Arquivo do blog

Sevilla tiene un color especial

Sevilla. Tan diferente de lo que he conocido hasta ahora. Nuestra pequeña Galicia. Tan arriba, tan al norte. Con sus anuncios de una conocida marca de supermercados que nos identifican tan claramente. Con fragas donde antes de quemarse, existía un mundo verde lleno de “meigas”, pues “habelas hailas”, pero ahora ya ni se sabe.

Sevilla. Donde iré el año que viene si los Presupuestos Generales del Estado no siguen recortándose como si fueran trozos de cartulina en manos de parvulitos, y los estudiantes universitarios tengan la oportunidad de seguir disfrutando de las becas Séneca, para poder completar nuestros estudios universitarios en Comunidades Autónomas diferentes a la nuestra.

Schütz, decía que existían varios mundos al alcance de las personas: Uno, el mundo “efectivo”, que se relaciona con el presente; otro llamado  “potencial” que equivale al pasado y el “asequible” para el futuro. Estos mundos estaban interrelacionados a través de la conciencia, la memoria y las expectativas, que reflejan cada mundo por  orden respectivo.  A partir de ahí, se construye un conocimiento, basándose en tus vivencias personales y la herencia cultural que se iba adquiriendo.

En Sevilla, no sé lo que me depara, mi mundo “asequible”, siempre es diferente a como me lo imagino. Y sé que, aunque mi memoria me recuerde que soy gallega, van a ser nueves meses en los que mi mundo “efectivo” me haga sentir y creer que el azahar se filtra por todos los poros de mi piel.

Rego Rey, GBCP

Cantar falando

Que si rapaces, que marcho para Sevilla 9 meses! As mellores decisións son as que se toman de xeito espontáneo e algunhas son verdadeiras loucuras. Eu decidín pedir o Séneca unha noite estando de viños e, sen telo pensado na vida, cheguei a casa convencidísima de marchar. Agora, logo do pau que me levei por non ter praza na Carlos III de Madrid (xa que alí xa coñezo xente e gustaríame pasar un ano con eles), só penso no Sur.

Unha das cousas que máis difícil penso que vai ser para min será a cuestión idiomática. Por unha parte porque aínda que aquí a xente comprende o castelán á perfección ó fin e ó cabo todos falamos en castrapo e sabemos o que é, por exemplo, unha “pota” a pesar de non estar falando en galego. Alí terei que mudar moito do meu vocabulario habitual pero sobre todo, o que máis medo me da é perder o acento. Pode parecer unha tontería pero sei ben que non son a única persoa que o ano que ven estará lonxe da terra e ten o mesmo temor.

Din que escoitarnos falar é coma escoitar cantar, que temos o acento perfecto para recitar poemas. Eu non o podo asegurar xa que, como a maioría de vos, non o noto. Pero si, faráseme moi duro espertar entre acentos andaluces e non escoitar unha das nosas “cantareiras” polo medio, un seseo, unha gheada (desas que tan mal vistas están na TVG ultimamente), algo… E é que parece pouca cousa pero éo todo na nosa comunicación diaria. Non falamos de xeito liso, plano, sinxelo, simple… non. Facémolo ó noso xeito, co noso acento, ese acento que espero poder conservar.

Para rematar déixovos unha canción para ir quecendo motores para cando nos veñades facer unha visita a min e a Sandra Rego:

http://www.youtube.com/watch?v=ptG7VQbs004&feature=related

Pedrouso Areán, S2E, T3-A

 

Rumbo a outra cidade universitaria

Algúns dos meus compañeiros xa vos foron adiantando cal sería o seu lugar de destino o próximo curso. Eu, como ben vos contou a miña compañeira de SICUE, Olalla Liñares, irei a estudar á Universidade Pontificia de Salamanca.
Xa é a segunda vez que intentaba ir a esta cidade estudar, pois antes de matricularme en Xornalismo dubidei máis dunha vez en ir alí e facer o grao en Tradución e Interpretación. Agora, cambiaron os terzos. Marcharei a terras salmantinas estudar un ano de xornalismo e a explotar os encantos e oportunidades que nos achega unha cidade como esta.

A min tamén se me presentan dúbidas e medos de cara eses 9 meses nun lugar diferente. Pero creo que van ser uns meses inesquecibles que van ir máis alá do terreo académico. Tanto aos que nos imos de Séneca, como aos que se van de Erasmus, tócanos vivir unha experiencia persoal que vai cambiar a nosa maneira de ver e analizar o mundo. Imos coñecer novas maneiras de ver o xornalismo, faremos novas amizades, maduraremos persoalmente…pero sempre acordándonos da nosa terra.

Toca pois, ir concienciándose de que toca mudar cara outra cidade, unha cidade cun alto recoñecemento académico a nivel mundial, onde se atopa a universidade máis antiga de España.

Video da cidade de Salamanca

Déixovos un fragmento dun poema de Miguel de Unamuno, un poeta charro que viviu e morreu nesta cidade:

Salamanca, Salamanca,
renaciente maravilla,
académica palanca
de mi visión de Castilla.

Yáñez Castro, S3D, 4B1

Destino: Salamanca

O pasado venres saíu a lista provisional de destinos SICUE para o vindeiro curso. E a min, xunto con Bea Yáñez, tocoume a Universidade Pontificia de Salamanca -tal e como quería.

Esta capital de provincia castelá –declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO, por certo- é un dos destinos universitarios por excelencia en España. O ambiente que se respira nas súas rúas tan cheas de historia é semellante ó casco vello de Compostela e o seu “bule-bule” diario. Así, os mozos e mozas que alí estudan enchen de frescura o seu distintivo plateresco avellentado polos séculos. É un lugar con moita vida. Ademais, conta coa universidade en activo máis antiga de España, que constitúe tamén unha das primeiras fundadas en Europa. O tan sabio Afonso X, alá polo século XIII, impulsou un primitivo centro de estudos que -¡quen mo diría!- darame a min acollida no próximo ano.

Velaquí o que considero un dos cambios máis significativos: pasar dunha USC pública (por agora) a unha UPSA privada. Sei que estarei fóra de “hábitat”, e isto imponme un pouco, pero tamén sei que é unha experiencia e que, coma todas, me enriquecerá. Será un gran cambio a nivel profesional e a nivel persoal, que, expectativas á parte, só poderei valorar cando conclúa. Polo de agora, quedo cunha frase de William Shakespeare que di que <a aprendizaxe é un simple apéndice de nós mesmos: alí onde esteamos, estará tamén a nosa aprendizaxe>. Pois desta volta, toca Salamanca.

(Vídeo dun programa de La Sexta sobre a vida universitaria salamantina)

http://www.youtube.com/watch?v=mdm63ynCUEQ

Liñares García, GBCP.