De ciencia, sociedade e xornalistas

Na entrevista que lle realizamos a Yolanda Casal, xornalista de “El Correo Gallego” que se encarga maioritariamente de cubrir os temas relacionados coa Universidade e o seu contorno, quedou unha cuestión no aire que consideramos importante tratar. A profesional da comunicación abriu a polémica sobre se realmente a sociedade demanda a publicación de noticias científicas.

el-correo-gallego-19304_01_gra

Yolanda é consciente de que é certo que cando preguntas á poboación que tipo de publicacións bota en falta as respostas de “noticias sobre ciencia ou noticias culturais” non son precisamente escasas. Pero ela pon sobre a mesa a dúbida sobre a veracidade destas declaracións. A xornalista afirma que a gran parte das persoas que aseguran estar interesadas neste tipo de temas acaban por non ler os artigos relacionados cos mesmos. Non obstante, tamén incide na pasividade de algúns xornalistas con respecto á hora de publicar sobre temas científicos. Yolanda opina que esta pasividade deriva nunha transmisión de coñecementos proporcionados, por exemplo, por grupos de investigación que non adxunta unha previa comprensión da realidade que se está contando por parte do propio xornalista. E, como consecuencia, a audiencia ou lectores potenciais destas noticias redúcense a expertos ou coñecedores do tema.

Polo tanto, esta situación lévanos a pensar sobre cal é a causa do problema: É a sociedade, por natureza, a que non se sinte en xeral atraída realmente por informacións de carácter científico ou son os medios os que non saben como converter os feitos deste carácter de maneira que sexan atractivos para o público?

Caamaño Deus, Sofía 151.B02

Posted on 9 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Me parece muy relevante la última cuestión propuesta, ¿Realmente el tema no interesa o son los medios que no lo saben enfocar de manera atractiva? Yo trato siempre de buscar post que resulten interesantes en relación con el tema que estoy trabajando con mi grupo, es decir, un observatorio de medios, y creo que esta cuestión es motivo de reflexión en este sentido. Probablemente la gente que demanda este tipo de temática científica no sea muy mayoritaria debido al enfoque que se le da en los medios a este tipo de temáticas. En mi opinión yo creo que ahí está el problema. Si os interese ampliar vuestro trabajo, pienso que tratar el tema desde este punto de vista que os propongo puede ser muy atractivo.

    RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

  2. Lidia Lareo 151.H04

    A pregunta feita ao final desta entrada é moi adecuada. Na miña opinión, as noticias relacionadas coa ciencia son realmente interesantes. De feito, aquelas que falan de descubrimentos en pro da cura do cancro, son moi lidos. Non obstante, a maioría das publicacións que tratan temas tan específicos pasan desapercibidas para o groso da xente por ese mesmo feito, porque son específicas. Por tanto, creo que a labor dos xornalistas é a de transmitir a mensaxe de maneira que o público a comprenda e lle ‘agrade’. E se para iso é necesario estudar a fondo un tema e coñecelo ben, pois será o que teñan que facer.

  3. Sin duda, la pregunta con la que se cierra este post da mucho que pensar. Quizás podríamos acercarnos a una respuesta -un tanto ambigua, quizás- afirmando que son ambas cosas. Por una parte, considero acertada la reflexión de Yolanda Casal al dudar de la intencionalidad real de la gente que demanda “más noticias científicas”; de alguna manera, parece que existe una necesidad social artificial de difundir conocimientos científicos hacia gente que, realmente, no tiene mucho interés en ellos. Pero puede ser que la base del problema sea, precisamente, el tratamiento informativo de los medios hacia dichas noticias; es posible que con un tratamiento más distentido y, digamos, “para todos los públicos” de este tipo de información la gente encontrara el interés que -en ocasiones- les falta cuando los reclaman. O quizás sea al revés, quizás los medios no se dediquen a esta información por el desinterés del público. Es, sin lugar a dudas, una cuestión que merece una profunda reflexión.

    SÁNCHEZ ÁLVAREZ PAULA 152.H04

Deixar un comentario