Arquivo do blog

SEPIU: Mirando atrás

Chegamos ao final do noso camiño e, despois do traballo que levamos realizado nestes meses para o SEPIU, chega o momento de botar a vista atrás e reflexionar sobre este percorrido que fixemos polo voluntariado.
O máis importante que temos destacar é o complicadísimo que resulta implicar a persoas externas para que participen en determinadas actividades (no noso caso, a gravación dunha peza audiovisual). Os compromisos, os horarios… pero tamén a falta de ganas ou de motivación fixeron que só puideramos lograr que dúas voluntarias participaran connosco para visibilizar máis o servizo. Toda unha odisea que seguro que nos servirá como experiencia no futuro.
Pero esta foi unha experiencia moi positiva para todos os membros do grupo. Polo noso xeito de traballar e a motivación de sacar o proxecto adiante acadamos un resultado bastante satisfactorio no noso proxecto e, especialmente, reforzamos os lazos de colaboración entre nós que xa había ao ter traballado xuntos antes.
Ao final, temos que valorar moi positivamente o ter realizado este traballo: non só melloramos as nosas capacidades para gravar, editar, etc. senón que puidemos coñecer a xente que realiza unha labor incrible e que foron o suficientemente amables para colaborar connosco. Pese a algunhas pedras no camiño e problemas que comentamos no noso post anterior, mereceu a pena. E, se logramos que vós tomarades contacto cun servizo que non coñeciades ou incluso decidirades facervos voluntarios, mellor que mellor.
Deixámosvos co resultado do traballo:



T8A.

SEPIU: Vuelva usted manaña

“Ah sí, muy bien, ya si eso lo miro en otro momento” como respuesta a nuestro trabajo en el plan de promoción del SEPIU. Como explica Lucía en su último post, este martes acudimos a la oficina del Servicio de Participación e Integración Universitaria para mostrarle a los coordinadores del servicio el material audiovisual que os anunciamos en este blog y en el que varios colaborasteis.

A todo el grupo nos supo bastante mal esa respuesta, pues no es muy alentador, motivador o cuantos adjetivos queráis poner, al hecho de llevar varios meses implicados y trabajando en un proyecto que ni sus propios responsables han sabido tener en cuenta. Todavía no le encontramos una razón a esta actitud, quizá pecamos de demasiado inocentes pensando que todo el mundo se implica en su trabajo y que no solo les importa cobrar un sueldo a fin de mes, pero así parece que funcionan las cosas.

A pesar de toda esta negatividad que ronda por el ambiente del SEPIU, hemos aprendido bastantes cosas, entre ellas la lección de que a veces uno puede implicarse más en lo ajeno que su propio “dueño”. Pero no solo nos quedamos con este “pequeño” detalle, sino que también hemos desarrollado aptitudes muy provechosas en cuanto a temas técnicos y de contacto de fuentes, y sobre todo, hemos interiorizado bastantes aspectos sobre el voluntariado que hasta el momento desconocíamos.

Si nos preguntan si vemos factible que nuevas generaciones que cursen esta asignatura en años próximos colaboren con esta entidad, la respuesta – de la gran mayoría de los integrantes del grupo- es que sí estamos de acuerdo, siempre y cuando la actitud de los coordinadores se torne un poco más hacia la implicación y el compromiso ya no con ellos mismos, sino con los demás, que al fin y al cabo son para quienes trabajan.

T8A.

SEPIU: Vídeos

Presentámosvos os vídeos de promoción que fixemos para o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC. Temos que agradecervos a todos os compañeiros que participáchedes neles a vosa colaboración, e tamén a Julia e a Violeta, as dúas voluntarias que moi amablemente charlaron diantes das nosas cámaras sobre a súa experiencia.




T8A.

SEPIU: Non es ti só, tamén están os demais

Queremos comezar este post agradecendo a colaboración de todos os que participáchedes, nesta semana tan axeteadra (ou polo menos para nós foino), nos vídeos que creamos para promocionar o SEPIU: Xiana, Raquel, Álvaro, Virxinia, Laura, Silvia, Mario, Amara, Alejandro, Julia e Violeta (que, sen ser da clase, participaron moi activamente connosco).

Por fin, despois dos problemas que tivemos para poder cordinar cos voluntarios e para ter acceso ao material que necesitabamos, logramos gravar o pequeno spot que queríamos para poder darlle visibilidade ao servizo e unha pequena charla entre dúas voluntarias para que compartiran as súas experiencias co resto de nós e tratar de animar aos universitarios a participar no voluntariado.

Os vídeos serán colgados seguramente o xoves que vén, cando vaiamos ata as oficinas do servizo para falar cos responsables e crear unha conta de YouTube onde poder subir non só estas pezas, senón outras que poidan ser creadas no futuro. Por suposto, en canto as teñamos serán subidos ao blog para que os desfrutedes.

O noso maior problema foi a coordinación de tantas persoas con horarios tan distintos, como xa temos contado (e, de feito, á gravación do pequeno debate entre voluntarios faltaron dous que nos dixeran que ían acudir), pero despois de tanto traballo a verdade é que resulta satisfactorio ver que con esforzo e ganas de facer as cousas pódense acadar os obxectivos (aínda que sexan humildes, como os nosos).

T8A.

SEPIU: Pedras no camiño

Xa sabedes que, no noso proxecto ProT, temos previsto gravar un par de pezas audiovisuais para dar a coñecer o SEPIU e intentar incrementar o número de voluntarios que se apuntan ao servizo. A verdade é que estamos a ir un pouco retrasados con respecto ao noso planning inicial debido aos problemas que estamos a ter para cadrar axendas cos nosos contactos (e para que nos contesten).

Esta experiencia estanos a valer para comprobar que a fase máis complicada dun proxecto non é planificalo ou sacar ideas sobre a temática, senón lograr involucrar ás persoas para que queiran colaborar: mentres algúns móstranse moi predispostos, hai quen non é tan colaborativo –algo totalmente comprensible, xa que ningúen está obrigado a querer axudarnos–, e esta está a ser a maior barreira coa que nos enfrontamos nestes momentos, porque o tempo esgótase e non parecemos acadar o obxectivo: hai que seguir loitando.

Por outra banda, o que si parece que está a funcionar para o SEPIU é a páxina de Facebook que creamos e que, nestas dúas semanas que leva funcionando, xa leva unhas cantas decenas de likes, ese medidor contemporáneo da popularidade, superando a barreira dos 1500. ¡Non esquezades darlle a «Gústame» se aínda non o fixéchedes!

¿Estades vós a ter algún problema parecido coa colaboración de persoas para o voso proxecto? ¿Lográchedes solucionalo?

T8A

SEPIU: Privacidade mesmo no voluntariado

Como xa adiantamos no noso último post, durante estas semanas o noso grupo dedicouse a mellorar a comunicación que o SEPIU leva a cabo nas redes sociais a través da súa conta de Facebook, e que pensamos que estaba mal orientada ao funcionar como un “perfil” igual ao que a maioría de nós temos nesta rede social.
Isto provocou que houbera algunhas queixas con respecto á privacidade dos usuarios que se facían “amigos” do servizo, e aos que non lles gustaba demasiado a idea de que traballadores da Universidade puideran acceder ás fotos da súa última noite de festa.
O que fixemos foi explicarlles como poderían transformar o seu perfil nunha páxina e explicarlles que vantaxes tiña:

  • Eliminamos a barreira da privacidade, xa que coa páxina só se pode acceder á información que o usuario decida facer pública, co que contamos con menos reticencias para que lle dea a “gústame”. Tamén é máis sinxelo para os administradores, que non teñen que estar aceptando peticións de amizade.
  • Aínda que non sexan fans da páxina, a información que publiquen no SEPIU será pública para calquera que entre, co que melloramos a penetración das informacións que compartan.
  • O que a eles máis lles interesou foi o feito de poder coñocer o número de lecturas das súas publicacións que foron feitas desde o seu muro e cales foron lidas nos muros dos seus seguidores por outras persoas alleas, axudando tamén á penetracion e a estudar como mellorar a estratexia de comunicación.

Por outra banda, estamos comezando cunha ronda de contactos entre diferentes voluntarios e responsables de varias asociacións para gravar o spot e o vídeo para motivar o voluntariado do que falamos no post anterior, agardamos poder gravar esta semana ou a próxima e dalos a coñecer, por suposto, na nova páxina do SEPIU.
Xa que moitos de vós estades a traballar con asociacións nas que colaboran voluntarios, ¿credes que algún de vós ou alguén que coñezades estarían dispostos a saír no vídeo ou facer unha entrevista? ¿Que vos parece a páxina de Facebook como estratexia de comunicación nas redes sociais? A páxina podedes vela aquí, e non vos esquezades de darlle a “Gústame”.
T8A.

SEPIU: Intentando comunicar

Como Ángel (nesta entrada) e Lucía (nesta outra) xa deixaron caer nos seus respectivos posts persoais, no noso grupo ProT estamos a pensar en como podemos dar a coñecer un pouco máis o Servizo de Participación e Integración Universitaria, que a USC ten algo esquecido.

Para completar esa presentación inicial das tarefas que temos pensado realizar, imos explicar as principais formas que a nós se nos ocorreron para poder promocionar este servizo e que foron, fundamentalmente, tres:

  • Transformar o perfil persoal de Facebook co que ata o de agora estaban a traballar nunha páxina, simplificando o proceso e sen a posible percepción por parte dos seguidores de instromisións na súa intimidade (os responsables comentáronnos que recibiron algunhas queixas neste sentido).
  • Elaborar un par de pezas audiovisuais: unha que sexa unha especie de spot, algo curto e impactante que quede na memoria do receptor. A outra trataríase dunha conversa entre voluntarios onde expresen as súas experiencias, as cousas que lle aportou a súa acción, por que pensa que é importante o voluntariado…
  • Concursos: pensamos que ese spot audiovisual podería saír dunha competición, ao igual que algún cartel que servira tamén como promoción. No SEPIU comentáronos que tal vez poderían buscar algún patrocinador para os pemios.
  • Crear un boletín electrónico cuadrimestral onde se recollan entrevistas con voluntarios, se explique o traballo que se leva a cabo nas diferentes asociacións e a súa aportación na sociedade e tamén se promocionen novidades no servizo como cursos, programas, etc.

¿Que vos parecen a vós estas iniciativas? ¿Pensades que imos polo bo camiño? ¿Botades algo en falta? ¿Pensades que servirá para motivar á xente? ¡Deixade os vosos comentarios!

T8A