Crise económica e… novos modelos económicos

A conferencia a que asistimos o dia 15 de abril trataba sobre emprego, cultura e sociedade. O que intentaron dar foi unha explicación sobre a oportunidade de aumetar o valor dos novos modelos económicos produtivos ante a incesante crise económica. A conferencia foi iniciada por Lidia Senra (representante do sindicato Labrego Galego), que  nos falou sobre o agro en torno o territorio galego. Un dos puntos máis interesantes que tratou foi o da globalización pois según ela a capacidade de cada pobo de poder determinar o agro ou a política alimentaria que lle convén é necesario para poder combatila. A segunda en falar foi a representante de Ugacota. O que aportou á conferencia foi a súa visión como representante desta asociación de unión de cooperativas de traballo asociado, pois deu unha explicación do que era unha cooperativa xunto cunha descripción dos tipos de cooperativa que había. Desenvolveu o tema dende un punto de vista centrado na mocidade pois animou aos mozos a conformar cooperativas e a defender o autoemprego colectivo como forma de traballo ante a situación de crise que estamos a vivir e ante as vantaxas que a cooperativa ofrece, destacando entre elas a igualdade de tódolos seus membros sen máis poder interno duns que doutros.

O encargado de pechar a conferencia e de dar paso a rolda de preguntas foi Xabier Zar (xerente de Condes de Albarei), que nos falou dun caso particular de cooperativa. Neste caso foi o da súa propia cooperativa, que ao igual que Lidia Senra nolo explicou dende a súa perspectiva. Sen dúbida, Lidia Senra foi máis crítica que un Xabier Zar que amosou o lado máis descriptivo do que a súa cooperativa constituíu ao longo dos 25 anos que leva en funcionamento.

TGP 2L

Posted on 2 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Cristina Méndez Salgado

    O feito de asociarse coma cooperativa ou apostar polo autoemprego está claro que vai ser a forma de traballo do futuro. Penso que a idea de ser funcionario ou empregado sen responsabilidades xa non é posible porque o sistema actual non o pode soportar. O problema que eu vexo neste caso é tamén unha falta de interese por parte nosa para implicarnos máis do estrictamente necesario na marcha da nosa empresa. Penso que o de traballar de 10 a 14 e de 16 a 19 pertence ó pasado, e se queremos mirar cara a adiante deberíamos adecuarnos ós novos horarios dos paises europeos, máis productivos e máis adecuados á forma de vida de hoxe.

  2. Correción Grupos 1-2

    Interesante conferencia sobre un tema que toca moi de preto a Galicia, como é o das cooperativas, xa que estas abundan polo noso territorio. Só unha cuestión, ¿vedes factible o que defende a representante de Ugacota, o de que os mozos deben formar cooperativas nesta época de crise ou é unha utopía?

  3. Pensamos que é moi factible a actividade de formar cooperativas neste momento no que a crise fai mella na sociedade pois o que defende a representante de Ugacota e a acción de conformar o noso propio proxecto empresarial, acción para a que utiliza a palabra cooperativa. Pensamos que conformar unha cooperativa nesta etapa de crise é algo positivo e unha boa solución á falta de emprego laboral posto que a coopertiva no momento de crise no que nos atopamos ofrece a posibilidade de poder satisfacer as nosas propias necesidades laborais sen asumir tantos riscos pois nunha cooperativa na que os socios/as se xuntan voluntariamente para satisfacer as súas necesidades, principalmente económicas pero tamén sociais e culturais, cando se gaña todos gañan e cando se perde todos fan frente a perda de maneira conxunta.

  4. Correción Grupos 1-2

    Estou de acordo. Grazas por respostar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: