Arquivo do blog

A cidade está ben en pequenas dósis, a pesar de que  outros dirán o mesmo dos pobos;eu defendo a miña postura. Nos pobos é o sitio onde se pode atopar algo de indentidade, de carisma, non seguen un patrón arquitectónico fixo,mentres que nas cidades parecen todas o mesmo escenario , que se reproducen dun rincón a outro do planeta, edificios, luces…

Tamén cambia a forma que teñen os individuos de relacionarse entre sí. Walter Benjamin, xa explicaba as contrariedades que este tipo de asentamento provocaba no home, tan pronto se podía sentir só, como tragado pola urbe. Nela temos todas as posibilidades para desenvolver as nosas necesidades,  pero pola contra, sucumbimos ante  a opresión de formar parte dun modelo. Alí é moito máis sinxelo caer nos gustos das masas e deixarte levar, mentras que no pobo, eu penso que cadaquén pode desenvolver  mellor o seu carácter sen este tipo de contaminación. O contacto entre a xente como di o sociólogo Louis Wirgh é superficial, anónimo, rápido. No pobo é moito máis denso e cercano, en moitos sitios o vecin e parte casi da familia e, tanto a él como a moita outra xente do pobo soen invitala a moitos acontecementos familiares, feito impensable na cidade.

Finalmente para mín o mellor é unha crianza no ámbito rural, estudo e traballo na cidade e a vellera xa se verá. Tamén e certo que a xente tende a pensar sempre que o pasado foi mellor, quizais por eso sempre queremos voltar os nosos orixes, maioritariamente ligados aos pobos.

Álvarez Gromaz Lucía S1F,1A3.

http://www.youtube.com/watch?v=O9I3502b3co&feature=related

Un lugar, un municipio ou unha cidade proxectan unha imaxe ao exterior que depende en gran medida do que sobre ela remitan os medios de comunicación. Están conformadas por un cúmulo de impresións… e no caso da vila de Verín non é un segredo o feito de que adoita facerse un oco na páxina de sucesos…

O pasado venres 23 a piscina municipal foi escenario de todo un caso de pederastia, ao descubrirse como un home duns 30 anos gravaba a un menor no vestiario co teléfono móbil. A reación dos pais dos menores que acuden á piscina non se fixo esperar, e agora o alcalde prometeu construir un vestiario para os máis cativos.

http://www.laregion.es/noticia/203281/vestuario/propio/menores/piscina/

Non obstante chámame a atención que un tema tan delicado como é o da pederastia e que levanta gran alarma social sexa unicamente tratado por dous xornais da rexión ourensá: La región e La voz de Ourense.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/03/24/detenido-grababa-menor-vestuario/0003_201203O24C6991.htm

Estou dacordo en que se trata dun suceso que acontece na vila verinense, e que é un deses problemas sociais que nunca morren e que permanentemente están sendo noticia, pero considero que debería facerse máis global. Hai asuntos de menor relevancia que se dan a coñecer moito máis. Neste caso quizais por ser un suceso acontencido nunha vila non se lle da a difusión que o caso merece.

Prada Estévez, Alba CL4X

Imagen

Un ano máis, e o Equiocio xa está aquí de novo. Este salón do cabalo, que se celebra anualmente na cidade de Ferrol, coincidirá este ano coa Semana Santa, e agardan que teña tanto éxito como as anteriores ocasións, xa que sempre hai un cheo absoluto e as entradas esgótanse varios días antes.

Como dixo Rey Varela, esta cita supón “unha importante repercusión para a imaxe de Ferrol no conxunto de Galicia e España”. Aínda que este ano conten con menos presuposto que outros, debido a crise, non se baixará o nivel nas competicións nin nas exposicións de cabalos.

Aínda que a día de hoxe non se coñece todo o calendario de eventos que teñen previsto nin o “famoso” que fará de padriño, agárdase que máis de vinte mil persoas se acerquen ata a cidade e que haxa máis de douscentos participantes nas probas que se vana realizar.

Que  a feira do Salón do Cabalo coincida coa Semana Santa en Ferrol, na miña opinión, non é ningunha coincidencia. Que hai crise, é algo innegable, pero a Semana Santa de Ferrol foi declarada hai uns anos de “interese turístico nacional” e penso que pretenden aproveitar o tirón que isto  ten, para conseguir máis público. As entradas, non obstante,  soen ser baratas, e se andamos con ollo, incluso nos poden saír gratis, xa que a empresas patrocinadoras sempre soen sortean unhas cantas .

http://www.equiocio.es/

Pradera Cibreiro, Sara

CL4X

A eurocidade Verín-Chaves é un proxecto que foi creado para lograr a converxencia institucional, económica, social e cultural entre dous territorios fronteirizos. Pretende por conseguinte unha maior cohesión social entre o municipio de Verín e a rexión do norte de Portugal.

Co propósito de cumprir esta meta, a Asamblea General dela RedIbéricade Entidades Transfronteirizas (RIET) aprobou o pasado 9 de marzo unha serie de propostas: crear  unha comisión para que haxa unha actuación eficaz por parte dos efectivos de protección civil, unha plataforma de correos ibéricos, eliminar o servizo de Roaming na península e compatibilizar o sistema de cobro de peaxes.

http://es.eurocidadechavesverin.eu/novas/ver-nova/4f59b70f2d8ca/la-red-iberica-presenta-propuestas-para-fortalecer-la-cooperacion-entre-el-norte-de-portugal-y-galicia

A eurocidade pon de relevo a importancia do cosmopolitismo ou de ser “un cidadán do mundo”, é dicir, non encerrarse no local, na “tua cultura” que moitas veces está só delimitada por unha división territorial, espacial.  A importancia de entender outras culturas faise latente sobre todo nun territorio de fronteira, precisamente porque semella que os seus habitantes non saben moi ben onde ubicarse, xa que senten que forman parte dun lugar onde converxen duas culturas. Isto leva a concluir que a visión de pertencer a unha ou outra (cultura) según o territorio no que habites é algo moito máis complexo que iso. Os territorios non se desvinculan un doutro por esa delimitación conque se representan nun mapa… xa que dentro dunha rexión poden convivir cidadáns de distintos lugares, con distintas culturas e que aportan o seu graniño de area para axudar a facer esa mestura de formas de vida e pensamento. Isto demostra que todos os lugares están interconectados cultural, económica e socialmente.

Prada Estévez, Alba CL4X

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/03/04/guardia-civil-busca-portugal-cuarto-implicado-crimen-verin/629431.html

Sen dúbida algunha podería tratarse dun feito extraído dun thriller de intriga ou misterio, ou dunha escena digna dun filme de xénero policíaco… pero como adoita dicirse, moitas veces (ou incluso a maioría das veces) a realidade supera á ficción.

O rebumbio que causou o asasinato do chófer Bernardino Pousa o pasado mes de setembro, o cal apareceu degolado debaixo do autobús que conducía, reaparece de novo coas detencións da filla do mesmo, o mozo desta e a ex muller da vítima.

 Un suceso de tal calibre non pode menos que espertar toda unha serie de reaccións entre o pobo verinense, que non da creto a que a propia familia fose a que matase a Bernardino. As investigacións concluiron que foi o mozo da filla, Alberto Fernández, quen o golpeou na cabeza cunha barra de ferro e que foi a ex muller a encargada de contratar a un sicario portugués para que lle cortase o pescozo…así o acabou declarando Alberto Fernández tras a presión exercida pola policía. Agora búscase o paradoiro do presunto autor da degolación.

 Un suceso inhóspito? Que merece a categoría de “incrible”? sinceramente, atrévome a dicir que non tanto nunca vila como Verín. Ubicada xusto na fronteira con Portugal foi sempre escenario de sucesos escuros, maiormente relacionados co tráfico de drogas. Como verinense podo afirmar que os axustes de contas ou aparicións de mortes semellantes é algo máis “familiar” aquí que en calquera outro espazo galego. De feito, o pasado venres acaba de aparecer un matrimonio maior morto por unha ferida de bala na súa casa de Vilardevós… outro crime que pasa a engrosar a lista verinense e que de novo angustia ás xentes desta vila ourensá.

Prada Estévez, Alba CL4X

Que os Astilleiros de Ferrol, Navantia, non están pasando por un bo momento non é un segredo. Dende 2010 eles, xunto coas empresas auxiliares que os conforman, levan realizando movilizacións para reclamar unha maior carga de traballo. O número de despidos aumenta mes tras mes e polo tanto decidiron pedir axuda  mandándolle cartas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo para que faga unha  mediación no goberno central, debido á gravidade que reviste o  asunto.

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/37819-b-noticia

É unha situación crítica. Navantia constitúe a maior fonte de emprego da zona de Ferrol e arredores, polo que con todo isto que acontece, a poboación estase a reducir a pasos axigantados, xa que moita xente emigra en busca de emprego a sitios como Australia ou África, que é onde se está a realizar o traballo que antes se facía alí, posto que aos empresarios sáelles moito máis barata a man de obra neses sitios que en Ferrol.

Dende o 2000, Ferrol perdeu máis de 10.000 habitantes e todo parece indicar que este número irá in crescendo. Todo isto é unha pena, xa que estase a afundir o motor de emprego dunha cidade pola ambición dunha minoría, cuxo único interese é enriquecerse, aínda que isto teña consecuencias catastróficas.

Pradera Cibreiro, Sara   CL4X