“O escultismo? Algo relacionado coa escultura, non?”

Continuamos tralos pasos do noso grupo de scouts, Guía Vasco da Ponte, e despois de recompilar datos, informacións e sobre todo vivencias, aventurámonos a saír á rúa para coñecer as ideas que a sociedade ten do concepto de scout e todo o que o rodea.

Non é difícil darse conta de que hai unha serie de nocións preconcebidas, quizais facilitadas polo cine norteamericano e as novelas que nos introduciron no mundo dos boy scouts estadounidenses. Pois ben, a nosa primeira pregunta foi se alguén nos sabería dicir algo acerca do termo escultismo. E a resposta, unánime: algo relacionado coa escultura, que ben seguro sería o que responderiamos a inmensa maioría. Ou no seu defecto, a opción máis escollida foi dicir “que non tiñan nin idea”. Aquí vos deixamos o vídeo que demostra a nosa experiencia.

E nós preguntámonos: que é o que falla? Será a falta de comunicación externa por parte das asociacións, ou a falta de interese dos cidadáns nestas actividades? O que está claro é que a realidade dos scouts é vista como algo que está moi lonxe de tocarnos a nós.

En vindeiros posts os meus compañeiros e eu encargarémonos de achegarvos o traballo deste grupo, a resolución do enigma por parte dunha das participantes na asociación (que é o escultismo), e máis material facilitado pola experiencia vivida co grupo Guía Vasco da Ponte, o cal aínda estamos analizando e organizando. O venres teredes novidades!

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

Posted on 24 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Os dejo aquí un vídeo de una charla de TED en el que una scout explica porqué es scout.

    No sé hasta que punto se adecua lo que dice esta mujer al modo de verlo de vuestro colectivo, por eso creo que sería interesante que os planteaseis trabajar de forma conjunta con el grupo de vídeo para producir algo con lo que explicarlo claramente.
    Dejo también aquí un fragmento de la película Moonrise Kingdom de Wes Anderson en la que se muestra una imagen bastante prototípica (y cómica) de lo que es ser un scout. http://youtu.be/VaPapTXbumc

    NAVARRO OTERO, PEDRO 152.H01

    • Silvia Iglesia Castiñeira

      Realmente interesante el testimonio de esa chica scout, aunque basta con poner la palabra “scout” en Google para ver que es eso lo que pretenden transmitir. La formación de una sociedad mejor, en la que la colaboración mutua es la base de toda relación.

      IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

  2. El tema que estáis tratando me parece que da bastante de sí, ya que además de también tocar el tema de la infancia como en el que trabaja mi grupo, son una parte de esta que sufre muchos estereotipos, como mencionas en el post, motivados por películas americanas. No se si ya habíais contactado con ellos pero aquí os dejo el contacto de la Federación de Scouts de España, igual os pueden responder algunas preguntas o ayudaros con alguna información. El e-mail es asde@scout.es, ya que su página no permite el acceso con mucha facilidad por errores. Tiene publicación de una revista, igual es información que os resulta útil.

    MULEIRO FERNÁNDEZ, MARÍA 152.F02

    • Silvia Iglesia Castiñeira

      Por lo que he visto, vuestro trabajo y el nuestro están muy relacionados en lo que a estereotipos se refiere. Ambos, son muy vulnerables a que la sociedad tenga una imagen predeterminada de ellos y así, se acabe alejando. Tanto que como vemos en este vídeo, la inmensa mayoría de la población no tiene constancia de algunos conceptos que no deberían sonar tan raros (me incluyo).

      IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

  3. Xiana Gómez de la Campa

    Paréceme un tema que esperta curiosidade, sobre todo porque o noso coñecemento sobre os scouts está influenciado e baseado, en moitos casos, pola “desinformación” das películas americanas que son unha cadea de estereotipos.

    O movemento scout vai máis lonxe de norteamérica e é unha práctica extendida por todo o mundo. Eu non fun consciente da súa magnitude ata que un día, por casualidade, atopeime na páxina http://scout.org/. Lín de maneira rápida e quizáis sen prestar suficiente atención, pero percateime de que era algo máis que unha xuntanza de nenos que pasean polos bosques.

    E eu, sen dúbida, respondería “non teño nin idea” e espero que cos vosos próximos posts acabe tendo unha. Seguro que sí.

    GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA 151.D03

    • Silvia Iglesia Castiñeira

      Por suposto que é un movemento que vai moito máis alá de facer andainas, cantar arredor dunha fogueira e facer galletas. No trasfondo de todo o que fan atópase a ilusión de crear unha sociedade mellor, de cooperación entre uns e outros, a pervivencia do que no seu día iniciou Baden-Powell.
      Quizais neste sentido, as películas americanas en vez de axudar crean unha imaxe que non é a real.

      IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

Deixar un comentario