Sin resposta

503249120bb21-268217_399964120050847_447151178_n

Plataforma en Defensa de Corcoesto

Despois da visita a Corcoesto para coñecer de primeira man a posición dos veciños respecto ao conflicto mineiro, tocaba contactar coa outra parte. Neste caso: a Xunta. Tentamos poñernos en contacto telefónicamente, pero foi imposible atopar con algunha resposta para as nosas preguntas. Contactamos coa Consellería de Medio Ambiente, coa Consellería de Industrias, co Servizo de Calidade e Natureza, con Enerxía e Minas,… Pero nada, ninguén nos sabía responder, ou mais ben, non querían responder. En moitos casos o que facían era pasarnos cos responsables de prensa de cada departamento e unha vez que falábamos con eles dicíannos que mellor lle enviásemos un correo coas nosas dúbidas e que se encargarían de contestarnos o máis rápido posible. De feito, a semana pasada enviámoslle un correo ao gabinete de prensa da Consellería de Medio Ambiente e dixéronnos que tardarían en dar resposta como moito un día. Pasaban os días e a nosa bandexa de entrada continuaba baleira. Foi entón cando decidimos volver a chamar e contestaron que non responderan ao correo porque finalmente non é competencia deles senón de Industrias, e así continuamente. Polo tanto, non temos información de primeira man da Xunta sobre cal é a súa posición no conflicto. Coma sempre, as institucións públicas tan a servizo do pobo… Pero isto non queda aquí e continuaremos insistindo porque como di o refrán: “el que la sigue, la consigue”. Ademais, seguiremos recadando máis información sobre o tema e vendo as novas noticias publicadas sobre o mesmo.

Finalmente, sinalar que o pasado venres a Administración galega anunciou a paralización do proxecto mineiro. Así o notificou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, nunha carta na que dita a resolución de denegación definitiva do proxecto da mina de ouro de Corcoesto. A noticia foi celebrada pola plataforma Salvemos Cabana, aínda que con cautela ata que non se coñeza se a anulación da mina é definitiva e irreversible.

Esta é a carta na que se anuncia a paralización da mina:

5323267f2a33b-1965072_10203097134930217_1732009674_n

Plataforma en Defensa de Corcoesto

Aquí vos deixamos algunhas publicacións que recollen a noticia:

http://praza.com/movementos-sociais/6733/a-presion-social-paraliza-de-vez-a-mina-de-corcoesto/

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/salvemos-cabana-celebra-la-cancelacion-de-la-mina-de-corcoesto/idEdicion-2014-03-15/idNoticia-858245/

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/03/16/salvemos-cabana-celebra-cancelacion-mina/821413.html

143 B00

Advertisements

Posted on 20 Marzo, 2014, in Posts grupais and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Alguien había dicho que los que trabajan en los gabinetes de prensa son periodistas? alguien se había creído que una parte interesada como la Xunta va a responder realmente a los ciudadanos, sino es a través de medios comprados por su propaganda y por las subvenciones al papel? Pues, para muestra un botón.
    La información es pública. Pídanlo por registro de la consellería correspondiente que ha puesto ahí al sr. Tahoces. Y giren copia a los portavoces de los grupos parlamentarios del Parlameto Galego de su petición. Por tocar las narices. Tardarán meses, pero por el medio alguien les abrirá su corazón o, tal vez, les tarareará su quimera.

    • Finalmente nos contestaron a un correo después de dar muchas vueltas. La respuesta no fue la que a nosotros nos gustaría, pero más o menos era lo que nos esperábamos por parte de la Xunta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: