Reír riamos, que todos somos hermanos.

Algunha vez vos preguntastes se en todas as sociedades a xente utiliza a risa, conta chistes, divírtese, ou si está ben visto e aceptado socialmente este xesto tan natural como é o rir ?

 Segundo estudos publicados recentemente cada vez as persoas rínse menos e sorprendentemente os mesmos estudos falan da risa como terapia, a chamada “risoterapia”. É que a risa, a gargallada é un proceso de comunicación propio do ser humano (as hienas non contan) que nos axuda a liberar estrés e tensión. É un mecanismo de defensa ante os problemas que atopamos ó longo da nosa vida e que provoca a segregación de endorfinas e á vez pon a traballar os nosos músculos. Rir despois de comer favorece a dixestión e relaxa os esfínteres e ademáis alonga a vida, xa que prevén cantidade de enfermidades. Toda unha morea de virtudes. Doutra banda a risa como actitude social e medio de comunicación interpersoal axuda a achegarnos ó outro e alcanzar un nivel socialización superior. A risa entre varias persoas crea un vínculo emocional moito máis forte. Numerosos filósofos, médicos e sociólogos estudaron case todo o relacionado con este método primitivo de comunicación. Robert Provine a orixe da risa produciríase durante a bipedestación, cando o tórax quedou liberado da función de soporte do corpo. Durante o longo da historia, dende  a antiga Grecia pasando por Roma ata os nosos días a risa tiña unha significación distinta pero case nunca negativa. En Grecia distínguíanse dous tipos, gelao e katagelao, a primeira como risa sana e a segunda como risa despectiva. En todo caso a gargallada desmedida non era considerada propia dos homes de virtude. No medievo incluso estivo considerada coma blasfemia e forma maligna da expresión, segundo o asceticismo cristián e a vida monacal que concebía a vida terrea coma un val de bágoas.

En resumo, ride moito e en compañía e que ninguén nin nada vos quite o sorriso dos beizos. Todos podemos conseguir un mundo onde a risa o envolva todo, por iso hai que coidar desas persoas que che conseguen provocar unha risada cando máis o necesitas. Porque somos seres sociais, e como tales precisamos os uns dos outros. Agora en serio, rite, rídevos, rímonos.

Leiro Magdalena

S2B 2A4

“>[http://www.youtube.com/watch?v=6ALJDhF5czs]<"

Posted on 14 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: