Arquivo do blog

Pagando débedas (II)

Chegados ao final deste camiño é inevitable botar a vista atrás, lembrando por un intre aqueles fríos días de xaneiro. Datas afastadas nas que tanto a materia coma o profesor, confeso, provocaban en min tanta preocupación como rexeitamento. Unha inxente cantidade de e-mails, información e traballos que, ameazando con sepultarme, non sabía como afrontar. As clases expositivas non chegaban a agradarme, e os conceptos e materiais soaban tan difusos como afastados. Estaba obcecado, pero o único que precisaba era botar a andar.

Non traballei nin máis nin menos ca ninguén, pois considero que cada un de nós tivo unha forma distinta de vivir e aproveitar estes tres meses. Eu fixen tanto, e tan ben, como considerei oportuno. E con iso estou satisfeito. É certo que ao final todos buscamos ese “numeriño” xunto ao noso expediente (ese cobizado díxito que, de 0 a 10, tire o máis alto posible); pero a fin de contas non son máis que trazos nun papel.

“Non obstante, a parte da avaliación do profesor, a valoración máis importante é a do aluno mesmo, recoñecer se medrou e canto na experiencia, a súa análise crítica e a reflexividade tomadas da materia. Fóra inclusive da súa cualificación final, aínda sabendo que moitos dos alunos sobreviven das bolsas e/ou do espírito meritocrático que, talvez, pode actuar como expectativa final por conseguir un expediente digno, cara o mercado ou cara outra iniciativa de formación futura”.

Facendo balance, hai moitas cousas que se me poden botar en cara: Poida que non asimilase correctamente todos os conceptos teóricos expostos na aula, que desaproveitase as clases expositivas, os apuntes e as lecturas. Pode que non chegase a apreciar todo o que a materia, e o profesor, trataron de transmitirme. Ou poida que, pola contra, chegase a comprender e interiorizar moito máis do que imaxino. Non sei si merezo eses 6 créditos, ese anhelado número no me expediente, pero hai dúas cousas das que si estou seguro: A primeira, que a maleta vai chea de experiencias, encontros e conversas que xa ninguén me poderá quitar. A segunda, que polo que a min respecta a débeda queda saldada.

Silva Vilas, Jesús S3D T8B

Pagando débedas (I)

Dicía Benjamin Franklin que “é mellor deitarse sen cear que erguerse con débedas”. Non podo estar máis de acordo. E a verdade é que, despois de tres meses de traballo afanoso, o único que desexo é ter un sono tranquilo. Xa se esgotou o prazo; chegoume a hora de “pagar” eses dous post que o blogue me reclama. Esa parella de textos que, ao comezo desta viaxe, decidín gardar na recámara para darlles un mellor uso. E, aínda a risco de poñer en perigo a miña nota final, creo que toca falar seriamente do que foi “Comunicación Interpersoal e Comunitaria”.

As memorias entregadas ata o momento supoñen unha especie de análise desglosado do que esta aventura significou para nós. Pero é innegable que houbo moito máis. Como xa expuxen no meu anterior post (“Valoracións xustas”), resúltame moi difícil discernir entre as actividades que realicei expresamente para a materia e todo o que englobou esta frutífera experiencia.

En primeiro lugar, cabe mencionar que esta asignatura foi, sen lugar a dúbidas, a tarefa académica á que máis tempo adiquei durante estes últimos meses. Os 6 créditos para os que máis tempo invertín en todo o que levamos de carreira. E isto debeuse exclusivamente ás miñas decisións, libres e persoais. Voume explicar: De terme aproveitado das circunstancias, cinguíndome unicamente ao que se agardaba de min nos distintos traballos, de seguro que a viaxe tería sido moi distinta. Máis levadeira, menos esforzada, pero nunca tan enriquecedora. Se en lugar de inscribirme voluntariamente no seminario de AGARESO, asistindo a todas as sesións 4 horas á semana, relacionándome con infinidade de xente implicada no xornalismo social, conversando e aprendendo con eles… Se en lugar diso me conformara con asistir unha hora á semana para tirar unhas cantas fotos, a escribir un par de post sobre o tema e redactar unhas breves memorias; a cousa tería mudado moito. Ocorre o mesmo co meu traballo TS. ¿Quen me mandaría a min colaborar como voluntario, realizando apoio socioeducativo a menores, durante 3 horas á semana? Pois a verdade é que ninguén. ¿Era necesario para aprobar? Non o creo. Pero era necesario para ENTENDER.

(Continúa no seguinte post)

Silva Vilas, Jesús S3D T8B

FIN DEL TRAYECTO

Después de casi tres meses de colaboración con AGARESO toca decir adiós, y nos despedimos con un sabor de boca un tanto peculiar.

Escogimos colaborar con esta asociación de reporteros solidarios porque nos pareció la ocasión perfecta para profundizar en esta rama del periodismo que pasamos muy por encima a lo largo de nuestra carrera. Nuestras expectativas eran grandes, por eso nuestra mayor sorpresa fue ver que, de todas las posibilidades que nos podía brindar AGARESO, nos tocó colaborar en un seminario impartido en la facultad. Nuestra primera pregunta fue ¿qué podemos aportar a un seminario consistente en cuatro horas de clase extra?

Carmen, la organizadora del seminario de periodismo social y cooperación internacional, nos dio prácticamente toda la libertad posible para hacer dentro de esas cuatro paredes lo que quisiéramos. Así fue como, a pesar de que nuestra idea inicial nada tenía que ver con esto, decidimos aprovechar al máximo la oportunidad y dividimos nuestros roles. Unos nos encargamos de sacar fotos de cada sesión y compartir por las redes sociales lo que ocurría, las visitas que teníamos, los momentos más importantes etc. Otros, nos encargamos de entrevistar tanto a asistentes al seminario como a miembros de otras asociaciones o periodistas que pasaron a lo largo de las sesiones. Por último, nos encargamos de que llegara a vosotros un resumen en forma de podcast de todo lo realizado a lo largo de las intensas cuatro horas que pasamos en la facultad cada martes.

Conocimos a gente muy interesante y supimos muchas labores sociales y humanitarias que se llevan a cabo en nuestro país, sin embargo, no es todo lo que queríamos desde un principio. El hecho de colaborar con un seminario cerrado y no poder aportar mucha ayuda hizo que no nos sintiéramos tan realizamos como otros proT. Esa es la pena con la que despedimos este proyecto, no haber sido tan útiles como era nuestro objetivo.

T8B

Voluntariado: “Para poder hablar hay que saber escuchar”

Calle abajo, escondido tras dos estrechos portones, se encuentra el centro psicoeducativo y familiar del programa Vagalume, dependiente de Cáritas y las Religiosas Oblatas. Nos acercamos hasta San Roque para charlar con Ana y Lucía, psicóloga y educadora del centro respectivamente, sobre voluntariado, religión y dinámicas comunicativas. He aquí un pequeño extracto de la entrevista que les hicimos.

¿Qué es Vagalume?

 Ana.- Es un programa que concentra distintos proyectos. El nuestro es el psicofamiliar, donde las mujeres que tienen dificultades con su familia reciben apoyo. Atendemos tanto a la propia mujer como a sus hijos.

 Vosotras no sois voluntarias, pero me figuro que empezásteis siéndolo. ¿Han cambiado vuestras motivaciones con el paso del tiempo?

 Lucía.- Yo empecé a hacer voluntariado después de terminar Trabajo social, mientras no encontraba trabajo, porque era una forma de enriquecimiento propio y de poner en práctica cosas que había aprendido en la carrera. Vi en el voluntariado una manera de saber dónde me veía realmente.

Ana.- Mi experiencia fue un poco parecida. Acabé Psicología, llegué aquí como prácticas de un máster y me enganchó tanto que me quedé. Porque lo social o te quema o te engancha.

 ¿Cómo valoraríais la situación del voluntariado en Santiago de Compostela?

 Ana.- Santiago es una ciudad privilegiada en cuanto a voluntariado. En este momento hay otro perfil de voluntario pero puedo decir que siempre hubo mucho voluntariado aquí por la afluencia de universitarios.

 Vagalume es un proyecto vinculado a la Iglesia y, como tal, a la religión. ¿Qué papel juega esa relación a la hora de escoger a un voluntario y con los niños?

 Ana.- De valores, simplemente. Es independiente que un voluntario de Cáritas sea religioso o no. Y con los niños, pues respetamos que tengan otras religiones. Hay que diferenciar la labor de Cáritas, que es acción, de la de la Iglesia, que es más evangelizadora. Aquí hablamos de sexualidad y afectividad con normalidad.

 Lucía.- Cuando alguien viene aquí sabe a dónde viene, con lo cual luego no pueden sorprenderte ciertas cosas o tener una postura totalmente contraria a determinadas cosas. Es cuestión de saber dónde estás. Pero nosotros aquí no hacemos adoctrinamiento ni convertimos a la gente.

 ¿Tenéis algún tipo de estrategia comunicativa con los voluntarios?

 Ana.- La mayor parte de las dificultades que puede tener un voluntario es saber escuchar realmente, porque para poder hablar hay que saber escuchar. Diría que ésa es nuestra estrategia comunicativa.

S3D

Voluntariado: Conversas e conclusións

Ao longo destes meses, dende o S3D tivemos a sorte de entrar en contacto con multitude de voluntarios de distintas asociacións compostelás. Persoas de todo tipo e perfil, cada un coas súas motivacións e intereses persoais, que decidiron dedicar parte da súa vida ao voluntariado. Este último post grupal pretende ser un breve resumo das numerosas conversas que mantivemos con eles, núcleo central do noso traballo. Agardamos que ademais sirva de contrapunto ás opinións expostas polos invitados á Mesa Redonda que organizamos.

Carme Martínez sempre tivo inquedanzas sociais e a necesidade de sentirse útil á sociedade. “Apórtame o feito de estar en contacto con persoas de diferentes estratos sociais, de diferentes intereses, ás que lles podes axudar na medida do posible cos teus pequenos coñecementos. É unha actividade moi gratificante sobre todo en canto ao que che fai sentir moralmente”.

Juan iniciouse como voluntario mentres preparaba as oposicións para ser profesor de secundaria. Colaborar nunha ONG realizando apoio socioeducativo a menores era a oportunidade perfecta para practicar e gañar experiencia, con vistas ao seu futuro laboral. “Non me importa para nada non ter soldo, gústame poder colaborar e adquirir responsabilidades”.

Yasmina García levaba dous anos estudando enfermería, buscando algún xeito de poñer en práctica os seus coñecementos. Pero atopouse con algo que non agardaba. “Sen ningunha dúbida, é unha experiencia que vale a pena vivir e que che fai recapacitar sobre a túa propia situación, e sobre o mundo en xeral”.

Pablo estaba sen traballo e sentía a necesidade de colaborar con algunha asociación. “Buscaba unha organización con garantía de calidade e unha marca internacional”. Recoñece que comezou por altruísmo, pero os anos de experiencia, e a promoción laboral (agora é responsable de Xuventude nunha famosa ONG), axudarano a continuar. Jose tamén estaba desempregado. Acababa de rematar os seus estudos universitarios e precisaba ocuparse en algo. Decidiu que, en vez de traballar nunha empresa que nada tiña que ver co seu, prefería facerse voluntario.

Cristina estuda Filoloxía e “buscaba algo radical” que a axudase a desconectar. Cando entra ao seu posto de voluntaria esquécese de todos os problemas. Ademais, admite que é unha boa forma de formarse e practicar.

Xerardo Hermida: “Probablemente sexa por un sentimento humanitario de facer algo, non só por un mesmo senón tamén polos demais. Por outra banda, ser voluntario compénsame enormemente, apórtame máis do que ofrezo. No cambio, eu sempre gaño”.

Tan só é unha mostra das numerosas entrevistas que fixemos e as persoas coas que entramos en contacto, pero cremos que é moi significativo e revelador para entender o nosos traballo. A partir de aquí, que cada quen saque as súas propias conclusións. Grazas.

S3D

Agareso: ¿Qué é a igualdade?

O tempo non se para a esperar e o Seminario de Cooperación Internacional e Xornalismo Social sobrepasou o meridiano que divide o comezo  e o fin. Nesta metade de percorrido quedan atrás momentos non descritos. Zuriñe Amaia López baixaba á realidade a definición heroica que temos algúns do “xornalista de guerra”, vía Skype, describíanos dende Londres as imaxes cotiás do conflicto bélico, percibidas na súa presenza, as orellas soportaron frases como<<nenos mortos nos brazos das nais>>, <<cans comendo cadáveres>>. Carma Mayugo, membro da empresa http://www.teleduca.org/. introducíamos no mundo dos medios comunitarios como sistema de desenvolvemento social e de mediación, para afrontar,solucionar e mostrar ás problemáticas e virtudes das pequenas comunidades, sempre mediante a presenza a pé de rúa, como entes sensibilizados, deixando atrás calquera interés político. Aínda que poidan parecer interesantes os contidos o nosos traballo non é completo. Convértese nunha estampa rutinaria, ás veces absurda, dunha hora tirando fotos, tuiteando ou recoller testimonios para un podcast. Aínda así, e cambiando de bando, está semana os asistentes viviron unha experiencia curiosa, asistiron ó estudo de radio para participar na grabación do programa “Rompendo barreiras”que realiza Agareso en colaboración con Cogami, os alumnos tiveron oportunudade de realizar alguna pregunta ás persoas discapacitadas sentadas ó carón dos micrófonos. Como non, a lata da “igualdade e integración” volveuse a abrir, dando como resultado un amplo debate. ¿Qué é a igualdade?, ¿Por qué insisten as organización como Cogami ou ONCE na terminiloxía que utiliza a prensa cara os seus colectivos (incluso teñen un libro de estilo)?, ¿non tería que ser a propia persoa que escollera como a definisen?, ¿Por qué defenden tanto a “discriminación positiva”?¿acaso non é tamén discriminación? ¿os campamentos exclusivamente para discapacitados non é un exercico oposto á integración?¿porque non se aposta por unha completa formación ?. As veces sorpréndeste de cómo a opinión dunha persoa con alguna discapacitade queda moi distante do que proclaman as organizacións que dín representalos, organizacións que son empresas, e como empresas que son teñen que obter certo beneficio para invertir e pagar nóminas, con supulentas facturación anuais que ( Cogami facturou no 2011 sobre 40 millóns de euros), e creando ou comprando parte de novas empresas para. Tal vez, como dí algún, a palabra “lucro” tería que borrarse da frase que se pon na cabeceira “ organización sen animo de…”

T8B

Voluntariado: En primeira persoa

Entramos na recta final do traballo, o que significa que debemos comezar a facer balance do que esta experiencia nos aportou a nivel persoal. Dende o noso grupo decidimos que aínda nos quedaba unha tarefa por cumprir. Pensamos que estudar a labor dos voluntarios en Compostela, buscando extraer conclusións sobre as súas motivacións e recompensas, non tería moito sentido se  nós mesmos non intentábamos poñernos na súa pel. E así o fixemos. Todos nós comezamos esta semana a colaborar con algunha das organizacións coas que entramos en contacto:

Paula Quintás acudiu ao Espazo de Búsqueda Activa de Emprego da Cruz Vermella. Este programa pretende botar unha man a aqueles desempregados que xa non reciben axudas de ningún tipo, aínda que calquera pode acudir a consultar posibles empregos na cidade ou en outros puntos de Galicia. Os voluntarios recollen un perfil persoal e laboral dos implicados e axúdanlles a consultar as ofertas en Internet e nos folletos que cada semana elaboran. Ademais, os usuarios teñen á súa disposición un teléfono dende o que chamar para solicitar posibles entrevistas.

Jesús Silva colaborou no Centro de Mediación Social, dependente tamén da Cruz Vermella, onde traballou con menores facendo apoio socioeducativo. Os rapaces, na súa maioría inmigrantes, asisten ao centro para realizar as tarefas escolares e socializar con outros menores. Os usuarios adquiren un certo nivel de compromiso, establecendo as tarefas que deben realizar en cada sesión. A labor dos voluntarios e axudarlles en todo o posible, fomentar a relación entre eles e asegurarse de que cumpren os obxectivos que eles mesmos se marcan.

Andrea Viaño e Paula Rodríguez acudiron ao centro Vierio, vinculado a Cáritas, onde se atende e axuda a persoas sen fogar. Alí axudaron aos voluntarios a organizar unha sesión de cine fórum, e observaron algún dos talleres que os usuarios levan a cabo (como traballos con coiro que despois comercializan).

A próxima semana realizaremos un segundo achegamento a estas actividades co obxectivo de plasmalo despois nos post e memorias individuais.

S3D

VOLUNTARIADO: Saltando obstáculos

Cuando empezamos este proyecto pensábamos que sería sencillo acercarnos a la figura del voluntario como persona. Pero, como en casi todo, hemos tropezado con una barrera difícil de sortear: las instituciones. Al margen del inevitable discurso propagandístico, los responsables de voluntariado de Unicef, Cáritas y Cruz Roja nos han expuesto sendas dificultades para colaborar con ellos, lo cual ha limitado nuestras expectativas iniciales y retrasado nuestra dinámica de trabajo. No podemos grabar con cámara de vídeo ni tenemos acceso a muchas actividades; pero, sin duda, el principal (e inesperado) problema que nos condiciona es el excedente de voluntarios.

En Unicef agradecieron nuestra disposición, pero no podemos colaborar con ellos por la falta de proyectos a nivel local y el crecimiento constante de la demanda de voluntarios. Nos centramos en Cruz Roja y Cáritas, donde parece que finalmente podremos recoger testimonios de voluntarios y experimentar por nosotros mismos lo que significa serlo. Hay pocos programas de ayuda en los que podemos participar (por el excedente de personal y la limitación temporal que tenemos), pero al menos hemos conseguido algo.

Dos de nosotros (Andrea Viaño y Paula Rodríguez) acudiremos  al Centro Vieiro, vinculado a Cáritas, donde se atiende y ayuda a personas sin hogar. También, si finalmente nos lo permiten, conoceremos el lado humano de quienes trabajan en la Cocina Económica. Los otros dos miembros del grupo (Paula Quintás y Jesús Silva) participarán en distintas actividades organizadas por Cruz Roja: El Centro de Mediación Social, donde trabajarán con menores haciendo apoyo socioeducativo, y el Espacio de Búsqueda Activa de Empleo. Cuatro actividades distintas, con un alto grado de sensibilidad, que conoceremos durante las próximas dos semanas e intentaremos plasmar después en nuestras memorias personales.

Esperemos que esta haya sido la última barrera a superar, y que nuestro trabajo con las distintas organizaciones pueda ser provechoso para ambas partes.

S3D

AGARESO: Avance do noso traballo

Seguindo a liña do informe DAFO, presentado nas pasadas titorías, aproveitaremos este post para expoñer o avance das nosas actividades de grupo ProT.

Na tarefa de cubrir o III Seminario “Xornalismo social e cooperación internacional” organizado por AGARESO, o noso grupo organizase en roles claramente diferenciados: Jesús Silva e Abel Tomé (inscritos no seminario) son os encargados de realizar as crónicas das sesisóns e facer entrevistas aos asistentes. Angela Villanueva e Paula Varela dedícanse a cubrir o evento facendo fotografías e publicando nas redes sociais da asociación. Silvia Troncoso, a partires das entrevistas anteriormente sinaladas, elabora podcast multimedia para subir a Radio AGARESO.

As debilidades do noso traballo son evidentes: ao tratarse dun seminario o abanico de posibilidades é bastante reducido, polo que tratamos de sacarlle o máximo partido ás nosas actividades. Por sorte apenas atopamos obstáculos, pois dende a organización agradecen a nosa presenza e, polo xeral, confían en nós. Non hai presión por parte de AGARESO e nunca nos esixiron máis do que nós estiveramos dispostos a facer.

En canto ás fortalezas e vantaxes, o que realmente nos aporta o noso traballo no seminario, debemos falar en termos moito máis subxectivos e individuais. En primeiro lugar, somos afortunados por ter a posiblidade de aprender moito sobre unha especialidade do xornalismo que apenas se toca na carreira. Pero isto vese condicionado polo interese que o tema suscita en cada un de nós. Mentras que aos dous membros do grupo que se inscribiron no seminario lles resulta atractivo o tema, os demáis integrantes teñen opinións máis dispares, incluso negativas nalgúns casos.

De todos xeitos, intentaremos aproveitar ao máximo este traballo, pois somos conscientes de que se trata dunha oportunidade única. Dun xeito ou de outro, a todos nos reporta algún tipo de beneficio, polo que a cobertura do seminario segue adiante sen contratempos.

T8B

Voluntariado: «El voluntariado es un feedback»

 María Suárez es coordinadora de voluntariado en Cruz Roja. Nos recibe en su despacho y, siempre sonriendo, contesta a todas nuestras preguntas.

¿Cuál es la situación de vuestra entidad? ¿Tenéis falta de voluntarios?

La verdad es que tenemos execedente. En esta época de crisis a la gente no le llega el presupuesto económico para formarse, y una de las maneras de hacer algo y aprender es el voluntariado. Contamos con 270 personas voluntarias que vienen como mínimo a hacer actividades una vez por semana.

¿No tenéis miedo de que esta gente se apunte solo por interés personal?

Para evitar eso nosotros hacemos una entrevista personal a cada uno de los solicitantes. Si no quedamos convencidos con la primera hacemos una segunda. Hay mucho voluntario cursillista y no siempre admitimos a la gente.

¿Nos podrías contar tu experiencia y las motivaciones que te llevaron a hacerte voluntaria?

Yo pertenezco a una familia donde los valores solidarios son importantes. Antes que yo, mi madre fue voluntaria. Las referencias eran muy buenas y en cuanto cumplí los 18 años decidí venir a Cruz Roja para prestarme a lo que hiciera falta. Hice un poco de todo en cada uno de los programas. Cuando yo llegué había pocas cosas, pero se han ido ampliando con los años.

¿Han cambiado tus motivaciones?

Yo creo que el voluntariado es un feedback. En el fondo siempre tiene que haber un interés altruista; pero también soy consciente de que al mismo tiempo obtengo una gratificación personal.

¿Cómo ves la situación del voluntariado en Santiago?

En general las actividades están muy bien cubiertas y hay grupos de voluntarios que funcionan estupendamente. A grandes rasgos, me siento muy contenta de la labor que cada uno hace y no nos cansamos de dar las gracias a los voluntarios, porque son el pilar fundamental. Yo creo que la situación está muy bien.

S3D

Agareso: Periodismo Social e Cooperación Internacional

Paco deixou voar a pregunta, en certa maneira para rachar o silencio que mantiñan as nosas bocas. ¿Qué é a cooperación?, ¿e o desenrolo?. A lingua dos asistentes empezouse a soltar, posiblemente ó lembrar as palabras de Alejandro (delegado en Galicia da Asamblea de Cooperación pola Paz) no comezo da presentación<<quen máis participe, máis posibilidades ten de ser elixido pra viaxe>>. E que Tanxer e Nador é o perfecto escaparate para un “proxecto” de xornalista. As respostas ás preguntas empezaron a soar na inmensidade da aula <<eu penso que cooperar e isto, eu que é estoutro…>> definicións técnicas que parecían ser arrincadas da RAE, binómios de palabras como “mellora económica”, “evoución cultural”, “beneficio propio”…dentro deses resultados, ás veces demasiado materialistas, nas cales unhas respostas ían ampliando e completando as anteriores, daba comezo o Seminario.

O III Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional, organizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios(AGARESO) púxose en marcha o pasado Martes 26, o decano da facultade de xornalismo, J.Pereiro, dou unha benvida fugaz ós asistentes. Un amplo ábano de participantes que a pesar da súa heteroxeneidade, alumnos de xornalismo, licenciados en políticas, ex empregados do País, fotoxornalistas que publicaron no New York Times, sindicalistas…todos compartián un motivo común pra estar nese mesmo ambiente, o súa afiliación a un espíritu solidario, cooperante e pacífico, ou polo menos así o deixaron ver.

Entre presentacións e apalusos, experiencias en Marrocos e máis aplausos, Francisco Rey “Paco”, membro da Asamblea de Cooperación pola Paz, comezou o concepto teórico rogando sempre a participación e a interrupción, como unha longa charla entre amigos, alonxándose da rixidade que pode levar consigo a etiqueta “impartir un Seminario”. A cada “click” unha nova imaxe do Power Point, dende o motivo e fundación orixinal da Cruz Vermella ata a nova socialdemocracia, conceptos que se entrelazaban a pesares de que, aparentemente, non saíran do mesmo ventre, Guerra de Biafra, Bretton Woods, Maio do 68, Acción contra a Fame, Cáritas, levantamento do LSLN en Nicaragua, primeira oleada de ONG…unha espiral de feitos que se retroalimentaban entre sí.

O noso grupo, cubrirá cada martes o dito, debatido e aclarado nesa aula 5 da facultade, onde o Seminario, para algúns descoñecido, será o escenario de partida cara un camiño onde a cooperación, o interese pola problemática e denuncia social, por entender e comprender aquelas situacións que non aparecen nas cabeceiras televisivas pero que existen, por axudar sen ánimo de lucrarse, por compartir, por solidarizarse… intentará mergullarnos na súa pel para facernos, xa non millores xornalistas, senón millores persoas.

T8B

Voluntariado: en que consistirá o noso traballo

Ao longo da semana, fomos publicando unha serie de post onde ibamos explicando as nosas primeiras impresións sobre os voluntarios que colaboran coas organizacións benéficas. A pregunta que máis ou menos tentamos de responder co noso traballo é cales son as motivacións que van arraigadas ao traballo dos voluntarios, poñernos na súa pel e ver que hai detrás do seu traballo.

Para iso, ímosnos a valer das opinións e das testemuñas que esas pesoas nos van a aportar ao longo do noso percorrido por diferentes asociacións. Cremos que este punto vai ser o que aporte interés ao traballo, xa que, ao contrario que os demais, afondaremos na figura persoal dos voluntarios, deixando máis de lado os intereses da propia organización. Intentaremos presentar as motivacións que os voluntarios teñen á hora de elixir a organización coa que van a colaborar, ao igual que os obxectivos que queren conseguir co seu traballo.

Por último, gustaríanos dotar ao traballo do voluntario dunha nova perspectiva, darlle un novo enfoque que non quede escurecido polas motivacións da organización. Queremos recalcar tamén o papel invisible que os voluntarios teñen na sociedade actual, moitas veces o seu traballo queda empañado polas dúbidas que a xente profesa de cara á organización coa que traballan. Esperamos aportar visibilidade a un traballo tan poucas veces recoñecido, pero tan necesario para a sociedade na que vivimos.

S3D