Arquivo do blog

Amarelos

No meu último post falei sobre Colifata, unha radio que emite dende un psiquiátrico como parte da terapia dos internos. Coñecer esta iniciativa fíxome reflexionar sobre a capacidade de recuperación e integración que ofrece a comunicación. Recentemente atopei unha proba máis: “El mundo amarillo”.

Este libro de Albert Espinosa achégase bastante ao que entendemos por manual de auto- axuda pero non o é. En realidade trátase dunha recompilación dos descubrimentos que o autor fixo grazas a algunhas das conversación que mantivo durante os dez anos que estivo enfermo de cancro e que, ademais, poden axudar tanto aos que padecen esta enfermidade coma aos que non.

“Es curioso, pero la fuerza, la vitalidad y los hallazgos que haces cuando estás enfermo sirven también cuando estás bien, en el día a día”. (Albert Espinosa)

No primeiro capítulo Espinosa conta que perdeu unha perna durante a súa loita contra o cancro pero hoxe celébrao pensando que é unha das poucas persoas que poden recordar o proceso de aprender a camiñar. Non vou desvelar nada máis, recomendo lelo para aprender a atopar a parte positiva e deliciosa en calquera contexto de desencanto. Seguro que ao final ti tamén buscas os teus “amarelos”, esas persoas especiais que se cruzan na túa vida e cunha soa conversación poden chegar a cambiala por completo.

Pérez Capelo, S2E, 3B2

Estamos tolos, estamos no aire

Trala proxección de “Radio Favela” enchen o blog os post relacionados con esta película pero a min gustaríame falar doutra radio que (teño que recoñecelo) nunca escoitei e que coñecín grazas a un anuncio pero, aínda así, parece moi interesante. Trátase de La Colifata.

Hai xa 20 anos, nacía este proxecto sen recursos técnicos, económicos nin institucionais. Tratábase dunha radio, a primeira no mundo, que emitía dende un psiquiátrico como parte da terapia de recuperación dos seus internos. Grazas ás doazóns conseguiu medrar e sobrevivir, chegou a obter premios e recoñecementos tanto a nivel local como internacional e, actualmente, o seu modelo de radio é imitado por todo o mundo.

O máis importante na súa historia é que La Colifata axudou no camiño de recuperación de centos de internos do hospital psiquiátrico de Borda, modificou a idea de que son xente perigosa e mellorou a comprensión xeral do problema da demencia.

Xunto con Radio Favela, La Colifata é unha proba máis de que a radio non é só información, aparato de influencia, de guerra fría, de interacción mediática; senón que pode ser un instrumento de creación de cultura e comunidade.

A ciencia non nos ensinou aínda se a loucura é ou non o máis sublime da intelixencia” Edgar Allan Poe (1809- 1849) Escritor estadounidense.

Pérez Capelo, S2E, 3B2