Arquivo do blog

Adiós con el corazón

Que con el alma no puedo.

Queda nada para que este curso chegue ó seu fin. Cando nos deamos de conta outro ano máis terá pasado e xa serán dous dende que nos convertemos en persoas “independentes”.

O ano que vén chegaremos ó ecuador da carreira, o que virá despois ninguén o pode predicir, mais o bo sabor de boca que deixan estes anos non nolos quita ninguén. Para o adeus definitivo aínda falta, mais para un paréntese e un “ata logo” non queda tanto.

Moita xente di que os anos universitarios son os mellores e que os amigos que fas durante esta época son para toda a vida. Non sei se iso é certo ó cen por cen ou non, mais o que si sei é que a xente coa que me topei neste camiño é a mellor que podía encontar. E si, é certo, todo isto é un pouco cursi pero non puiden evitalo despois da gala do pasado xoves.

A gala xorcav fíxome darme de conta que esa despedida estaba máis preto do que eu pensaba, o ano que vén seremos moitos os ausentes e, hei de dicir, que con moita pena. Aínda así estou segura de que todos os que nos vamos deixaremos constancia da nosa presenza dalgún xeito.

Sen máis “ñoñadas” déixovos un fragmento dun monólogo de Berto Romero que penso que ten toda a razón. Quen non estuda unha semana antes dos exames? Quen non se pasa horas e horas de cafetería en cafetería? Cantas noites pasamos en vela para falar de nada?

Resumindo, disfrutemos do que nos queda !

Quiñoy Montero, S3B, 3B2