Daily Archives: 5 Maio, 2012

Sobre fanatismos e outras drogas

“Creo que habería que inventar un xogo no que ninguén gañara” (Jorge Luis Borges) Estas palabras que saíron da boca  do escritor arxentino adecúanse perfectamente ao tema do meu post desta semana.

Por todos é sabido que a práctica de deporte revitaliza corpo e mente, e máis para a xente máis nova. Non obstante, a época na que vivimos atópase dentro do marco dos medios de comunicación, que non fan outra cousa que situar á persoa no seu fogar, bar, restaurante ou cafetería e convertelo nun simple observador, en non nunha persoa que leve a cabo a práctica de exercicio na súa vida cotiá. E como non, un dos deportes que máis expectación esperta é o fútbol, detrás do que se atopan grandes emocións, unhas veces de éxtase e admiración e outras dun fanatismo que considero extremo.

Pero ben, o problema non está en ser espectador dun partido de fútbol, senón nesa tendencia que existe de ser escravo do e para o fútbol, de pecharse nun mesmo por un, dous ou tres encontros, de levar a cabo apostas e rivalidades absurdas polo resultado, de intoxicarse con alcohol e celebrar o triunfo dun equipo como se fose propio, incluso de sumirse nunha depresión pola derrota.

O fanatismo non leva a bo porto. É importante saber todo o que sucede arredor do ser humano, e saber atopar un equilibrio. A esaxeración de sentimentos o único que provoca é alonxamento e ausencia de capacidade para entender e ser entendido.

Que si, que se pode sentir devoción por un equipo, eu tamén sei o que é, aínda que certas persoas digan que soamente o fago cando gañan, pero ese é un tema aparte. Aínda así, hai que saber empregar a razón crítica e marcar os límites entre afección e intransixencia.

Dapía Freitas, S1B, 2A 1

Asertividad comunicativa

Todos temos un avó de dereitas sempre disposto a alabar ao actual executivo e sen ningún tipo de pudor á hora de insultar ao anterior socialista. Todos temos escoitado nalgún momento aquela frase de “xa pasou con Felipe González” que, polo menos a min, tanto molesta. O certo é que dei con esta idea buscando algo do que falar no post desta semana e atopei a solución ás discusións familiares. A clave é a comunicación asertiva e as seis normas de ouro para sobrelevar aos intereconomistas que repiten coma loros o que se fala en El gato al agua e derivados…

  1. Simular a rendición, facer crer que estamos de acordo co que está a dicir e pouco a pouco aportar un novo punto de vista, facerlle crer que foi unha idea súa.
  2. Ironía asertiva ante ataques de palabras maiores, danse conta de que se están a pasar.
  3. “Aceptar” o seu argumento rebatíndoo a continuación.
  4. Afondar na crítica para desarmar o argumento: “Non che gusta o anterior goberno, pero que é o que fixo mal?” A maioría das veces calan, pois non teñen guión para responder a iso.
  5. Repetir sistemáticamente unha idea para defendela, modificando a frase para non caer na mala educación.
  6. Utilizar unha frase breve para rematar a conversación e aplazala cando a discusión se volver demasiado acalorada.

Funciona, se non tamén podemos optar por ignorar aínda que este método non é apto para xente coma min. Recomendo este vídeo de Jorge G. Lemus.

Deus Rivadulla, S1E, 2A4

Alternativas aos Mass Media

Xa desde o inicio temos que partir dunha desfeita de tópicos. Non estamos traballando pola utopía do “ben comunicativo”, onde todos podemos interactuar en ingualdade de condicións.Simplemente nos deixamos á deriva nesta distopía comunicativa actual, afectada pola farsa da globalización e pola mercantilización da comunicación. Segundo di,Gutiérrez Ezpeleta,os defensores do mercado atribuen un valor monetario a todo; neste caso á comunicación.

 O problema está claro, nos medios de comunicación actuais “a voz” está desigualmente repartida. Pero tamén existe unha solución; os medios alternativos. Xa no antigo oriente tiñan unha proposta moi interesante:

Image

O Dazibao, carteis colocados na rúa e redactados por calquera persoa. Neles plasmaban a súas inquedanzas respecto dun tema político ou moral, para que toda a xente o vise. Actualmente cada vez prolifera maís o ámbito da comunicación alternativa sobretodo en Iberoamérica, onde quizáis por necesidade forzosa a xente  ten que procurarse unha comunicación que os inclúa. Tendo en conta o Estudo Alternativo de Medios elaborado por  Guedes Bailey, Cammaerts e Carpentier, non se me ocorre mellor peche que esta frase de Habermas : “A comunicación local é a costura entre o sistema e a vida diaria”. Xa que os medios de comunicación alternativos pretenden dar voz a feitos que son desestimados ou oscurecidos, así como  expresar problemas e inquedanzas locais.

PD: Deixo enlaces moi interesantes nun comentario xa que aquí non me collen.

Álvarez Gromaz, S1F, 1A3.

El entierro de la Comunicación mexicana

Hace escasos días se celebró el Día de la Libertad de Prensa, como todos sabemos. Fecha tan señalada, me hizo recordar que hay países que carecen totalmente de este tipo de libertad.  Existe un caso en particular donde la impunidad y el crimen organizado no permiten que exista una comunicación verídica y real. Se trata de México. El 4 de mayo, dos nuevas víctimas en Veracruz, fueron enterradas por familiares y amigos, después de su brutal asesinato. Sus cámaras y equipos de trabajo fueron colgados en  memoria de ellos, al contrario que las cámaras de los aún vivos, que no aparecieron en ningún momento del acto por miedo a las represalias.

En México la corrupción y la negligencia política es el plato (fuerte) de cada día. Y los políticos no hacen nada para parar estas muertes, aparte de publicar las protocolarias palabras que dicen que “se pondrá todo el esfuerzo para esclarecer los lamentables hechos y llevar a los autores a los tribunales”, cosa que al  final nunca se lleva a la práctica.

Así, desde el año 2000, ya son 108 los asesinatos cometidos a comunicadores y a familiares y amigos más allegados. Con lo cual, los periodistas temen ejercer su profesión. Apenas se cubren las noticias por miedo a la muerte. Y sin periodistas, los ciudadanos de México desconocen la realidad. Su propia realidad.

Os dejo un vídeo dónde explican los periodistas en primera mano, lo que ocurre en su país, dónde el silencio va de la mano del dinero y el miedo.


Rego rey, GBCP, 3b3

 

 

Hipocresía política na nosa facultade

Si a TVG destaca por algo ultimamente non é pola súa limpeza no tratamento da información precisamente. Casos coma o dos afectados polas preferentes que entraron na TVG en modo de protesta ou a dimisión como editor do telexornal do xornalista Alfonso Hermida non lles favorecen moito.

O pasado xoves, celebrábase na nosa facultade un acto en conmemoración do Día da Liberdade de Prensa, que baixo o lema “Sen xornalismo non hai democracia” reclamaba e avogaba por maior liberdade na prensa do noso país.

Acto pola liberdade de expresión na nosa facultade

O sorprendente do acto foi que acudiu a él o secretario xeral de medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, precisamente representante do ente que “manipula” a información da TVG.

Xa é habitual ver hipocresía política nestes tempos, pero sorprende máis vela na nosa facultade, onde o puidemos observar en primeira persoa.

Rivera Rey, S3B, GOBE

Documentación TS S3C

  • Código Civil Español
  • Visionado de Kramer vs Kramer (1979) de Robert Benton. Dustin Hoffman e Meryl Streep interpretan maxistralmente a una parella que atrevesa un duro proceso de divorcio cun menor implicado. Nun principio o neno queda a cargo do pai, que pouco a pouco vai superando as dificultades que lle supón coidalo. Pero a trama da un xiro cando a nai reaparece reclamando a custodia. Un melodrama de calidade, gañador de 5 Oscars, incluido mellor películas que eliximos para comprender mellor o tema tratado.

LIGAMES:

Esta web, principalmente adicada a contratar o servizo dun avogado, inclúe unha guía legal con diferentes apartados como vivenda, empresa, delitos, impostos, e tamén separación e divorcio. Aquí incluénse as definicións de separación, divorcio e nulidade para aclaralas ao cliente. Tamén infórmase sobre as pensións, os procesos xudiciais e a “litis expensas”. En resumo, unha páxina  de contratar avogados cunha parte teórica para resolver as múltiples dúbidas xurdidas ao enfrentarse coa Lei.

Entre las múltiples terapias que ofrece esta web, atopamos a de parella. Esta sección componse de: aspectos xerais, a estrutura da parella, a parella actual, conflitos, éxito, infidelidade, paternidade, os fillos ante o divorcio e a recuperación do amor. Todos estes apartados están orientados a esas parellas que teñen problemas e, ou queren arreglalos ou queren proceder cun divorcio amistoso.

Tudivorcio.com é una una web de asitencia legal online que permite ao interesado coñecer todos os aspectos que rodean ao divorcio e á seperación. Aporta información sobre a mediación, o divorcio amistoso e contencioso, a custodia e as pensións. Ademais resolve dúbidas sobre o convenio regulador e o réximen de visit

  • Historias de divorcios:

http://www.undivorcio.es/

A pesar de ser un blog, undivorcio.es mantén un ton formal e neutro. Está formado por historias dos propios usuarios que comparten as súas experiencias. Por outro lado, hai unha serie de artigos que informan sobre aspectos menos coñecidos do divorcio, como o acordo prematrimonial, as causas da nulidade eclesiástica, pensións de viuvedade, o papel dos avós e os efectos da crise.

  • Hablando se entiende la gente (2009, 2 de noviembre). Recuperado o 14 de Marzo de 2012 en:

http://elpais.com/diario/2009/11/02/galicia/1257160697_850215.html

  • Cambiemos el “uno pierde, otro gana” por el “ganamos los dos” (2010, 13 de febreiro). Recuperado o 14 de Marzo de 2012 en :

http://www.lavozdegalicia.es/portada/2010/02/13/00031266085134603663746.htm

  • Las parejas que recurren a la mediación judicial en el divorcio se duplican en Galicia (sen data). Recuperado o 14 de Marzo de 2012 en:

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2011/04/18/parejas-recurren-mediacion-judicial-divorcio-duplican-galicia/487798.html

  • El servicio de mediación en Santigo de Compostela y evitó 122 juicios (2012, 6 de febreiro). Recuperado o 14 de Marzo de 2012 en:

http://mediadoresvalladolid.blogspot.com.es/2012/02/el-servicio-de-mediacion-de-santiago-ya.html

  • “Conferencia Internacional de Mediación Familiar y Comunitaria. De la teoría a la práctica”. Data de recuperación 29 de Marzo en:

http://masquemediacion.wordpress.com/2011/06/06/resumen-conferencia-internacional-de-mediacion-familiar-y-comunitaria-de-la-teoria-a-la-practica-lisboa/

Espacio creado para compartir experiencias acerca da mediación,  axuda a resolver conflitos e a promoción da convivencia.

Ademáis podemos ler entrevistas realizadas a profesionais do campo da mediación,  consulta os días de xornadas de mediación na axenda,  obter información acerda de cursos, másters relacionados co tema etc.

  • “Debates : La mediación.” (2011, 2 de Febreiro). Data de recuperación 29 de Marzo en:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/para-todos-la-2/para-todos-2-debates-mediacion/1004574/

Neste vídeo emitido en Para todos la 2, explicase qué é a mediación e realizase un debate acerca desta.

A introducción do vídeo explica que a mediación é unha actividade moi necesario na nosa sociedade, aínda que pouco coñecida. A máis habitual é a relación coa familia, en casos de separacións e divorcios, pero tamén se pode recurrir a ela en case todas as situacións conflitivas entre persoas: comunidades de vecinos, centros educativos, centros sanitarios, consumo, medioambente, e ata delitos comtemplanos no código penal.

 

  • “Debates: Divorcio.”( 2010, 3 de Maio) Data de recuperación 29 de Marzo en:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/para-todos-la-2/para-todos-2-debates-divorcio/760357/

El vídeo es un debate sobre el divorcio entre Mercedes Caso, Jueza que durante 10 años ha sido titular de uno de los juzgados de familia de Barcelona y actualmente es profesora de la Escuela Judicial; Rosa Martí, Abogada experta en Derecho de Familia desde hace 26 años; Francisco Rodríguez, Presidente de la Asociación PAMAC , Padres y Madres en Acción por la custodia compartida; y Santiago Ibernón, padre divorciado que comparte la custodia de sus dos hijos con su ex-esposa.

  • Como afrontar el primer divorcio.

Recuperado el 29 de Marzo de 2012 en: http://mujer.terra.es/muj/articulo/html/mu212109.htm

En esta página se exponen los problemas que se suceden tras la decisión de divorciarse. En una orden que podríamos llamar cronológica, se explican las fases que supera una persona para rehacer su vida tras la firma de papeles o, incluso, los problemas emocionales que se adueñan de los cónyuges tras la separación. Además, se aportan una serie de consejos que podrían hacer de este proceso, algo más fácil y llevadero, enlazando dicha fase con la posibilidad de abrirse a nuevos ámbitos para desconectar del proceso judicial y ampliar la red de contactos. De este modo, muestran unos valores morales que podrían aumentar la autoestima del internauta que busque ayuda para superar problemas emocionales tras la separación.

  • Separación y divorcio:

Recuperado el 29 de Marzo de 2012 en: http://iabogado.com/guia-legal/separacion-y-divorcio/lang/es

Aquí encontramos una página de consultas online sobre términos legales en relación con el divorcio. Además, también le aclara al internauta dudas sobre cuánto podría durar un proceso judicial, o las posibles resoluciones de las pensiones alimenticias para los hijos.  También es posible acceder a un servicio de separación de mutuo acuerdo a través de internet o pedir presupuesto personal para la actividad de la separación o divorcio.

  • En la página web guiainfantil.com , hemos encontrado muchas referencias en cuanto al efecto que puede tener en los hijos la separación de los padres. En varios artículos se apela a la comprensión de los hijos y la plena comunicación con ellos, para que puedan entender la situación que les rodea y el cambio que va a tener en sus vidas que sus padres se separen. Los dos enlaces que más nos han ayudado en nuestro trabajo han sido los siguientes:
  • El divorcio de los padres y las consecuencias para los hijos.

Recuperado el 29 de Marzo de 2012 en:  http://www.guiainfantil.com/educacion/familia/divorcio/indice.htm

  • No se debe ahorrar esfuerzos para que los hijos entiendan la decisión de los padres.

Recuperado el 29 de Marzo de 2012 en: http://www.guiainfantil.com/educacion/familia/divorcio/explicaciones.htm

En ellos se dan consejo de separación ante la infelicidad de los hijos, que ven como sus padres discuten diariamente y que puede llegar a perder la confianza en ambos cónyuges. Pero en primer lugar, antes de tomar la decisión de la separación, es conveniente analizar la relación de los padres con sus hijos, pues es muy necesario tener una buena relación afectiva y comunicativa con ellos a la hora de tomar de decisiones tan importantes como es la custodia de los mismos. A pesar del proceso judicial, los hijos seguirán siendo mucho más importantes que la separación, y hay que tener en cuenta sus pensamientos y sentimientos, pues las decisiones tomadas por los padres, repercutirán en el futuro del hijo.

  • A&A:

http://www.aa-divorcios.com/b_10formas_ayudar.php

Como nas páxinas anteriores, esta web de avogados aporta información sobre a separación, o divorcio, a pensión, a nulidade, etc. Como novidade frente ao resto, presenta uns apartados sobre acordos prematrimoniais, garda e custodia, adopcións, sustración de menores e divorcios internacionais.

Tamén se terá en conta na documentación para o traballo a lectura de varios libros sobre a materia, xa remitidos tanto ao correo da asignatura como ao do blog.

Pérez Gestal, Rodríguez Liboreiro, Salgado Álvarez, Seijas Rodríguez, Veres Ojea TS S3C

Onde **** está North Yorkshire?

 As formación dun individuo como persoa social débese segundo algunhas teorías á interacción co grupo, coa comunidade. Estando no propio concepto de comunidade a consideración de que aqueles que a forman son persoas sociais.

Hoxe querovos presentar a miña “outra” comunidade e unha importante parte da miña persoa. North Yorkshire. Fun por primeira vez a Thornton, a miña verdadeira aldea, cando tiña 15 anos pero xa a coñecía como se vivise alí dende sempre. A miña tía, a primeira e verdadeira nativa de Thornton e a miña nai encargábanse de que dende pequenos coñecesemos que había pouco que facer, que Dalby Forest era unha das mellores reservas naturais do mundo, que o café se fai en kettle e os postres acompáñanse todos con nata líquida ou incluso que un pub nun fogar da terceira idade é a cousa máis normal do mundo.

Este especial turístico que lín nun xornal esta semana, lembroume como sería coñecer de turista North Yorkshire. Algo que no fondo eu nunca fixen, a pesar de pasar 3 semanas de verán sen nada que facer. Supoño que o que quero dicir é que formar parte dun lugar non ten tanto que ver con nacer alí, senón co sentimento de pertenza, de coñecemento. Así como formar parte dunha comunidade non é ter “carnét de comunitario” senón as relacións que se establecen nela, a interacción e o coñecemento.

Bragado Paz, GBCP