Daily Archives: 1 Maio, 2012

“No se puede mediar en un conflicto solo con el instinto”

Estas eran las palabras que Lorel Margaret Scott, doctora en Comunicación por la Universidad de Texas, utilizaba en su última conferencia del pasado 20 de abril en el auditorio del Hula. La doctora criticaba la forma que tienen terceras personas de mediar en ciertos conflictos, solo guiándose por su instinto, es una idea que no comparto en absoluto. Creo que el instinto es algo básico para la resolución de conflictos, siempre que se solucionen a través de un mediador y no porque las dos partes se pongan de acuerdo. Bueno en realidad creo que siempre está presente el instinto, en ambos casos.

Cuando el conflicto se soluciona sin la intervención de un tercero, para que las dos partes estén de acuerdo una instintivamente se ve impulsada a hacer algo y cuando un tercero interviene también actúa instintivamente a intentar frenar el conflicto. Puede que el instinto no sea el único ingrediente para la resolución de un conflicto, pero yo si lo veo como un pilar muy importante, por lo que discrepo con dicha doctora, que quizá menosprecia un poco el papel del instinto.

http://elprogreso.galiciae.com/nova/165979.html

Panero Louzán, S2C, 3A3

Blogs contra a desertización mediática

Na historia xudicial da Casa da Cultura de Vimianzo hai escritas xa tres querelas: por non pagamento, por tráfico de influencias e outra por prevaricación. Esta última, que inculpaba ao actual rexedor (BNG), foi arquivada. A historia comezou cando o anterior goberno de Vimianzo (PSOE) licitou a obra da Casa da Cultura. A construción do edificio, cifrada en 1,1 millóns, recaeu en mans do irmán do ex-alcalde. A execución doutras obras que non figuraban no contrato elevou o custo aos 2,5 millóns. Co BNG coma inquilino maioritario da casa consistorial, o construtor presentou unha demanda por non pagamento de máis de 700.000 euros que o actual goberno liquidou solicitando un crédito. A segunda, unha querela penal, foi posta por Carmen Borbujo (PP) para revisar a adxudicación da obra. Como resultado hai sete persoas imputadas. Entre elas o ex-alcalde.

Así as cousas no Concello de Vimianzo, cómpre un informante que dea parte da actualidade das arcas municipais, do comportamento político e dos custos sociais das medidas polas que votamos.  Uliscando a clase política local do Reino Unido, o xornal The Guardian anunciou en 2009 a creación de blogs especializados en política local, para facer inclinar a balanza en cotra da corrupción nun escenario de desertización mediática. Con xente dedicada a investigar e a somerxerse na vida turbia dos consistorios. A idea na que coinciden todos os medios de comunicación é a de que o xornalista profesional é a súa mellor baza. Unha teoría que se presume obvia, aínda que despois nunca se leve a cabo.

Ameixeiras Cundíns, CL4X

E ti, informas ou comunicas?

Para min informar e comunicar foron de sempre sinónimos. Frases como “o comunicador ten que informar…” resoan moitas veces nas nosas orellas. Total, o caso é emitir mensaxes ben construídas.

Mais non é o mesmo. Tecnicamente, segundo Antonio Pascuali, comunicar é unha relación humana consistente na emisión-recepción de mensaxes entre interlocutores que actúan reciprocamente. Mentres que informar redúcese a transmitir unha información ao Outro.

Pascuali afirma que hoxe estamos varados nunha Sociedade Informativa tópica, mentres que a Comunicación e a Comunidade son a utopía cara a que hai que camiñar. É necesario que a mensaxe que emitimos os “comunicadores” se converta no diálogo conxunto que debería ser. E isto relaciónase coa idea exposta nas aulas da necesidade de “transformar” as fontes en persoas integrantes dunha comunidade activa cunhas prácticas e necesidades propias.

Manuel Gago, director de culturagalega.org e profesor de ciberxornalismo na USC, apuntaba o xoves na mesa redonda “Xornalismo en positivo” que o seu éxito con Código Cero se debía ao seu traballo coa comunidade, non para ela. Diferenciou entre ser “gabinete” facendo notas de prensa e desenvolver proxectos comúns nos que ambas as partes están igualmente interesadas e traballan con igual intensidade.

Asegurou que os nosos tiros deberían ir por aí. Atopar comunidades desatendidas polos medios para traballar con elas e xerar un proceso de comunicación útil para a sociedade. Pola súa parte, Pascuali afirma que temos dous camiños posibles: “aspirar á chegada dunha Comunicación Comunitaria, ou declarar a Sociedade da Información coma o mellor dos mundos posibles”.

Con cal nos quedamos?

*Pascuali, Antonio. Comprender la comunicación

Negreira Rey, S2C, 3A2

Hablando de utopías…

Leyendo el artículo “Cómo se reconoce a un filósofo de derechas” de Manuel Cruz, publicado en el periódico El País el pasado 25 de Abril, lo primero que se me viene a la cabeza es la extraña costumbre que tienen los filósofos, si no son todos, la inmensa mayoría, de hablar mucho y decir poco y en ocasiones no decir nada después de largar su discurso lleno de palabrerías que suenan bien pero con las que no sacas nada en claro, al menos a simple vista, porque con que se preste un poco de atención a este texto de Manuel Cruz se consiguen sacar dos ideas, siempre desde mi punto de vista, claro está. La primera es que los socialistas, parece ser, entienden mejor a los de derechas que estos últimos a los socialistas, además los de derechas “siempre ignoran el dolor que producen las injusticias”. También es cierto que no está muy de acuerdo de cómo los de su tendencia ideológica están llevando las cosas últimamente ya que los invade la “penuria teórica”, además sus discursos están llenos de “incertidumbres” y “utopías”. En fin, que esto me tiene pinta de ser un berrinche de alguien que está muy descontento con lo que están haciendo los suyos. Pero no voy a entrar en cuestiones de política ya que no es el fin de este artículo. La segunda idea que podemos sacar de este texto lleno de sutilezas es que, según su autor, el hecho de que un periodista trabaje en un medio de comunicación de izquierdas no implica que éste sea de izquierdas y lo mismo pasa con los de derechas, pues bien señoras y señores eso sí que me parece una utopía y de un surrealismo descomunal ya que todos sabemos por desgracia  que la realidad es muy distinta. Los medios de comunicación en general están todos politizados y todos buscan los de su misma ideología para trabajar con ellos y si no perteneces a esa tendencia ideológica, no te queda otra que acabar perteneciendo a ella o, por lo menos, mientras estés trabajando para dicho medio. Y esto no es diferente en el periodismo local ya que es más de lo mismo pero a pequeña escala, o si cabe, es aún peor ya que no hay más tendencia ideológica que valga que la que gobierna en ese momento en dicho ayuntamiento. Me gustaría, además de considerarlo muy oportuno, acabar este artículo con una frase muy famosa de Goethe y es que “se tiende a poner palabras allí dónde faltan las ideas”.

                                                                      Leira Castro, Patricia CL4X

O segredo está na cociña

A propaganda institucional, o calendario festivo e os sucesos fortuítos son os ingredientes básicos que condimentan o prato diario da información local. Detrás desta receita de comida rápida, hai quen descobre a desidia duns cociñeiros que se excusan na mala calidade da materia prima para non gastar tempo nin esforzo na cociña. Se ben un produto con denominación de orixe multiplica por moito o sabor final do manxar, por moi bo que sexa o alimento, a substancia sempre vai ser froito de quen cociña.

E no xornalismo pasa o mesmo ca nos fogóns. A información, especialmente a do eido local, ten que ser cociñada a fogo lento, non chega cun volta e volta, e terá que prepararse de distinto xeito en función de quen a vaia degustar. Un bo xornalista, igual ca un chef experimentado, defínese pola súa capacidade de combinar os ingredientes na xusta medida. E con isto, hai que fuxir de ideais utópicos sobre o xornalista local para comezar a velo coma un auténtico rastrexador da información que sempre pon o acento no cidadán.

O novo rastrexador ten que mudar o enfoque das noticias e adoptar unha visión máis cívica.  Así, cando informe do asfaltado dunha vía urbana, ten que detallar os días que permanecerá pechada, como se verán afectados os veciños e cales son as vantaxes e os inconvenientes da medida. De igual xeito, se redacta unha noticia para dar a coñecer Expo Ordes, terá que informar dos beneficios que deixa na vila e das impresións que xera nos visitantes, pero non procede sacarlle fotos ao alcalde para encher galerías fotográficas que non van acompañadas por ningún elemento informativo que lles achegue significado.

O alcalde de Ordes, no centro, durante a visita a Expo Ordes/ Foto: Ordessiete

Ríos Dafonte, CL4X

Marketing de guerra en páxinas interiores

Con demasiada frecuencia e facilidade, os medios de comunicación sucumben ao embruxo e poder retórico das fontes. A rutinización da pasiva recollida de información, no que forzas externas á redacción toman a iniciativa e controlan o proceso de elaboración e difusión da mensaxe xornalística, hipoteca a verdade ante escuras servidumes que deforman a realidade.  A peza que Faro de Vigo dedica hoxe á actividade da base da Brilat,  na súa edición local de Pontevedra, exemplifica ese modelo de xornalismo en tránsito á propaganda.

Convertido nun apéndice do gabinete de prensa da institución militar, o medio vigués publica, baixo a aparencia de información local, un pseudoevento  manufacturado por fontes invisibles, mudas, ás que a falta de barreiras de filtrado, contraste e verificación, permite, sen dificultade, a construción do discurso triunfalista propio dunha campaña publicitaria (“La profesionalidad, versatilidad, constante actualización y disponibilidad son factores que definen a una Fuerza de primera respuesta como la Brilat y que juegan a favor de los hombres y mujeres que la integran a la hora de afrontar misiones en un entorno hostil”). Maquillada e producida para entusiasmar, a noticia está repleta de termos con connotacións positivas (“contratos de larga duración”, “estabilidad laboral”, “impacto económico directo en la ciudad”) que, xa desde o corpo de titulación, apelan estratexicamente ás grandes preocupacións colectivas: o paro e a economía (“Una ‘empresa’ con 2.500 trabajadores. La base General Morillo, sede de la Brilat, genera un movimiento económico de 40 millones de euros”). Neutralizada a identidade do comunicador como mediador e intérprete, o xornal transfórmase no mellor e máis barato soporte para a ofensiva ideolóxica de determinados sectores sociais. Saben que a instrumentalización dos medios é o control da “democracia”.

Alonso Rodríguez, CL4X

Singin’ the blues

Chicago, años cincuenta. Sexo, violencia, competencia y rock & roll. ‘Cadillac Records’ Cuenta la historia de cómo el blues se hizo popular y dio a luz al rock & roll.

Un joven inmigrante polaco y propietario de un bar, Leonard Chess, contrata al talentoso pero indisciplinado conjunto de blues que incluye al prodigio de la guitarra Muddy Waters y al impulsivo Little Walter en la armónica. Fascinado por el sonido de su música, Chess organiza una sesión de grabación para Waters. Sus primeras grabaciones comienzan a ascender en las listas de R&B, empezando a alcanzar popularidad en los alrededores.

Para Chess sus músicos eran como su familia, y siempre lo demostraba. Sin ir más lejos, cada vez que alguno de ellos grababa su primer éxito musical, Chess les regalaba un Cadillac, de ahí el origen del nombre de la discográfica.

No es hasta el año 1955 que la familia postiza de Chess entra en la música comercial (“blanca”) de Estados Unidos, con la aparición de un joven Chuck Berry, que con sus melodías pegadizas y con un matiz country marca el nacimiento del rock & roll. Pero los problemas de Chuck con la ley lo apartaron de los escenarios en la cumbre de su carrera. Justo entonces aparece en pantalla la emblemática Etta James, nueva estrella.

El rock and roll era cada vez más conocido, y con él las adicciones que jugaron con las vidas de más de uno de los artistas. Y aunque la tragedia se cierne sobre ellos, el blues siempre sobrevive.

Knight Asorey S2E, 2B3

¡Si, señor!

Se algo se critica sempre das informacións do local é que predominan as “noticias brandas” (festexos, feiras, celebracións…) mais, busquemos na sección territorial que busquemos, sempre damos con algo semellante a isto:

Informacións dos partidos políticos locais e, sobretodo, das que veñen directamente do partido que goberna: dende o concello. Nada raro ata aquí pero ¿cal é o problema deste tipo de contidos na comunicación local e, sobre todo, no traballo do xornalista local?

¡Reproducir exactamente o que “o que manda” quere! E xa non é so iso, senón os problemas que se poden derivar de non facelo.

Nunha área xeográfica pequena, onde todos nos coñecemos, o xornalista ten que ter e estar en contacto cos mandatarios de tódolos partidos políticos, pois serán eles os voceiros e fontes das súas próximas informacións, mais ¿que facer ante o “poñer ou non poñer isto igual me custa o perder a fonte, cando non o posto”?

Na miña opinión, os copistas quedaron esquecidos xa séculos atrás pero respostar a esta pregunta non é tan fácil tendo en conta que día é hoxe e o aumento que segue a ter esta cifra 5.273.600.

Noal Rodríguez, Marta cl4x

Desambiguación: Antisistema

RAE antisistema.

          1. adj. Contrario al sistema social o político establecidos.

“Enemigos”, “violentos”, “radicales” (otra palabra para desambiguar)… Estos son algunos de los apelativos cariñosos que reciben los “antisistema” desde la palestra mediática. Políticos y periodistas se afanan en simplificar y distorsionar la realidad a través de las palabras, algunos por ignorancia, otros de forma interesada.

Si hiciésemos un estudio sobre el tema, es muy probable que un número nada desdeñable de personas identificara el término como negativo y a su cabeza acudieran imágenes de jóvenes melenudos con la cara a medio descubrir enarbolando botellas incendiarias.

Sin embargo, si nos atenemos a la definición de la RAE y, lo que es más importante, a la experiencia, podemos darnos cuenta de que la agresión o el vandalismo no son implícitos al vocablo ni al referente que lo significa. ¿Que los hay que apoyan la violencia como forma de defensa o ataque (la perspectiva es un arte)? Pues, habelas hailas. Como en todas partes. No obstante, el número de este segmento es tan reducido, que intentar atribuir al concepto esta connotación es un despropósito y, desde luego, no representa a los antisistema pacíficos.

 Todo discurso del miedo necesita  su bestia negra y, en la actualidad, los antisistema son al establishment (a su discurso) lo que Bin Laden fue a la lucha contra el terror: el pretexto para tomar medidas antidemocráticas.

Lee detenidamente la definición con la que encabezo este post, quizás te sorprendas y descubras que tú también eres un antisistema.

Montes Mariano, S2B, 3A4

NOVOS RETOS PARA OS MEDIADORES SOCIAIS

A necesaria evolución xornalística, debe apuntar cara a unha maior actividade por parte dos xornalistas na nova sociedade. Ademáis da virtude para compoñer textos interesantes con enfoques orixinais, os profesionais da información deberían lembrar e reforzar o seu labor coma transmisores de coñecemento, e o seu rol de mediadores sociais.

A especialización e a interactividade son fundamentais para que a nova sociedade recorra ó xornalismo en busca do contraste co xuizo propio, de información experta, e un intercambio de visións de cidadán a cidadán, xornalista e usuario na procura do mesmo: que os cidadáns se manteñan en contacto continuo co máis representativo da súa realidade, permitíndolles que as súas opinións, inquedanzas e vivencias, conten á hora de realizar esa búsqueda, rexistro, difusión e conexión diaria co seu entorno social.

Os mediadores sociais, especialmente os dixitais, deberían por tanto achegarse o máximo posible ós cidadáns, poñerlle un rostro ós problemas, e permanecer inmersos na pel da sociedade en torno á cal xiren os acontecementos a abordar, favorecendo a cohesión e a identidade, e fomentando a diversidade. É preciso que as comunidades teñan en mente que sexa cal sexa a situación particular de cada quen, as diferenzas económicas, ideolóxicas, culturais…etc todos estamos afectados polas decisións dos nosos gobernantes, e teñen que ser eles o obxectivo común da nosa mirada máis crítica independentemente das nosas preferencias políticas. É ahí onde hai que traballar máis, facer que os cidadáns (incluíndo ós xornalistas por suposto) lembren a súa responsabilidade como membros do sistema no que se moven cada día, e que participar no devir da súa comunidade, do xeito que lles sexa posible e que máis lles motive, nin custa cartos, nin é unha ideoloxía, senón unha atitude que beneficiaría ó individuo e ó conxunto, ó particular e ó xeral.

O negocio das empresas informativas non pode contaminar o compromiso social. A ética é primordial; hai que loitar por rematar coa unidireccionalidade das mensaxes,  e por riba de todo, vixiar ós intereses das fontes.

O xornalismo local, pola proximidade, ten unha maior facilidade para levar a cabo esta tarefa de construír unha mellor sociedade que preserve a identidade propia nun entorno mundializado.

Os medios de comunicación exercen a miúdo de movilizadores sociais, maioritariamente cando atenden asuntos políticos de gran peso, e iso é algo positivo, máis considero que necesitan mellorar nese aspecto, pois como é posible que a día de hoxe (e falo en xeral), despóis de difundir numerosas noticias sobre a polémica reforma laboral 2012, e as reaccións que ten xerado, despóis de que miles de cidadáns saíran á rúa a manifestarse en contra dela, poucos foron os medios que incluíron nas súas informacións máis puntos e detalle da mesma que o facilitar e abaratar o despido? Non terá que coñecer a xente as dimensións e consecuencias de aquelo contra o que se pronuncia? Está claro con eses dous puntos que non beneficia precisamente ós traballadores, e este non é máis que un pequeno exemplo para ilustrar que o labor dos medios de comunicación é ofrecer unha información precisa e completa como condición indispensable para que esta sexa útil. Senón, estarán a producir opinións pouco fundamentadas e non lle ofrecerán ós cidadáns a información necesaria para que poidan defenderse con seguridade, sabendo contra que se enfrentan exactamente, xa que sempre hai quen trata de botar por terra os movementos cidadáns apoiándose na idea da ignorancia da maioría que é manipulada por unha minoría rebelde comecocos.

 

Brea Ledo, CL4X

Save a journalist

Hoy, día del trabajo, aquellos que tienen uno deben celebrarlo más que nunca. Sobre todo, los que trabajan en el campo de la comunicación; un sector que está padeciendo una ingente cantidad de despidos.

La inseguridad laboral está hoy a la orden del día. Los periodistas saben que su trabajo pende de un hilo (según un estudio un 66% de los periodistas españoles ven su puesto en peligro) y tenemos la mala suerte de que necesitamos comer todos los días. Tenemos las manos atadas. Si queremos mantener nuestro trabajo no nos queda más remedio que seguir las órdenes que vienen “de arriba” que están fundadas en intereses económicos y no periodísticos. Si tu no cumples, hay cientos de periodistas a las puertas de la redacción que están dispuestos a hacerlo.

Un 77% de los periodistas considera que la situación del periodismo es “precaria” en el aspecto laboral, mientras que un 21% la juzga “mejorable” y hay 1% de periodistas “ciegos” que la califica de “buena”. La situación no sólo es precaria…es triste,

¿Cómo se puede ejercer así la profesión?, ¿cómo podemos llevar a cabo esa idea de periodista intrépido de las películas con el que todos soñamos al salir de la Facultad?

Fernández Arias, Eva CL4X

No hace falta ser siempre como quieren que seas

A la hora de iniciar una relación, ya sea de amistad o de carácter sentimental, todos nos enfrentamos a las mismas dudas.

¿Saldrá bien?,  ¿Seré lo que espera?

Quizás afrontar algo que de primeras se antoja desconocido, puede llegar a asustarnos. El hecho de parecerte demasiado o que haya muchas diferencias marca irremediablemente el camino que has iniciado.

A pesar de que todo el mundo mantiene mostrarse siempre de la misma forma, todos hemos comprobado que muchos “modifican intencionadamente” su forma de ser para lograr un engranaje perfecto con la otra persona implicada.

¿Hasta qué punto merece la pena ese comportamiento?

Con los años he aprendido a valorar las diferencias como algo que marca nuestro carácter con respecto al resto de personas. Es algo que obviamente todos sabemos, sin embargo, hay una tendencia a ocultarlas, por temor a la repercusión que éstas puedan llegar a tener en la pareja o grupo de amistad.

A veces, no es necesario cumplir con el resto de la gente y mostrarte como ellos desean, no es cuestión de decepción sino de amoldarte a las personas y a esa determinada situación.

García González

S2A 2B2

Tradiciones que no deberían desaparecer

Hoy por la mañana, a eso de las diez y media, tocaban el timbre de mi casa con insistencia. Sí, yo aún estaba durmiendo (aunque sé que no debería) pero en lo único que pensaba era en quién podía ser tan “pesado” a esas horas  en un día festivo. No  había ningún misterio. Se trataba de  los tradicionales Maios.

Puede que muchos de vosotros no los conozcáis ya que según tengo entendido, son más habituales en el sur de Galicia y sobre todo, en el rural. En principio, se trata de una celebración que en sus orígenes se daba para despedir el invierno y dar la bienvenida a la primavera pero, como todo, el motivo ha ido cambiando. Actualmente, se crean unas estructuras cónicas con materiales nada industriales (cascaras de huevo, ramas, flores…) y se recorren las casas con la intención de que los propietarios de las mismas suelten algún eurillo. En el lugar en el que vivo, estas “procesiones” las protagonizan niños y son de lo más vistosas. Pero lo que más me llama  la atención de esta tradición son as cantigas que sin aparente maldad cantan estos niños. Se trata de una clara crítica y denuncia social con mucha retranca. Este año, apuntaron a la situación local, relacionada con el derribo de algunas casas y la situación de la carretera del pueblo, pero también tuvieron un detalle con el gobierno central. Se quejaban de los recortes, la situación de las becas, la situación laboral… Todo ello con un tono sarcástico para mi, muy apropiado.

Son estas algunas de las cosas que, en mi opinión, no se deben perder. Una tradición que hace que nos “desahoguemos” de una manera ingeniosa y divertida. Por último, decir que en mi pueblo se celebra un concurso al final de la jornada en la que compiten los diferentes Maios de la zona. Por supuesto, hay una categoría para estas cantigas, lo que hace que los niños se esfuercen todavía más.

Domínguez, Rodríguez, P. S2C, 2A2

¿Adiós a “Teletenis”?

Mucho se está hablando desde la llegada del PP al gobierno de la posible desaparición de un canal que en breves os explicaré porqué es tan importante para mi y para mucha gente, Teledeporte, o vulgarmente conocido por sus escandalosas y vergonzosas emisiones de Tenis a todas horas del día, debido por supuesto a los polémicos contratos televisivos.

Teledeporte es un canal que anuncia lo que va en La Primera, pero en La Primera nunca se anuncia lo que va en Teledeporte. En la sección deportiva de los Telediarios, no se habla de los deportes que RTVE ha contratado para Teledeporte. Una de las funciones esenciales de cualquier planteamiento televisivo, defender la inversión. Audiencias de los Telediarios de TVE: media de audición minutos deportivos, 4 millones. Medición minuto a minuto. Se mantiene la media…Hasta que dejan de hablar de fútbol. Primer minuto sin fútbol, la audiencia puede llegar a bajar un 50%. Pero si soin una televsión pública,subvencionada, la audiencia no debe marcar lo que se puede o no puede hacer…¿no?.

Por último decir lo que al principio prometí, explicar porqué a pesar de la horrible gestión de TVE de cara a este canal, no puede desaparecer. Mi deporte, el para muchos desconocidísimo BALONMANO, sólo es retransmitido semanalmente por este canal (y aún parece que tenemos que arrodillarnos y alabar a TVE por la diminuta repercusión que le dan). En los últimos años y a pesar de la crisis económica que está afectando brutalmente a todos los clubes de este gran deporte, los equipos españoles están dominando a nivel mundial a base de esfuerzo y sacrificio, la mayoría de los más importantes de la liga ASOBAL llevan meses sin recibir ni una mensualidad, y aún así siguen compitiendo al máximo nivel. Si al auge que tímidamente está adquiriendo el Balonmano le cortamos su única vía de publicidad, ¿que podemos esperar? Opinad futboleros y futboleras, quiero saber vuestra opinión del trato a este deporte.

García Varela, Miguel              S2B        2B3

A importancia de quen opina

Un dos grandes problemas da cidade de Pontevedra é a acumulación de tráfico no centro da cidade, o cal se ve triplicado en vésperas de festivos, nos días chuviosos e cando as estradas da cidade están en obras, cousa bastante común, sobre todo actualmente, coas obras do AVE. Dende outubro do ano pasado e ate o día de hoxe, a rúa Loureiro Crespo está cortada ao trafico á altura da Pasarela, xa que se está acondicionando este tramo para o paso do novo tren de alta velocidade. Por enésima vez se ve sobrepasado o prazo para rematar estas obras, xa que nun principio se estimaba que estarían listas para febreiro deste ano.

Obras en Loureiro Crespo

Vista aérea das obras de Loureiro Crespo

O Diario de Pontevedra informa no día do traballador do estado desta reforma, que novamente incumpre os prazos establecidos. María Boullosa, a redactora desta información, comeza citando as queixas que o Goberno Local trasladará ao Ministerio de Fomento e á empresa adxudicataria desta obra. En orde cronolóxico vanse expresando os diferentes puntos de vista de cada bando. Ate aquí todo correcto.

Na segunda parte desta noticia, Boullosa céntrase na opinión dos cidadáns e nos problemas que isto lles crea. É neste apartado onde a noticia frouxea, xa que a opinión dos cidadáns é algo etéreo, porque as súas testemuñas son identificadas como “fontes próximas á asociación de comerciantes”. ¿Non terían que ser os propios cidadáns con nome e apelido os que se queixen da súa situación?. Ademais, o curte na estrada tamén desfavorece aos condutores que día a día teñen que variar o seu traxecto debido a esta reforma e a les nin sequera se refiren.

Deste xeito, e como sucede con moitas outras noticias, parece que as veces importa máis o que di o Goberno Local que o que pensan os afectados que día a día se ven somerxidos nesta clase de problemas.

Cardalda Vidal, CL4X

Becas, que era iso?

Nuns anos, e non tantos, parece que esa vai ser a pregunta que moitos se fagan. Semella que ninguén se detivo a cuestionar a dilatada senda de recortes, e iso que aínda hai para longo . Esta vez é o turno das becas. De agora en adiante, os alumnos que non superen o  90% das materias –un 100% no caso das becas-salario– deixarán de recibir axudas o ano próximo. Non me parece unha medida ideal, pero si comprensible. Suponse que as becas serven para premiar o esforzo, non para crear mangantes nas universidades. Perfecto.

Pero co que si non estou nada de acordo é coa nova medida que concederá beca a todos aqueles estudantes de primeiro curso que no seu selectivo obtivesen unha nota superior ó 5.5. Non entendo por que agora as notas de corte son diferentes para uns e para outros. Ou sexa, que para poder costearse a educación universitaria parte do estudantado necesita un 5.5 pero a clase media alta -cuxos pais, non eles, recordemos, poden costealo-  ten unha nota de corte diferente? Así non democratizamos o ensino.

Paréceme moi ben que suban as notas de corte. Que necesitamos agora un 6 para aprobar todas as materias? Perfecto, son a primeira que di si, un 5 moitas veces non demostra todos os coñecementos que se deberían, pero para todo o mundo. Se un rapaz non pode ir á universidade por ter menos dun 5.5 no seu selectivo, o fillo do rei tampouco debería.

Sei que o sistema universitario moitas veces deixa moito que desexar: mal control fiscal, escasa inversión en I+D e mesmo universidades e prazas que o mercado é absolutamente incapaz de absorber. Algo que, ó fin e ó cabo, se hai cartos, sempre terá solución cunha educación privada á que recorrer e, todo isto, xa dará igual.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

“Tamén hai que comer”

Co primeiro de maio chegan con máis forza ca nunca as reivindicacións dos traballadores e dos empregados, as persoas que a cada día que pasa teñen menos seguridade no seu porvir e no dos seus seres queridos. O benestar e a dignidade do pobo xóganse nunha partida de dados allea a el. ¿Somos escravos ou somos homes e mulleres en posesión dos nosos destinos? ¿E os xornalistas? Recentemente estivemos observando como co paso do tempo os  medios máis exitosos son aqueles que venden noticias, que empregan as súas forzas e o seu tempo en cubrir e informar das banalidades e dos produtos dos seus investidores e colegas no poder. Non hai interese por descubrir, por revelar, por destapar o que xace na outra cara do entorno público e do merchandising. Un xornalista ten que gañarse o seu pan, pero ¿de qué modo?

Fina ironía

O xornalista ideal -especime raro e de escasa notoriedade- debería pensar no seu beneficio en canto que é capaz de salvar ao seu amigo cidadán da ignorancia. O acto da comunicación debe servir a un propósito verdaderamente útil para os interlocutores: o receptor está ao tanto dos feitos que por si mesmo no pode presenciar e o xornalista gaña un público educado e, tamén, algún que outro ducado (3. Nome de numerosas moedas antigas de ouro, varios países). O xornalista ten que manterse cos fondos necesarios para vivir e realizar a súa labor -¿para qué enganarnos?-, mais sempre elaborando información non fraudulenta, sen intencións ocultas… en definitiva, sen venderse a cambio dun trato favorable coas altas esferas, sempre desexosas de comprar xornalistas paraque falen de tódolos chanchullos agás dos seus.

Os xornalistas deben coidarse de non morrer de fame, e coidarse de non traballar para outro xefe que non sexa o cidadán ou o desvalido.

Pereira Vila, Jorge CLX4

A culpa é túa papá

Normalmente pénsase que o comportamento dos nenos é froito do que lle inculcan os pais, o que aprenden no colexio, dos seus iguais… e así, déixanse á beira outros aspectos que cobran relevancia á hora de ensinarlle a un neno. Moitas das condutas negativas dos nenos dícese que son froito do que fan os pais.

Con respecto a este tema lembreime da diferenciación que fai Albert Bandura, psicólogo e pedagogo canadense. Este destaca dous tipos de aprendizaxe. Por un lado, existe un aprendizaxe activo (ou por experiencia propia) que se centra naquel coñecemento que se adquire ao facer cousas por un mesmo, e o aprendizaxe vicario, que se basea na observación dos demais. Ao tratar este segundo tipo de aprendizaxe fala tamén do reforzamento positivo e negativo. Quen non viu nunca un neno patalear nun local porque quería conseguir a cambio alg? Pois ben, se nesa situación os seus pais lle compran o que el quere por non escoitalo máis están actuando de maneira inaxeitada porque o neno ve que cos seus choros consegue algo; probablemente se volva a repetir a situación.

Este tipo de aprendizaxe por observación pode ser positivo se os nenos imitan condutas apropiadas. De non ser así, a imitación de condutas negativas leva a comportamentos nos nenos neste sentido, pensando que eles deben facer o mesmo, sen saber que están a ter un mal comportamento. Exemplo disto, podería ser que un neno que viviu a violencia de xénero no seu fogar, e na súa adolescencia  fose agresivo porque iso é o que aprendeu por imitación.  Ademais, o neno tamén pode aprender dos seus iguais imitando comportamentos dos mesmos pois observa que comportándose así obteñen certos beneficios (aquí aparece tamén o reforzo). Deberíamos prestarlle atención xa que hoxe en día non se lle dá importancia a educación dos nenos e témonos que dar conta de que eles son a sociedade futura.

 E para aprender máis de maneira amena: http://www.youtube.com/watch?v=KX5apW8h8WA

Lozano Aguiar, Lara

S2D

2b1

A comunicación interpersonal no xornalismo

A comunicación interpersonal comprende un intercambio de mensaxes e establécese entre persoas que están próximas. Cada unha das persoas produce mensaxes que son unha resposta aos mensaxes que foron elaborados pola outra ou por outras persoas implicadas na conversación. Dentro deste tipo de comunicación, xorden outras modalidades comunicativas relacionadas con esta transacción continua: o intercambio comunicativo dun individuo a outro (falar cara a cara), dun individuo a unha colectividade, ou dunha colectividade a outra de individuos.

No noso caso, como estudantes de xornalismo, penso que é moi importante centrarse en coidar o que é a comunicación interpersonal xa que para nós como futuros xornalistas é fundamental ter en conta á persoa á que nos diriximos, e saber tratar coas persoas que nos facilitan información sobre a que traballar. Por exemplo: cando unha fonte lle facilita a un xornalista certa información sempre vai observar o seu comportamento. Se o xornalista cumpre co acordado, a fonte estará disposta a achegarlle máis información nun futuro. Con todo,  non se trata só de respetar á fonte e de empatizar coa xente, senón tamén cómpre lembrar sempre que o modelo de comunicación da información, non pode converterse nun modelo de comunicación lineal no que só nós, os xornalistas, emitamos unha mensaxe sen ter en conta aos nosos lectores.

Geada Ares

S2D

2b1

A comunicación comunitaria ten moitas funcións

“La comunicación puede desempeñar una labor terapéutica de transcendencia a escala social”. Así o recolle Mollica dicindo que os seres humanos temos unha capacidade para empatizar compartindo as nosas narracións; ao sentirnos escoitados e escoitadas por outros e estes por nós. Preséntase así un xornalismo comunitario que pretende dar información e producións de interese á súa comunidade de referencia polo que se promove a participación no espazo público, conseguindo que as persoas establezan lazos comunicativos a través das súas vivencias.

Pero, para min, a esencia da comunicación comunitaria non é pois a independencia dos intereses ou ideoloxías, senón esa capacidade que teñen para potenciar o diálogo. Para min, detrás de todas as actuacións do ser humano hai intereses máis ou menos acusados e no xornalismo tamén se dá. O que si está claro é que os intereses dos medios comunitarios non están tan en acorde cun partido político que é o que máis ata a información na actualidade.

Pero como ben di a comunicadora comunitaria Ana Limachi, estes medios foron sempre marxinados: http://www.youtube.com/watch?v=D0pvj4Jxcqg, aínda que a poboación  os “necesita” .

Gesteira Estévez

S2D

2b1