Arquivo do blog

Mentimos máis do que respiramos?

Dicía  Sófocles que unha mentira nunca sobrevive ata chegar a ser vella, pero digo eu que non será para tanto! Méntese seguido: nas eleccións, no currículo, en internet… e non porque sexamos malos ou porque non quede outro remedio, todo o contrario, a maioría das veces dicimos mentiras por educación, porque a verdade (a veces) doe moito. A mentira forma parte da comunicación e das relacións, xa o dicía Oscar Wilde: “Quen dixo a primeira mentira fundou a sociedade civil”.

Se non o cres, mira isto, apostaría algo a que a diario escoitas e dis máis da metade:

Incluso engadiría algunha máis como: “É que estaba enferma”, “Vou agora mesmo, mamá!”, “Pero que ben che queda ese vestido!”, “Veña, a última e marchamos!” ou “Lin e acepto as condicións e termos de uso”.

Acaso estou mentindo nisto tamén?

Pérez Capelo, S2E, 3B2