Ata pronto con comida ecolóxica

Neste último post quero eu, e en nome do meu grupo, facer unha reflexión sobre todo o que levamos afondado en post anteriores acerca do mundo rural e a presenza destas mulleres rurais nos medios de comunicación. Para elo quero mostrarvos unha noticia que saíu na Voz de Galicia, na cal se entrevista a varios empresarios que empezaron no mundo da agricultura ecolóxica como nova saída profesional. En concreto interésanos a última moza entrevistada, Judith García Andrade,  que como moitas das mulleres coas cales falamos di que “ o traballo do campo é moi gratificante pero está moi pouco valorado”, aínda así, esta moza coruñesa pareceulle máis interesante a idea de dedicarse a agricultura que seguir estudando, algo raro no mundo actual.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/agro/2015/04/12/nicho-agricultura-ecologica/0003_201504G12P40995.htm

97cf773f92a2adeb61c6f0abbd55c980

A iniciativa desta rapaza a facer agricultura ecolóxica non é estraña, e como vimos ó longo de todo este tempo, é a principal para as mulleres que se queren dedicar a isto ou que simplemente levan toda a vida no campo e queren reinventarse. Dende aquelas que apostan por crear a súa propia tenda, aquelas outras que teñen distribuidores que comercializan o produto en diferentes fogares, até aquelas últimas que venden en mercados como o de Santiago de Compostela “Entre Lusco e Fusco”. A agricultura e gandaría ecolóxica é un sector en auxe que está facendo que as mulleres rurais se encontren cómodas nun espazo que moitas veces se ve masculinizado, e eu creo que ese é un paso moi importante para que se vexan os labores tan importantes que realizan as agricultoras no rural.

3sicil

Polo tanto, e amodo de pequena conclusión, aínda que penso que queda moito camiño por recorrer para que a presenza do xénero feminino no rural se vexa na sociedade igual que o masculino (aínda que na realidade é maior); o desenvolvemento de novos tipos de agricultura que permitan a muller unha maior visivilización e un maior recoñecemento do seu traballo son fundamentais, aparte de novidosos e gratificantes.

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Advertisements

Posted on 17 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Antes de nada, Mabel, parabéns pola vosa investigación e seguimento do traballo. Ademais por este post, no que se observa claramente a loita actual. Que unha rapaza moza teña esta iniciativa creo que é moi positivo e ademais falamos de productos ecolóxicos! Creo que todas nós deberiamos decantarnos polo ecolóxico, pola saúde da propia terra.
    Deixovos aquí un artigo que profundiza máis nos alimentos ecolóxicos

    http://guiagastronomika.diariovasco.com/noticias/alimentos-ecologicos-seguros-201304151144.php

    Fai uns días lin un artigo sobre unha muller que deixara de lavar o cabelo con champú debido aos grandes produtos químicos que conleva, e decantouse por outras alternativas, como utilizar só auga e aplicar ovo cada once días.

    http://www.fiuxy.com/nutricion-salud-belleza-y-fitness/4004194-la-historia-de-una-mujer-que-dejo-de-usar-el-champu-por-otras-alternativas-ecologicas.html

    Por outra banda, tamén vos deixo aquí o enlace a este libro. Confesar que eu non o lin, mais escoitei falar del e creo que é unha aportación interesante: ” Mujeres y ecología: historia, pensamiento y sociedad”

    http://www.mujeresenred.net/spip.php?article226

    Mais nada, grazas polo voso traballo!!

    GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

    • Mabel Villamarin

      A comida ecolóxica é beneficioa para todo o mundo que a consome,non só para aquel que a produce e fai negocio de ela. Eu tamén lin esa noticia da moza que deixou de lavar o pelo con produtos artificias e pareceme cando menos curiosas; porén o importante aquí creo que é profundizar sobre a loita da muller neste mercado e ese libro que ti apuntas ó final é unha boa referencia.
      Grazas a tí por lernos e seguir o noso traballo

  2. seminariocomunicacion1

    Me sorprende todo lo que llegasteis a ahondar sobre un tema tan complicado como este durante este cuatrimestre y por supuesto, os felicito.
    Como ya he dicho muchas veces, la frase renovarse o morir cada vez adquiere más sentido y desde luego la iniciativa de dedicarse a la agricultura ecológica no me puede parecer mejor tanto por la salud de quienes consumirán después los productos como por evitar la sobreexplotación de las tierras. Este estudio de la UCLM muestra varias de las ventajas de este tipo de agricultura:
    http://www.uclm.es/actividades/repositorio/pdf/doc_3721_4589.pdf

    A parte de esto, me sorprende muy mucho que los sectores de la agricultura y ganadería se vean masculinizados cuando quienes hemos pasado tiempo en aldeas, pueblos o similares tenemos una idea bien distinta, ya que casi siempre a quienes vemos realizar estas tareas suelen ser del género femenino. Desde luego que este es uno de los trabajos más duros y desgastantes que existen y las mujeres que lo practican se merecen tanto el reconocimiento debido como que los medios se preocupen por darles la visibilidad que no tienen.

    GIRÁLDEZ RODRÍGUEZ, VALERIA 151.C02

    • Mabel Villamarin

      A comida ecolóxica creo que está sendo un punto forte para o desenvolvemento da muller rural, como apuntaba xa no post. A parte de iso, que xa é algo que se ve nos medios de comunicaión a sociedade en xeral debería de facer para que este recoñecemento fose máis significativo e así poder acabar con algún dos estereotipos que hai marcados na sociedade.

  3. seminariocomunicacion1

    Me parece una gran iniciativa y una manera de dar salida a los productos de una forma natural. Cada vez más personas están cansadas de comer productos poco sanos para la salud y la agricultura ecológica se está abriendo hueco en el mundo actual.
    Sinceramente quiero decir que se nota y mucho la diferencia. No hablo de aspectos de salud, ya que eso no lo noto, sino en el sabor y en la frescura. Cada vez que voy a comer a casa de mi tía al pueblo todo sabe mucho mejor. Ella cultiva de todo y no hay nada como unas patatas caseras o una ensalada recién cogida de la huerta.
    Aquí os dejo unas claves de la dieta ecológica y sus beneficios: http://www.ecologiaverde.com/la-dieta-ecologica-alimentacion-bio/

    Davila Fernández, Pedro 151.G02

    • Mabel Villamarin

      É aquí onde se debería centrar a maioría das persoas, ou polo menos aquelas que notan a diferenza para non só establecer hábitos de consumo saludable, senón para darlle pulo a un mercado que cada día se intenta facer un oco na sociedade. Ínvitote a que non só consumas en casa de túa tia e visites mrcaados locais que venden este tipo de produtos e dalgunha maneira axudes a súa economía e o seu desenvolvemento,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: