DEGOLEMOS AO CAPITALISMO E A SÚA CENSURA!

https://www.youtube.com/watch?v=JR7AXXDrEAA

Esta escena é da película “A quimera do ouro” de Charles Chaplin, onde amosa a dolorosa vida dos mineiros. Para tentar por un bocado de humor nun proxecto onde houbo de todo menos gargalladas. Porén, iremos neste post retroceder aínda máis. Voltaremos á época dos romanos.

Xa na antigua Roma existía a adición ao ouro. Leváronno todo. A xente chegou a perder a vida por este metal dourado. O científico e naturista Caius Plinius (23-79 d.C.) –máis coñecido como Plinio o Vello- escribiu o único testimonio direito que podemos atopar sobre as Médulas durante a súa época de explotación. Estos coñecementos áchanse na súa obra Naturalis Historia, no libro XXXIII (Tratado dos metais e a súa natureza) afirma:

“Deste modo dicen que as zonas de Asturias, Galiza e Lusitania proporcionan, nun ano, vinte mil libras de peso en ouro. Nesta produción a de Asturias é a maior parte. Non hai en ningunha parte un exemplo deste tipo de fecundidade, seguido durante tantos séculos”.

Concluimos pois que se unha libra son máis ou menos 327 gramos, esta xente sacaba máis de 6 toneladas e media de ouro ao ano, hai dous mil anos. É dicir, a maior parte do ouro foi extraido séculos atrás. Agora formulamos unha pregunta para Edgewater, goberno e calquera outra empresa:

Queredes cortarlle a gorxa a nosa terra a cambio de que? Xa vos contestamos nós, a cambio dunha ridícula cantidade de ouro.

Plataforma Salvemos Cabana

Plataforma Salvemos Cabana

Cambiando de tema. Adxúntovos un documento da páxina da Unión Sindical Obrera para que entendades parte das pedras coas que nos topamos ao longo deste proxecto.

Nota de prensa USO (1)

Supónse que nunha democracia, as institucións deben ser transparentes e facilitar as informacións aos cidadáns. E senón que llo digan á nosa compañeira Ana Rial, que hai un par de semanas a piques estivo de tolear para que a Xunta lle respondese a un mísero cuestionario. Unha resposta que tivo forma de carta breve e argumentos dignos dun contestador automático. E así foi a dinámica da Xunta en todo o que durou este traballo. Se falamos de Edgewater, o caso aínda é peor. A empresa si se preocupou pola comunicación… Pola comunicación coa Xunta claro, porque coa cidadanía… Cero. E logo está o baile de cifras entre as dúas. Que se daba mil e pico postos de traballo, que se daba cincocentos… Unha proba da cada vez máis habitual colaboración entre a empresa privada e o Estado que se da no noso país.

Deberiamos ser conscientes tamén de que todo o que está a acontecer en Corcoesto non é cousa dun ano como acostumamos a pensar. E é que o conflto da minaría en Cabana de Bergantiños comezou xa nos primeiros meses do ano 2012, pero semella que a ninguén lle interesaba mediatizar o conflito, quizáis porque coñecían as consecuencias que traerían, e que trouxeron -si, estou a falar da paralización do proxecto-.

O proxecto foi avanzando, paseniño,  superando obstáculos, pero topou con un moi importante, alguén pensou en dar a coñecer o que ía pasar e concienciar á poboación. E o conseguiron. A publicación do vídeo para recadar firmas na plataforma Change.org  e a posterior movilización popular coa conseguinte mediatización conseguiron paralizar, de momento, o proxecto megamineiro de Corcoesto, como xa dixemos en anteriores posts.

https://www.youtube.com/watch?v=pQvms6lmYec

Esta é a última entrada, máis non a fin da nosa colaboración. Estamos a espera do regreso do noso compañeiro Pablo Portela de terras catalanas, para volver a Corcoesto. Hai moitas cousas que non puidemos contar polos motivos que xa sabedes, pero outras foron pola sintetización dos posts. Se queredes enterárvos de máis datos e toleiras deste circo, encantados pasarémosvos a nosa memoria cando a acabemos. Despedímonos cunha frase de José Luis Sampedro da que tanto gosta Ramón Varela –o xornalista ambiental que fixo posíbel este proxecto-.

“Somos naturaleza. Poner al dinero como bien supremo nos conduce a la catástrofe”.

 

143 B00

Posted on 3 Abril, 2014, in Posts grupais and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Segundo a miña opinión o voso tema é dos máis, ou o máis, difícil de tratar, debido ás eivas políticas e económicas que hai de por medio. É ben sabido que cando conflúen intereses de ambos sectores chegar a coñecer o que acontece é unha labor case imposible. Con todo, felicítovos polo voso traballo e insistencia, que creo que deron froito.
    Por outra banda, creo que esta cuestión visibiliza a necesidade dun xornalismo comunitario que lles dea voz aos que mais teñen que dicir, e a de un xornalismo preventivo que informe coa conciencia de adiantarse a posibles acontecementos.
    No tocante ás organizacións veciñais, que opinión levades elas e do seu modo de organizarse?
    TUBÍO REI, OLAIA 143 C04

  2. Con respecto aos veciños que estiveron a favor da Plataforma Salvemos Cabana a súa organización e comunicación pareceunos aceptábel, no sentido de que loitaron concienciados contra a megaminaría. Porén os veciños que estaban a favor dela, tiñan exiguos argumentos, deixando a un lado o aspecto da contaminación, ben por desinformación -que custa crelo xa que as consecuencias explicáronse aínda que fosen en medios moi minoritarios dende un principio-, ou ben por interese económico, este precisamente é o seu principal motivo. En definitiva, a conclusión deste proxecto é que os cartos valen máis que os principios, máis que a terra, coa terra refírome a vida.

Deixar un comentario