Arquivo do blog

O galego que se fala fora de Galicia

O galego ademais das utilidades para a comunicación en Galicia ten moitas utilidades que non nos damos de conta. O pasada fin de semana fun ata Portugal e dinme conta de que o saber galego e unha gran axuda nestes casos. A diferencia doutros españois que víamos que lles era complicado comunicarse con eles, ou xa simplemente non o facían, nos entendiamonos case á perfección.

O caso deste pasado fin de semana, soamente foi un pequeño exemplo dunha situación que podemos vivir noutras ocasións, ou chegar até o punto de depender deste idioma. Tal e como están as cousas neste país moitos de nós estamos obrigados a buscarnos un futuro fora cando aquí non somos quen de atopalo. Ainda que a maioria de saídas son cara a europa, tamén hai que ter en conta outros países que están en forte crecemento. Ainda que emigrando cara a Portugal a situación sería semellante ca en España, en moitos outros lugares falase tamñen portugués, por exemplo en Brasil, un país que está en forte auxe.

O caso é que non nos damos conta do que nos pode valer esta lingua, e do fácil que o temos. Actualmente o galego e falado por pouca xente, e entre os universitarios, que son os que principalmente saen a fora buscar un traballo, ainda é menos. Non é unha cuestión de saber falar galego normativo nin un galego perfecto, ainda que mellor sería, pero simplemente con sabelo falar é unha porta máis que se nos abre, ou que nos é máis doado de abrir. Por esto debemos aproveitar esta baza que temos e que moitas outras persoas non teñen.

Salgado Fernándes, Gutier S3A

Protexido: O galego que se fala fora de Galicia

Este contido está protexido por contrasinal. Para velo introduce o contrasinal a continuación:

Persoal, non profesional

Levántome pola mañá. Doume unha ducha. Almorzo con café. Consulto o Twitter. Vou currar. Falo co xefe. Converso cos colegas. Discuto co veciño. Como mentres miro a tele. Volvo ao choio. Penso nos meus fondos no banco. Sigo traballando. Cea para levar. Adiantar traballo. Chatear. Durmir mal.

A rutina diaria, o eterno castigo de Sísifo. Este pode o ser  pozo de perdición de moitos xornalistas locais. Perderon o ánimo e a ambición hai moito, se cadra desenganados pola actitude preguizosa dos compañeiros. Hai traballo, e iso xa é algo, sobre todo agora, coa de paro que hai, porque non vou acabar na fila do INEM. O máis fácil e fichar, presentarse na rolda de turno e escribir a noticia para mañá. Esforzarse e ir por libre é unha perda de enerxía e tempo, que -¡total!- aquí nunca pasa nada. Non vou ser parte deste xogo de facer medra-la cidade. Non vou meterme nos grandes negocios que se agochan baixo os partidos e as construtoras. Non. A cidade desenvolverase como o dicten os que saben. Ademais, outros encargaranse de atopar as mazás podres do sistema. Eu non son quen de sinalar quen ten as mans manchadas.

¿E a xente de a pé? Non interesa o máis mínimo. ¿De qué me poden servir as filípicas dun vello que traballaba no Porto? ¿Teño estar enriba de cada concelleiro para sacarlle información? ¿Por qué patearme cada metro da cidade? Por suposto que non. O único que interesa son os shows, as estreas de cine, os concertos, as inauguracións iluminadas polo sorriso do alacalde de turno, as festas e as manifestacións. O público é o que podemos ver na superficie, non o que está baixo ela. Este é o meu traballo, non a miña vida.

Eu quería cubrir grandes acontecementos, marchar de correspondente ao estranxeiro ou traballar nas redaccións das grandes capitais. Aí é onde está o que interesa, ou polo menos o que debe interesar a todos. ¿Qué máis dá o que pase aquí?

Pereira Vila, Jorge CLX4

Traballo

Nos momentos de crise no que estamos, o traballo é un ben que non se pode rexeitar e se podes traballar, considérate un afortunado. Cando comecei a carreira o que máis escoitei, tanto por parte dos profesores como de amigos e familia, foi: non vas a atopar traballo.

Reflexionado, decateime de que o futuro que nos espera é negro, moi negro. Mais, nese futuro (que xa é presente ) xa hai unha luz: teño o meu primeiro traballo. Estaba na miña e chamoume a miña irmá e díxome que a empresa na que traballa estaba buscando a un comunicador e que lle dera o meu número para que me chamaran. Nese momento, a miña noz subiu e baixou. Respirei e díxenlle vale.

Non pasaron 10 minutos e xa me estaban chamando. Están buscando a un becario, como non, que lle axude a mellorar as rutinas comunicativas da empresa. A verdade e que non me entusiasma moito a idea pero bueno, é o que hai. Citoume para unha entrevista persoal dentro de 2 ou 3 semanas. Xa estou comezando a ler libros e a documentarme. Espero que todo me salga ben. Ata aquelas, estarei morrendo cos nervios.

Campos Gómez 1B3 S1A