Falemos das consecuencias

Estamos a falar continuamente da contaminación que se podería dar co proxecto da mina de Corcoesto. E para reflectir o que pode chegar a pasar vou poñer como exemplo outro proxecto mineiro que se levou a cabo entre 1974 e 1988.

Non me vou ir moi lonxe, é máis, non fai falla saír da provincia da Coruña para encontrar esta mina. Trátase da mina de cobre de Touro, municipio coruñés, a uns 20 km de Santiago, aproximadamente. Esta mina, que cesou a súa actividade hai 25 anos, foi explotada pola empresa Rio Tinto.

Unha mina que, despois da explotación, non foi dotada de ningún sistema de recuperación, ata hai ben pouco. Os materiais da mina produciron a acidificación do solo e mesmo dos ríos cercanos, afluentes do Ulla.

No vídeo anterior pódese observar o estado dos ríos cercanos á antiga explotación.

Os únicos intentos por restaurar os solos comezáronse a levar a cabo hai poucos anos mediante técnicas pioneiras, pero como se pode observar no vídeo, foron pouco efectivas.

Despois da explotación mineira, fálase de Touro como unha paisaxe marciana.

Paisajes-marcianos

Esta mina continúa dando que falar, xa que a finais do ano pasado, a Plataforma Salvemos Cabana presentou unha denuncia na Oficina del Defensor del Pueblo, mediante a cal se abriu unha investigación sobre a restauración do terreo explotado, ademáis da falta de control por parte da Xunta.

Salvemos Cabana sinala á mina de Touro como un exemplo a non seguir.

Esta explotación, moito menor que a de Corcoesto, fai saltar as alarmas, xa que denota que a Xunta exerceu no seu día un nulo control da contaminación e non se preocupou en absoluto pola mina e as súas nefasta consecuencias medioambientais.

Todo isto podémolo extrapolar ao proxecto de Corcoesto e pensar no desastre medioambiental que pode causar se non se controla debidamente. Por outra parte, alégrame pensar que, hoxe en día, a cidadanía está moito máis concienciada que hai 25 anos e que este tipo de decisións non se toman tan á lixeira.

Ulla Villanueva, Oscar 143 B05

Posted on 5 Marzo, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Non sei si a cidadanía está máis concienciada agora que fai vinte anos pero o que teño claro é que os medios cos que contamos agora son un arma de dobre filo. Por unha parte temos moitos máis medios, véxanse as redes sociais, para expresarnos. Esto está ben pero creo que a xente deixa todas as súas enerxías en protestar na rede pero que na realidade non fai nada. Antes se saía máis a calle e loitábase máis, agora vánsenos as palabras pola boca.
    Hernández Varela, Paula 142.D02

    • É certo que actualmente utílizase moito todo tipo de rede sociais como medio de protesta, cando na realidade non se protesta na rúa, por exemplo. Pero tamén podo dicir que no tema que estamos a tocar as redes sociais serviron para concienciar e movilizar á xente, véase por exemplo o vídeo que pedía firmar a petición de change.org e as posteriores movilizacións que axudaron á paralización do proxecto.
      Ulla Villanueva, 143 B05

  2. Non tiña nin idea da existencia desta mina, mais paréceme un bo xeito de previr que matanzas naturais deste calibre se volvan repetir. Eu tamén creo que a cidadanía está hoxe en día moi concienciada con este tema. Penso que na Galiza foi unha reacción moi vinculada á publicación deste vídeo:

    Pardo Abuín, Xoana 142.A03

    • Totalmente dacordo, a publicación dese video serviu de chave para chegar a toda esa xente que descoñecia o que se ía levar a cabo en Corcoesto.

  3. Home o de “Touro como unha paisaxe marciana” igual é algo esaxerado, non digo que unha zona en concreto esté así, nin nego absolutamente nada do resto (de feito ratificoo) pero esa expresión pareceume un pouco estrana.
    Un saúdo!

    • O de “Touro como unha paisaxe marciana” non é unha frase miña, é unha frase dun xornalista nunha crónica sobre unha visita guiada á mina (perdon por non facilitar o enlace da cronica pero agora mesmo non a atopo). O erro foi meu por non entrecomillar a frase…
      Un Saúdo!
      Ulla Villanueva, 143 B05

Deixar un comentario