Arquivo do blog

Xeración 1: A madurez

Nas publicacións das semanas pasadas, facía unha breve introdución ao tema: as relacións familiares. Comezo esta semana coa segunda fase, a documentación. Despois de contactar co profesor titular de Socioloxía na Universidade de Vigo, Xesús A. Lage, boteille un ollo á Revista de Estudios de Juventud. Concretamente ao número 90 que se adica á Xuventude e familia dende unha pespectiva comparada europea. O tema sempre é a familia, mais aparecen subtemas como o paso á idade adulta, a emancipación dos fillos ou o descenso do número de matrimonios católicos.
A contribución feita por Carmen Leccardi no seu traballo La juventud, el cambio social y la familia: de una cultura “de protección” a una cultura “de negociación” é digna de mención. Por iso eu invítovos á reflexión. Existe realmente unha idade na que te convirtes nun adulto? Como ben intuía Leccardi, esta idade foi mudando ao longo das distintas xeracións. Remontémonos 50 anos atrás…

Familia unida

                                         Foto: http://www.pueblos-espana.org

Fai medio século, un home adulto era aquel que conseguía atopar traballo para logo manter á súa muller e formar así unha familia. Todo isto dáballe a potestade de autoproclamarse xefe do fogar e ter autoridade sobre a muller e os fillos/as. Por outra banda, a muller alcanzaba a madurez unha vez que vivía a maternidade. O seu rol consistía en cubrir as tarefas do fogar, manter o benestar do seu marido e propiciar educación aos fillos.
Hoxe en día considérase adulta, unha persoa que conte con 18 anos de idade. Á súa vez, existen moitas parellas que viven xuntas, forman unha familia e deciden non contraer matrimonio. A finais desta semana comezaremos coas entrevistas. Para adiantarvos algo, infórmovos de que algúns dos entrevistados tiveron que emigrar a países coma Holanda ou Suíza. Suporá unha diferencia con respecto aos entrevistados que viviron sempre en España? E para os seus fillos?

Seijo Vigo, Laura 143 D02

A familia é a familia

Relacións familiares

                                                                                          Recuperado de: http://freexmen.es/familia.htm

      No mundo actual existen numerosas referencias e achegas en torno ás relacións familiares. Dende o punto de vista humán, segue a ser un tema moi recorrido por psicólogos, sociólogos e algúns profesores. Numerosos estudos afirman que os vínculos familiares que poida ter unha persoa, determinarán boa parte da súa vida. Alén diso, a estructura das familias está a sufrir diversos cambios motivados polos acontecementos históricos e os avances tecnolóxicos. Un dos maiores cambios relaciónase coa redistribución da estructura familiar. Actualmente existen diferenzas na división do traballo dentro dos propios fogares, por exemplo, non é igual unha familia na que só traballa o pai ou a nai, ca unha familia na que traballan os dous. No último século multiplicouse tamén o número das familias monoparentais.

Son estas e non outras as razóns que nos levaron á escolla deste tema. Durante as dúas primeiras semanas de clase estivemos axeitando a proposta e perfilando o tema. O noso interese céntrase na análise das relacións interxeracionais, incluíndo as variables temporais e culturais. Deste xeito, buscamos ver como mudaron diversas situacións da vida cotiá, tales como buscar traballo, estudar ou mesmo ligar. Partimos da base das nosas propias familias, entendéndoas como asociacións coas que imos traballar ao longo das vindeiras semanas.

     Imos comezar coa primeira fase que consiste na realización dunha serie de entrevistas persoais dentro das nosas propias familias. Para iso establecemos tres xeracións: a dos nosos avós que comprende idades entre os 70 e os 80 anos; a dos nosos pais, entre os 40 e 50 anos; e a nosa, entre os 14 e os 20 anos. Previamente elaboraremos un cuestionario tipo para que as entrevistas toquen áreas semellantes, porén o ideal é que a conversa flúa e que xordan historias diferentes.

Seijo Vigo, Laura; 143D02