NON COÑECEMOS NADA DOS DEMAIS

Unha das cousas que me fixo reflexionar tanto na película de “Following” como a de “El hombre de al lado” é que non coñecemos para nada aos demais, nin tan sequera aos que nos rodean e cremos sabelo todo deles.

Nos dous filmes amósase esa curiosidade por saber quen é outro, a que se dedica e que fai. É, simplemente, curiosidade. A curiosidade que debe de existir nun xornalista. Supoño que todo o mundo se sentíu un pouco identificado con ambas películas, é o que sucede ao vivir en comunidade, sempre hai alguén ao outro lado que nos produce ese sentimento de querer sabelo todo acerca del. No caso de “Following” ocórreme algo parecido que o sentimento que embarca a Bill ao principio de comezar a seguir a xente aínda que non o levo tan aló, simplemente me gusta sentarme nun banco e observar como pasan as persoas diante miña, cada unha delas coas súas vidas; neste caso, eu non me poño a seguilas para averiguar a donde van ou que comen pero si que o imaxino. Sen embargo, en “El hombre de al lado” as vidas dos personaxes principais crúzanse debido aos intereses opostos dos mesmos que recae na típica discusión entre veciños.

Non coñecemos absolutamente nada das persoas que nos rodean e moitas veces contamos con prexuízos que poden ser acertados ou non. Persoalmente creo que a confianza plena na outra persona nunca se acaba de ter porque ignoramos o máis importante que non é o que se ve, senón o que a outra persoa está a pensar. Da a casualidade de que as mentes máis asombrosas, meticulosas e observadoras que os asesinos en serie e os psicópatas e a realidade dinos que nunca vamos a desconfiar dos que realmente son os culpables… ata que nos abren os ollos. Porque as relacións cos demais parecen basadas todas neste feito: un non sabe quen é realmente o outro, por moito que creamos coñecelo, ata que che quitan a venda.

Salgado Rey, Cristina T7A S3E

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2013, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: