Arquivo do blog

Cómo os medios de comunicación presentan os feitos. O accidente ferroviario en Polonia.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/indicios-apuntan-error-humano-como-causa-colision-trenes-polonia/1340162/

O pasado sábado os medios de comunicación achegábannos a noticia dun tráxico accidente en Polonia no que dous trens que cubrían a ruta Varsovia-Cracovia chocaron de fronte, tendo como resultado a morte de 15 pasaxeiros e outros 60 resultaron feridos.

Dende que realicei o meu Erasmus en Polonia, na cidade de Lodz, todas as novas relacionadas con este país resúltanme de especial interese. Sorprendeume que os encargados das obras nas vías puidesen ter un erro de tales magnitudes, especialmente porque esta liña, que conecta as dúas principais cidades do país, é a que maior volume de pasaxeiros transporta ao día.

Con todo, non deixou de resultarme un pouco incómodo o feito de que dende os medios de comunicación, especialmente os españois, a principal preocupación fose que os estudantes Erasmus resultaran ilesos. Un exemplo é este titular do diario ABC: Ilesos 19 estudiantes españoles tras el choque de trenes en Polonia.

Para o meu parecer, esta é unha forma pouco coidadosa de presentar os feitos xa que coido que pode resultar ofensivo tanto para os feridos no accidente como para as familias dos afectados. Esta é a miña opinión, agora gustaríame coñecer a vosa.

Cereijo Vázquez, S1F, 1B1