Arquivo do blog

A forza dos grupos endóxenos

Unha comunidade é un grupo de individuos que comparten elementos en común: costumes, valores, tarefas, ubicación xeográfica, etc. As comunidades en transición (como é o caso de USC en transición), xorden  en 2005 a raíz dun movemento creado por Louise Rooney e popularizado por Rob Hopkins. O obxectivo principal deste proxecto é dotar de control ás comunidades para desafiar ao cambio climático e á influencia da economía do petróleo nas nosas vidas.

Na conferencia do pasado xoves, o proxecto USC en transición, achegounos información sobre o seu funcionamento e a súa forma de comunicarse de cara á sociedade. USC en transición é unha comunidade en transición, que a través dun proceso participativo, pretende concienciar á xente para mellorar a sostibilidade ambiental. USC en transición considera que a clave para atopar solucións ás problemáticas, está na formación de grupos autónomos que busquen alternativas. Este feito lembroume unha entrevista co director de Equus Zebra, Víctor Omgbá, na que el me explicaba que a situación da maioría dos países do continente africano debíase principalmente a que a corrupción se atopaba intrínseca na mentalidade de todos, e tamén á inexistencia por parte da poboación dunha conciencia común capaz de loitar por un cambio nas súas vidas. Neste contexto, considero que a idea das comunidades en transición, de crear un grupo autónomo que traballe para erradicar a problemática que hai no seu entorno, pode ser unha vía alternativa para convatir o subdesenvolvemento que está a afectar a tanta xente no mundo.

Geada Ares

S2D

2b1