Daily Archives: 5 Maio, 2013

A necesidade de comunicar

Para e elaboración deste segundo post sobre encontros e itinerarios centrareime en tres parellas de personaxes: de Following escollo ao “estafador” e ao “estafado”, de In the mood for love aos dous protagonistas e, de Gente di Roma,  ao señor que escoita voces no cemiterio e que fala coa condutora do autobua ús.

O moito da elección destes tres pares de personaxes é tratar o tema de como case sempre precisamos do outro para acadar algo.

O proxecto de escritor de Following precisaba de novas personaxes para as súas historias e foi dar cunha coa que non contaba a priori. Baixo o caro traxe e a pinta de non facerlle dano a unha mosca estaba un peculiar ladrón do que o protagonista non quería afastarse, non porque necesitase personaxes, senón porque necesitaba comunicarse con alguén e ese alguén levouno a máis xente (tal é o caso da rapaza), aínda que o desenlace non fose feliz.

In the mood for love  mostra como a necesidade é común á señora Chang e ao señor Chow pola falta das súas respectivas parellas, mais tamén mostra a vontade de establecer un contacto humano, non sexual. Os protagonistas do filme pretenden axudarlle ao outro (outra vez toma importancia “o outro”) a vencer as “tentacións” que poidan presentarse durante a ausencia daqueles cos que comparten a súa vida.  Nesta ocasión, o compartir experiencias similares fai que a comunicación co outro sexa máis sinxela.

O home de Gente di Roma precisaba tamén ao outro (ao igual que as tres personaxes anteriores) por un motivo similar ao protagonista de Following. Aínda que este non era escritor si que se sentía só, polo que acudía ao camposanto, onde cría escoitar voces que procedían das tumbas. A súa necesidade de compañía faise latente cando sube ao autobús, lugar no que pretende falar coa condutora, que non se mostra moi receptiva porque…que condutor de autobús non pensou que algún dos seus viaxeiros está un pouquiño tolo? A comunicación dentro dos autobuses sería un tema interesante de analizar, son outro dos lugares nos que se producen encontros entre persoas de todo tipo e con todo tipo de necesidades comunicativas.

Vizoso García, Ángel Antonio T8A S3F

Un día destes, en Roma…

Brancos, negros, homes, mulleres, italianos e non italianos comparten a cidade eterna, Roma. Este filme mostra a maneira de actuar na xente en diversos ámbitos da vida diaria, como pode ser o rapaz que é “abordado” polo xornalista no autobús, tratando a este último coma un tolo mais apropiándose dos seus métodos trata de iniciar unha conversa cunha rapaza que senta ao seu carón posteriormente.

Tamén no que respecta ás dobres caras atopamos o home que rexenta o bar no que entra o rapaz negro, de cara á galería moi ben pero despois muda de faciana (tal e como lle acontece ao estafador  e á rapaza que actúa de gancho en Following, que mudan a forma de actuar cando están xuntos e cando están coa vítima).

Despois atopamos os supostos encontros marcados por unha aparente superioridade na escala social dunha das personaxes mais que, sorprendentemente, rematan por unir experiencias e esquecer a calidade da vestimenta que levan posta ou a riqueza de cada un.

Inferioridade tamén transmiten os anciáns que se someten ao test que determinará se padecen a temida enfermidade de Alzheimer. Desta volta é unha inferioridade marcada pola imposibilidade de responder a patróns de actuación básicos como pode ser repetir tres palabras ou volver a debuxar unha sinxela figura. Aquí o doutor sería o que está situado por riba mais a súa actitude contrasta coa de, por exemplo, o camareiro que mencionaba antes.

Finalmente, é curiosa a actitude do home que, contra o remate do filme, escoita voces no camposanto, movido seguramente pola necesidade de escoitar a alguén e manter un intre de conversa. Esta necesidade de escoitar e ser escoitado  aparece no momento en que trata de falar coa condutora do autobús, aínda que esta do filme (ao igual que moitas e moitos na vida real) non sempre ten o ánimo suficiente para charlar.

Estes son os encontros que máis chamaron a miña atención pero, quen sabe cantos tan curiosos ou máis haberá en Roma cada día!

Vizoso García, Ángel Antonio T8A S3F

Isto é todo, amigos!

Este post chega un pouco tarde. Realmente, non queda moito máis para contar do noso proxecto. As actividades están feitas, a memoria tamén e só fica dar media volta para pechar definitivamente a porta do S3B.

Agora, ademáis dos documentos recabados e producidos, só nos queda a experiencia. Comprendimos máis as dinámicas de exclusión, desenganamos un pouco sobre os propios preconceitos que tiñamos artellados arredor da drogadicción e, por último, aprendimos un pouco máis sobre o común, sobre traballar en común. E isto aplícase tanto aos organismos dos que botamos man para o proxecto como ao propio traballo xa que, como a maioría de vós saberedes, coordinar a varias persoas nunca é fácil. Precísase man esquerda e implicación por parte de todos os membros.

Nesta última semana cada un de nós andivo a recolectar neste blogue as súas aportacións. Dentro de nada, a coordinadora enviará as memorias individuais de cada un ao profesor, para que este poida xulgar.

Só queda pois, pechar este capítulo co rogo dunha avaliación xusta e positiva. Constructiva e comprensiva.

E, a vós, aos poucos que vos aventurástedes a abrir os nosos breves reportes quincenais e lernos…

Moitísimas grazas pola atención prestada!!

S3B

Un atisbo de realidade cinematográfica

Following, In the Mood for love e Gente di Roma… Que teñen en común estes filmes? Estratexias, tácticas, o xogo do engano, encontros e itinerarios… todo isto está presente nestas tres películas. Na primeira delas, un escritor en sequía creativa decide seguir á xente pola rúa para poder inspirarse. Deste xeito márcase regras a si mesmo, como elixir ás persoas ao azar ou non seguir á mesma persoa dúas veces. Así é como coñece a Cobb, un ladrón de casas que termina por xogarlle unha mala partida, enganándoo e facéndoo responsable dun crime.

No segundo dos filmes, In the Mood for love, podemos ver roles sociais. A muller que sabe que o seu home a está enganando e aínda así prefire gardar a compostura e non se atreve a facer nada ao respecto. Coñece a outro home a quen tamén lle está sendo infiel a súa parella e que lle propón irse xuntos, pero esta non acepta, a pesar de que ambos saben que os seus cónxuxes están xuntos.

Na derradeira película, Gente di Roma, o motivo principal é o das diferenzas raciais, tamén o das clases sociais e os diferentes estamentos. A través dun paseo pola cidade de Roma observamos a diversidade cultural existente e a relación comunitaria e interpersoal que se desenvolve entre os seus habitantes. Imaxes e tópicos que aparecen reflectidos nesta película que pretende mostrarnos a Roma máis profunda cos seus códigos formais e morais, berce do mundo occidental.

Ao igual que sucede nestes tres filmes, no noso día a día tamén nos marcamos unhas regras e uns itinerarios: debo facer isto, isto e isto. En ocasións xorden interferencias que nos desvían dos nosos obxectivos e entón debemos reformular o procedemento inicial. Ademais, na sosa sociedade tamén convivimos cunha serie de estereotipos e de convicións sociais que inflúen na nosa maneira de actuar. Todo isto conforma o noso círculo habitual de conducta.

Prado Álvarez, Mario T6C S3E

O prezo da utopía sionista

Segundo defenden os sionistas, os dereitos históricos do pobo xudeu sobre a terra de Israel datan de tempos inmemoriais e están consignados en diversos documentos, entre eles na Biblia, o texto sagrado do Cristianismo. Cara ao século XVII AC, Abraham, Isaac e Xacobe, os patriarcas do pobo xudeu, establécense na Terra de Israel, concretándose o pacto divino e a promesa formulada a Xacobe trala súa loita co anxo enviado por Deus.

No 1948, unha Organización das Nacións Unidas (ONU) recen creada, decide purgar as culpas do holocausto favorecendo a creación dun estado sionista con recoñecemento internacional sobre o territorio que habita o pobo palestino. A partición é un feito consumado e os dirixentes do recén creado estado de Israel non se conforman con máis da metade do territorio e con algunhas comunidades árabes en minoría dentro das súas fronteiras. Para reverter esta situación deciden planificar unha guerra que lexitime a expulsión definitiva dos árabes do seu propio chan. É o Plan Dalet, cuxo propósito non é outro que garantir as fronteiras de Israel pola limpeza étnica, expulsión e destrución de vilas, cidades e urbanizacións palestinas.

O plan é executado polas forzas armadas de Israel. As prácticas de exterminio son habituais e utilizadas como ameaza os que se neguen a fuxir. Un cuarto de millón de palestinos abandonan os seus fogares fuxindo do terror sionista.

Dubra Todò, Antón Manoel  T3A S1F

Read the rest of this entry

Retratando: la vida (II)

La primera impresión que nos causa la película Gente di Roma es de caos. El caos de vivir en una gran ciudad,  de las diferentes situaciones que se desarrollan, de la vida de sus habitantes… En esta película en la que se plasman las vidas de los romanos, sus itinerarios, su cotidianidad se asemeja a los mismos itinerarios retratados que en Following, donde sus protagonistas seguían con los itinerarios de sus vidas entrelazándose entre sí.

De esta manera, podemos observar que los diferentes y diversos personajes que nos muestra la película Gente di Roma, poseen también unos itinerarios que desarrollar cada día. Da ejemplo, el periodista que se sube al autobús entrevistando a los emigrantes que encuentra a su paso y, especialmente, el hombre que tras muchos años trabajando en el mismo oficio es despedido y no se atreve a decírselo a su mujer, por lo que cada día mantiene su rutina, y su engaño,  de acudir a trabajar.

Gente di Roma retrata a través de diferentes historias, la vida desde la niñez hasta la vejez, buscando que el espectador en una historia u otra, se sienta identificado. Muestra la niña tímida y retraída que es olvidada por su compañeros en los juegos del patio, a la joven que no sabe cómo decirle a su novio de toda la vida que se ha enamorado de otro, el señor al que su hijo intenta convencerlo de llevarlo a una residencia, la anciana enferma de Alzheimer, que ya internada en una residencia, recibe las visitas de su nieta.

De estos diferentes perfiles mostrados a través del tiempo y de la vida de las personas, nosotros, los espectadores, podemos reflejarnos en ellos. ¿Quién era rechazado por sus compañeros en el colegio? ¿En algún momento dejamos de compartir nuestra vida con una persona para cambiarla por otra o simplemente por cambiar de rumbo nuestra dirección? ¿Hemos tenido a algún familiar enfermo de Alzheimer o le hemos internado en una residencia de ancianos?

Las situaciones se suceden tanto en exterior como en interior y la comunicación que mantienen los diversos personajes depende del grado de relación que tengan. Así la comunicación entre amigos y familiares es distendida y entre desconocidos, como el hombre entrevistado por el periodista, suele ser fría y tensa.

 Leticia Francisco Pérez  T4C  S2B

Retratando: la vida (I)

Following y In the Mood for love, unas de las películas que hemos visto durante estas últimas semanas, podría parecer a simple vista que no tienen nada en común, ni sus personajes, ni su argumento ni la historia que nos intentan acercar. Pero ahondando en estos filmes, encontramos diversos elementos que comparten.

Estas películas nos retratan de una manera diferente algo común: el curso de la vida de unas personas. Personas que, como nosotros, tienen un itinerario que seguir y desarrollar. Así en Following, Bill un escritor que se está pasando una crisis de creatividad, se dedica cada día a seguir a la gente de la calle, para buscar inspiración, o Cobb, el ladrón elegante y especialista en seguir también a sus futuras presas para introducirse en sus hogares. De la misma forma, los protagonistas de la segunda película, el señor Chow y la señora Li-Zhen, siguen sus mismos itinerarios, de casa al trabajo y del trabajo a casa, siendo este interrumpido solamente por las salidas a la tienda a comprar tallarines o por las veces que la señora Li-Zhen acude sin compañía al cine. También se podrían incluir en los itinerarios desarrollados en el filme, los continuos viajes de las respectivas parejas de los protagonistas.

Otro elemento a tener en cuenta es que en ambas películas, el contexto en el que se mueven los protagonistas es en un espacio cerrado, en apartamentos, en el edificio donde viven los protagonistas con sus ausentes parejas, el apartamento donde posteriormente se traslada el señor Chow, los lugares de trabajo, etc.

Pero el gran elemento que compartir estos filmes es que en ambos la mentira juega un importante papel. Bill y Cobb intentan mantener en secreto que ambos son ladrones, siendo el segundo un profesional del oficio, y el primero a su vez miente sobre la verdadera intención de seguir a Cobb, pues antes de verse involucrado solo buscaba inspiración y una buena historia que escribir. In the Mood for love, hay doble juego de necesidades y sobre todo de mentiras, de amor y de infidelidades. Los protagonistas se engañan y engañan al espectador, pues en realidad interpretan los cuatro papeles protagonistas, son la pareja engaña y al mismo tiempo la pareja que engaña.

Leticia Francisco Pérez  T4C  S2B

In the mood for love

Un melodrama sencillo, podríamos decir que hasta repetitivo y cansino en la historia del cine pero contado de una manera diferente. Una narración audiovisual que nos sumerge en el mundo oriental, un mundo cargado de valores tan diferentes a lo nuestros que ocasionan que por momentos nos replanteamos donde está el equilibrio entre ambos mundos. Pero  In the mood for love va más allá, Won Kar-Wai ha sabido reflejar de manera brillante la problemática de un amor imposible condicionado por el entorno que los rodea. Una comunidad agobiante y controladora reflejada en los vecinas chismosas; una comunidad de costumbres ejemplificada en la imposibilidad de que ambos protagonistas pudiesen ser  vistos juntos.

Itinerarios que se vuelven reglados como el de Su de ir a por tallarines que dan lugar a encuentros. Encuentros fortuitos y encuentros preparados en habitaciones de hotel lejos de miradas indiscretas. Encuentros basados tan solo en una mirada o un pequeño gesto. Encuentros que para muchos de nosotros pasarían desapercibidos pero que para los protagonistas suponen un mundo. Encuentros basados en una mentira, y es que de nuevo nos encontramos como ya había pasado en Gente di Roma con la mentira como protagonista secundaria. La mentira del marido de Su y la mujer de Chow, la mentira que ellos mismos quisieron creerse. La mentira como base de un  recuerdo de una época feliz y un recuerdo escondido en el agujero de un árbol.

Domínguez Osorio, Betsabé María. T3C S1E

 

Como la vida misma

2.796.102 habitantes conviven diariamente en Roma. 2.796.102 personas todas ellas diferentes  pero que comparten algo en común. 2.796.102 personas con sus problemas, sus alegrías, sus familias, sus amigos, sus trabajos. Gente italiana y gente extranjera. Gente de clase alta, gente de clase baja, gente blanca y gente negra, ateos, cristianos y  musulmanes. Niños, jóvenes y adultos. Morenos, rubios o pelirrojos. Así es Roma y así lo muestra la película Gente di Roma, un popurrí de personas que entremezclan sus vidas y experiencias sin siquiera darse cuenta. Personas con itinerarios reglados ejemplificados en la empleada de la limpieza que se levanta temprano todos los días para ir a su trabajo y personas que un día tuvieron esos mismos itinerarios reglados pero que ahora han sido desposeídos de su rutina como el hombre al que despiden de su trabajo.

A lo largo de todo el filme podemos apreciar diferentes encuentros, encuentros que nos pueden gustar más y encuentros que nos pueden gustar menos. Encuentros graciosos como el de la mujer apostando en el bingo cargada con las bolsas de la compra ; encuentros hipócritas como el del dueño del bar con su cliente de raza negra; encuentros de impotencia como el del hijo con su padre aquejado por un principio de Alzheimer y encuentros desoladores como el de la nieta que no es reconocida por su abuela enferma. Y en todos ellos un punto en común: la mentira. La mentira del padre al hijo al intentar esconder su enfermedad, la mentira de la mujer a su interlocutor al decirle que ya estaba llegando a casa, la mentira del dueño del bar al cliente diciéndole que tenía que salir porque iban a fregar.

Así somos los seres humanos, diferentes y a la vez tan parecidos. Y  así creamos nuestra propia comunidad cargada de  una diversidad en la que todos somos quien de identificarnos de algún modo u otro.

Domínguez Osorio, Betsabé María. T3C S1E