Arquivo do blog

O negocio local afectado pola crise

A pesar de que a crise leva 4 anos instalada no noso país, en Santiago de Compostela aínda non se tiña notado moito. O turismo é para Santiago o motor básico da súa economía pero nesta Semana Santa e a  pesar de que numerosos visitantes chegaron á cidade, animados polo tempo inestable que reinaba no resto do país, a ocupación mantívose en cifras que roldan o 60%. Esta porcentaxe comparada coa do ano pasado, no que Santiago rexistrou un índice por encima do 70%, supón un revés para a principal fonte de ingresos da cidade, afectando así a negocios locais.

Nos últimos meses o peche de comercios no Ensanche compostelán golpeou con forza no inicio do ano. Establecementos tradicionais e de longa traxectoria, como Álvarez e outros máis modernos como Pórtico ou Andrómenas pecharon ou están a punto de facelo. E non só é que pechen, se non que tamén hai que sumarlle os despedimentos dos traballadores.

Se este panorama continúa así, as estruturas económicas, demográficas e sociais de Santiago cambiarán drasticamente nos vindeiros anos. Compostela non será a cidade que hoxe coñecemos e á que estamos acostumados.

Rodríguez Martínez, Raquel   CL4X

Conde Roa, a nova imaxe de Compostela

Santiago de Compostela, capital de Galicia e da súa cultura, coñecida mundialmente polo Camiño de Santiago, é tamén coñecida ultimamente  polas “ocorrencias” e os actos que protagoniza o seu alcalde, o “popular”  Xerardo Conde Roa.

Dende o 1 de Xullo do 2011, cando o edil compostelán tomou o bastón de mando do concello,  non se deixaron de suceder as novas referidas á súa persoa:  o caso Ángel Espadas, as ameazas ós integrantes do 15M, os insultos ó técnico de iluminación despois dunha obra teatral, o desmantelamento da Sala Nasa, os seus delirios de grandeza de levar o AVE a Lavacolla pasando pola estación e tren e de autobuses, a especial repugnancia que sente por Leo Bassi e xa o colofón, pono a nova que estos días ocupa as principais portadas, a súa suposta estafa a Facenda de case 300.000€.

Estes son só algúns dos casos e dos actos, hai moitos máis, polos que Conde Roa foi e segue sendo portada na información xeral e sobre todo da comunicación local. A súa actitude demagoga, compulsiva e moitas veces sen educación, está sendo obxecto de burla en moitos sectores sociais. É unha pena que unha cidade exemplar como sempre o foi Santiago de Compostela, epicentro do turismo galego, sede universitaria, cuna da cultura, comece a ser coñecida por ter un alcalde ridículo, inconsciente e presuntamente corrupto.

http://youtu.be/BXIK18Ku5YE

Rodríguez Martínez, Raquel  CL4X