Un ano máis, e o Equiocio xa está aquí de novo. Este salón do cabalo, que se celebra anualmente na cidade de Ferrol, coincidirá este ano coa Semana Santa, e agardan que teña tanto éxito como as anteriores ocasións, xa que sempre hai un cheo absoluto e as entradas esgótanse varios días antes.
Como dixo Rey Varela, esta cita supón “unha importante repercusión para a imaxe de Ferrol no conxunto de Galicia e España”. Aínda que este ano conten con menos presuposto que outros, debido a crise, non se baixará o nivel nas competicións nin nas exposicións de cabalos.
Aínda que a día de hoxe non se coñece todo o calendario de eventos que teñen previsto nin o “famoso” que fará de padriño, agárdase que máis de vinte mil persoas se acerquen ata a cidade e que haxa máis de douscentos participantes nas probas que se vana realizar.
Que a feira do Salón do Cabalo coincida coa Semana Santa en Ferrol, na miña opinión, non é ningunha coincidencia. Que hai crise, é algo innegable, pero a Semana Santa de Ferrol foi declarada hai uns anos de “interese turístico nacional” e penso que pretenden aproveitar o tirón que isto ten, para conseguir máis público. As entradas, non obstante, soen ser baratas, e se andamos con ollo, incluso nos poden saír gratis, xa que a empresas patrocinadoras sempre soen sortean unhas cantas .
Pradera Cibreiro, Sara
CL4X