Todos temos un avó de dereitas sempre disposto a alabar ao actual executivo e sen ningún tipo de pudor á hora de insultar ao anterior socialista. Todos temos escoitado nalgún momento aquela frase de “xa pasou con Felipe González” que, polo menos a min, tanto molesta. O certo é que dei con esta idea buscando algo do que falar no post desta semana e atopei a solución ás discusións familiares. A clave é a comunicación asertiva e as seis normas de ouro para sobrelevar aos intereconomistas que repiten coma loros o que se fala en El gato al agua e derivados…
- Simular a rendición, facer crer que estamos de acordo co que está a dicir e pouco a pouco aportar un novo punto de vista, facerlle crer que foi unha idea súa.
- Ironía asertiva ante ataques de palabras maiores, danse conta de que se están a pasar.
- “Aceptar” o seu argumento rebatíndoo a continuación.
- Afondar na crítica para desarmar o argumento: “Non che gusta o anterior goberno, pero que é o que fixo mal?” A maioría das veces calan, pois non teñen guión para responder a iso.
- Repetir sistemáticamente unha idea para defendela, modificando a frase para non caer na mala educación.
- Utilizar unha frase breve para rematar a conversación e aplazala cando a discusión se volver demasiado acalorada.
Funciona, se non tamén podemos optar por ignorar aínda que este método non é apto para xente coma min. Recomendo este vídeo de Jorge G. Lemus.
Deus Rivadulla, S1E, 2A4
Incriblemente eu atópome na mesma situación ca ti, só que meu avó, aparte de ser pepeiro, tan só carga sempre contra o goberno, sexa de quen sexa, polo tanto eses puntos a seguir xa mos coñezo todos.
jajajaja mira que son difíciles de aguantar eh.. jajaja
É certo, a comunicación con moitas persoas maiores a veces é moi dificil, sobre todo do cando se pecha nas súas ideas e vés que son inamovibles. A resposta asertiva,como ben di ese rapaz é a mellor das respostas. Pero aínda así, dunha persoa maior podeste esperar unhas ideas máis pechadas e conservdoras, pero que pasa se ese problema ou discusión a tes con aleguén da túa idade?. A técnica sería a mesma, ou deberíase de ter outro patrón de conducta en función de quén estivese diante?.
Eu penso que a comunicación asertiva é universal, existen outras moitas regras que penso que son as mesmas que se utilizan no debate. Ou polo menos similares, non?
Ao mellor non é tan sinxelo convencer a alguén da nosa idade pois moitos non só falamos polo que escoitamos, temos unhas ideas concretas que pretendemos defender. Pero de base, penso que é un bo punto de apoio para lidiar coas discusións, en xeral, xa non só políticas.