin a un familiar meu: unha mañá na que intentando pedir unha inofensiva cita por teléfono para o médico, terminou agonizando para conseguir convencer a aquela máquina que lle contestaba de que non quería pulsar ningún botón, que o único que desexaba era falar co doctor.

Evidentemente, a solución do noso protagonista non foi nin daniña nin nociva para el -si para o peto do que regalou o aparto-  pero os problemas de adaptación para estas xeracións, que contemplaron atónitos coma da radio pasamos á televisión, satélite, Internet, TDT e un longo etcétera aínda por descubrir, seguen aí. Con todo, o que máis me intriga disto non son os problemas de adaptación desta xeración pasada, senón os da nosa, do futuro. Nós, acostumados xa ós cambios vertixinosos desta sociedade, que desesperamos cando un maior non entende ou carece da rapidez suficiente para manexar estas tecnoloxías, repetiremos dentro de 40 este patrón? Sexa así ou non, sempre nos quedará o consuelo dunha literatura bravú que nos recorde que, polo menos, non fomos os primeiros.

Fernández Fernández, S2B, 2A3