Arquivo do blog
Buscando una salida (I): Lindeiros
El trabajo que mi equipo (formado por Marta Rodríguez, Natalia Saavedra, Fátima Souto e Iago Suárez) y yo estamos realizando y la forma de llegar a él representan a la perfección lo que muchos periodistas están viviendo en su vida profesional. Comenzamos buscando asociaciones con las que trabajar, lo mismo que la mayoría de nuestros compañeros. Los impedimentos no eran pocos: lo interesante ya estaba cogido, lo demás no nos valía… Así que, finalmente (previa reunión con nuestro señor profesor), nos decantamos por el trabajo que ahora mismo ocupa buena parte de nuestro tiempo: elaborar una guía de salidas alternativas al periodismo. Buscamos todo aquello que sea viable a nivel profesional, más allá de radios generalistas, grandes periódicos o la televisión de toda la vida. Periodismo freelance, digital, prensa gratuita… Son muchas las posibilidades que nos encontramos lejos de los muros de la facultad, que abandonaremos más pronto que tarde.
El primero de los encuentros que organizamos para documentarnos al respecto fue una grata sorpresa. Entrevistamos a Manel Pardo, secretario del Sindicato de Periodistas de Galicia, aunque su cargo es lo de menos. Nos centramos en conocer su faceta emprendedora: en mayo de 2013, Manel creó Lindeiros, un periódico gratuito de publicación mensual. Se trataba de un proyecto personal, que él realizaba por su cuenta y riesgo. A día de hoy, ya son nueve los números que se han publicado de Lindeiros. A pesar de no reportar beneficios (todavía), ya se ha convertido en un periódico sostenible que cubre los gastos de su impresión.
Aunque muchos piensen (y tampoco les falta razón) que el futuro del periodismo está en las nuevas tecnologías, está claro que el papel está lejos de morir. En un lugar como Galicia, con poblaciones tan dispersas y una media de edad muy alta, el acceso a internet dista de ser universal y el papel sigue siendo la forma mayoritaria de acceso a la información. La era de la tecnología ha hecho que los medios más pequeños intenten ampliar sus horizontes más allá de donde realmente pueden, dejando libre un nicho de mercado: la prensa local. La típica teoría de que si te tapas la cabeza con la manta dejas descubiertos los pies, vaya.
De este modo, a base de entrega y sacrificio, Manel Pardo ha conseguido sacar adelante este proyecto. Un periódico repartido por él mismo que cubre información de Santiago de Compostela y sus alrededores. Un periódico que vuelve a dar una información que algunos se olvidaron de ofrecer y todos quieren conocer.
Qué quero ser de maior
Retorno ao pasado cos ánimos dun meniño fedello e inconsciente. Coma nunha redacción de primaria, vou expresar na metade dun folio, as miñas expectativas, o meu desiderátum, do meu ideal de ser xornalista. Seguramente todo é labia tópica e redundante doutro pobre ignorante, cego pola falta de experiencia. Pode ser que o mundo acabe por dobrarme e desviarme cara a desidia, que acabe sendo un hipócrita, pero quero que isto sexa o meu testamento de xuventude, inocente como son.
De maior quero andar pola rúa, escribir na rúa, fotografar na rúa e debuxar na rúa. Quero perder o meu medo e a mansedade. Gustaría de falar coa xente, cos bos e cos malos, para crear unha historia real e crua, sen literatura nin poesía. Quero a verdade, aínda que sexa imposible abarcala por completo no mar de incógnitas e de silencios. Quero expresar as ideas dos outros, ver as súas intencións máis aló do evidente e retratalos tal e como somos todos: bestas sen corazón e nenos perdidos abríndose paso na escuridade.
¿E quén son eu para se-lo presuntuoso vixiante, este voyeur teimudo? ¿Quén son eu para autoproclamarme xusticeiro social? Nun mundo no que o ollo crítico é un ollo vago, alguén ten que saír da ringleira e amosar ao resto que están seguindo ao tipo de diante sen saber a onde se dirixen. Non son mellor nin peor por descubrir o esquecido, por rompe-los tabús que medran e devoran dentro dos nosos corpos. Facer saber é a metade do traballo na tarefa de mellorar o mundo. ¿E quén son eu para dicir que o mundo que quero é o mellor? Non son ninguén para criticar sobre a aportación dos demais ao desenvolvemento da vida, pero ben sei que a ninguen lle debe faltar o esencial para vivir felizmente.
Quero ser un mediador, unha testemuña sincera, un cronista, unha canle de auga, un mensaxeiro, un e todos á vez.
De maior quero ser xornalista.
Pereira Vila, Jorge CLX4
Sobre o “primeiro poder”
Na última parada da odisea comunicativa que supón este blog, quixera facer unha reflexión sobre aquilo que nos trae a todos aquí -o xornalismo- e súa forma máis usual de manifestarse: os medios de comunicación. Penso que é algo que nos atinxe a todos se pensamos no noso futuro.
Cáusame moita impotencia o gran paripé no que se sustentan os medios de comunicación actuais. Eses intereses, esa hipocrisía, ese inmobilismo voluntario que enche o mundo de veleno, están tamén nos medios. É unha mágoa que tendo unha misión tan fermosa, tan motivadora, o boten todo a perder por converterse nun instrumento político ou económico. Un informador deber contar a verdade plena, non a pactada. Mentres isto non sexa así, a opinión pública seguirá diariamente entretida con temas superficiais mentres outros problemas de fondo permanecen ocultos.
Penso que aquí, nunha reformulación do que eu considero “primeiro poder” –pois ó fin é o cabo é o que canaliza todos o demais, o que vincula á sociedade co mundo que a rodea–, está a orixe dun cambio de rumbo. A partir dunha información estritamente verdadeira, poden coñecerse os tumores que están a corromper a política, a economía, o sociedade… o planeta. Se non hai esa análise profunda e ese diagnóstico correcto que nos detecte este cancro sistemático, seguiremos vivindo como un enfermo que ignora o defecto do seu corpo, deixando así que a metástase se estenda.
Igual que corrompemos o mundo, corrompemos o xornalismo, e agora damos por feito que non hai outra alternativa, nin para un nin para o outro. Debe ser moi gratificante para un xornalista sentirse verdadeiramente ó servizo da sociedade. Pero para iso temos que aprender primeiro a deixar de estar ó servizo do diñeiro.
Liñares García, GBCP
El beso del fin
Una fotografía puede evocar a cada uno ciertos recuerdos, sentimientos, sensaciones… Pero es difícil conseguir que una misma fotografía transmita lo mismo a millones de personas en diferentes estados. Alfred Eisenstaedt lo consiguió con la fotografía titulada “VJ day in Times Square”, también conocida popularmente como “El Beso en Times Square”.
El 14 de agosto de 1945 Japón se rindió a las tropas aliadas, poniendo fin a la Segunda Guerra Mundial. Esto fue anunciado en el letrero luminoso del Times y la gente eufórica ocupó las calles para celebrar el momento. Eisenstaedt estaba en el lugar adecuado, en el momento exacto para capturar a un joven marinero cogiendo de imprevisto a una enfermera para besarla. Más tarde conoceríamos la identidad de la enfermera, a pesar que la del marine todavía se siga discutiendo.
Este beso robado representa alegría, felicidad y esperanza. Un instante entre dos desconocidos se convirtió en el icono del final de la Segunda Guerra Mundial, una de las batallas más sangrientas de la historia. Esta fotografía refleja el lado más humano de las personas, después de una lucha intensa y sin sentido. Edith Shain (la famosa enfermera) declaró: “El muchacho me agarró y yo cerré los ojos. Le dejé besarme, porque había estado en la guerra, luchando por todos nosotros”.
A pesar de que el fotógrafo fue acusado de montaje en varias ocasiones defendió hasta el día de su muerte la fiabilidad de esta foto. Curiosamente el teniente Victor Jorgensen, fotógrafo de la armada estadounidense sacó la misma foto desde otro ángulo diferente. Fotografía que más tarde publicaría el New York Times.
Iglesias Otero S2A 2B3
Redefinirse y reinventarse
El futuro del periodismo local, creo, está asegurado. Éste se fundamenta en la proximidad, que siempre da buen resultado y ingrediente fundamental en la comunicación. Sin embargo, necesita redefinirse y reinventarse.
La redifinición empieza por darse cuenta de que el término local, ahora, es más que una delimitación geográfica o más que un sentimiento de comunidad. Las nuevas tecnologías, la web, nos permiten ser tan locales como queramos (o como quiera el lector). Podemos hacer que nuestras noticias lleguen tan lejos como queramos a través de Internet, están al alcance de cualquiera.
Y la reinvención para por un cambio de mentalidad en las empresas periodísticas. El patrón de consumo de información ha cambiado. Los lectores se disponen a consumir información en cualquier momento del día y, cuando lo hacen, quieren que esté actualizada. El periódico impreso a última hora de la tarde, a esas horas, está ya desfasado. La web y los usuarios demandan un modelo de redacción que informa las 24 horas, los 7 días de la semana.
La principal traba es el sustento económico. Existen algunos modelos, que han aparecido recientemente, en los que son los propios lectores quienes invierten su dinero para que un equipo de periodistas investigue y escriba sobre un determinado tema que interesa en su comunidad. Quizás, esta idea sirva en el futuro. Por lo ahora, seguimos esperando el cambio.
Fernández Arias, Eva CL4X
Blogs contra a desertización mediática
Na historia xudicial da Casa da Cultura de Vimianzo hai escritas xa tres querelas: por non pagamento, por tráfico de influencias e outra por prevaricación. Esta última, que inculpaba ao actual rexedor (BNG), foi arquivada. A historia comezou cando o anterior goberno de Vimianzo (PSOE) licitou a obra da Casa da Cultura. A construción do edificio, cifrada en 1,1 millóns, recaeu en mans do irmán do ex-alcalde. A execución doutras obras que non figuraban no contrato elevou o custo aos 2,5 millóns. Co BNG coma inquilino maioritario da casa consistorial, o construtor presentou unha demanda por non pagamento de máis de 700.000 euros que o actual goberno liquidou solicitando un crédito. A segunda, unha querela penal, foi posta por Carmen Borbujo (PP) para revisar a adxudicación da obra. Como resultado hai sete persoas imputadas. Entre elas o ex-alcalde.
Así as cousas no Concello de Vimianzo, cómpre un informante que dea parte da actualidade das arcas municipais, do comportamento político e dos custos sociais das medidas polas que votamos. Uliscando a clase política local do Reino Unido, o xornal The Guardian anunciou en 2009 a creación de blogs especializados en política local, para facer inclinar a balanza en cotra da corrupción nun escenario de desertización mediática. Con xente dedicada a investigar e a somerxerse na vida turbia dos consistorios. A idea na que coinciden todos os medios de comunicación é a de que o xornalista profesional é a súa mellor baza. Unha teoría que se presume obvia, aínda que despois nunca se leve a cabo.
Ameixeiras Cundíns, CL4X
NOVOS RETOS PARA OS MEDIADORES SOCIAIS
A necesaria evolución xornalística, debe apuntar cara a unha maior actividade por parte dos xornalistas na nova sociedade. Ademáis da virtude para compoñer textos interesantes con enfoques orixinais, os profesionais da información deberían lembrar e reforzar o seu labor coma transmisores de coñecemento, e o seu rol de mediadores sociais.
A especialización e a interactividade son fundamentais para que a nova sociedade recorra ó xornalismo en busca do contraste co xuizo propio, de información experta, e un intercambio de visións de cidadán a cidadán, xornalista e usuario na procura do mesmo: que os cidadáns se manteñan en contacto continuo co máis representativo da súa realidade, permitíndolles que as súas opinións, inquedanzas e vivencias, conten á hora de realizar esa búsqueda, rexistro, difusión e conexión diaria co seu entorno social.
Os mediadores sociais, especialmente os dixitais, deberían por tanto achegarse o máximo posible ós cidadáns, poñerlle un rostro ós problemas, e permanecer inmersos na pel da sociedade en torno á cal xiren os acontecementos a abordar, favorecendo a cohesión e a identidade, e fomentando a diversidade. É preciso que as comunidades teñan en mente que sexa cal sexa a situación particular de cada quen, as diferenzas económicas, ideolóxicas, culturais…etc todos estamos afectados polas decisións dos nosos gobernantes, e teñen que ser eles o obxectivo común da nosa mirada máis crítica independentemente das nosas preferencias políticas. É ahí onde hai que traballar máis, facer que os cidadáns (incluíndo ós xornalistas por suposto) lembren a súa responsabilidade como membros do sistema no que se moven cada día, e que participar no devir da súa comunidade, do xeito que lles sexa posible e que máis lles motive, nin custa cartos, nin é unha ideoloxía, senón unha atitude que beneficiaría ó individuo e ó conxunto, ó particular e ó xeral.
O negocio das empresas informativas non pode contaminar o compromiso social. A ética é primordial; hai que loitar por rematar coa unidireccionalidade das mensaxes, e por riba de todo, vixiar ós intereses das fontes.
O xornalismo local, pola proximidade, ten unha maior facilidade para levar a cabo esta tarefa de construír unha mellor sociedade que preserve a identidade propia nun entorno mundializado.
Os medios de comunicación exercen a miúdo de movilizadores sociais, maioritariamente cando atenden asuntos políticos de gran peso, e iso é algo positivo, máis considero que necesitan mellorar nese aspecto, pois como é posible que a día de hoxe (e falo en xeral), despóis de difundir numerosas noticias sobre a polémica reforma laboral 2012, e as reaccións que ten xerado, despóis de que miles de cidadáns saíran á rúa a manifestarse en contra dela, poucos foron os medios que incluíron nas súas informacións máis puntos e detalle da mesma que o facilitar e abaratar o despido? Non terá que coñecer a xente as dimensións e consecuencias de aquelo contra o que se pronuncia? Está claro con eses dous puntos que non beneficia precisamente ós traballadores, e este non é máis que un pequeno exemplo para ilustrar que o labor dos medios de comunicación é ofrecer unha información precisa e completa como condición indispensable para que esta sexa útil. Senón, estarán a producir opinións pouco fundamentadas e non lle ofrecerán ós cidadáns a información necesaria para que poidan defenderse con seguridade, sabendo contra que se enfrentan exactamente, xa que sempre hai quen trata de botar por terra os movementos cidadáns apoiándose na idea da ignorancia da maioría que é manipulada por unha minoría rebelde comecocos.
Brea Ledo, CL4X
“Tamén hai que comer”
Co primeiro de maio chegan con máis forza ca nunca as reivindicacións dos traballadores e dos empregados, as persoas que a cada día que pasa teñen menos seguridade no seu porvir e no dos seus seres queridos. O benestar e a dignidade do pobo xóganse nunha partida de dados allea a el. ¿Somos escravos ou somos homes e mulleres en posesión dos nosos destinos? ¿E os xornalistas? Recentemente estivemos observando como co paso do tempo os medios máis exitosos son aqueles que venden noticias, que empregan as súas forzas e o seu tempo en cubrir e informar das banalidades e dos produtos dos seus investidores e colegas no poder. Non hai interese por descubrir, por revelar, por destapar o que xace na outra cara do entorno público e do merchandising. Un xornalista ten que gañarse o seu pan, pero ¿de qué modo?

Fina ironía
O xornalista ideal -especime raro e de escasa notoriedade- debería pensar no seu beneficio en canto que é capaz de salvar ao seu amigo cidadán da ignorancia. O acto da comunicación debe servir a un propósito verdaderamente útil para os interlocutores: o receptor está ao tanto dos feitos que por si mesmo no pode presenciar e o xornalista gaña un público educado e, tamén, algún que outro ducado (3. Nome de numerosas moedas antigas de ouro, varios países). O xornalista ten que manterse cos fondos necesarios para vivir e realizar a súa labor -¿para qué enganarnos?-, mais sempre elaborando información non fraudulenta, sen intencións ocultas… en definitiva, sen venderse a cambio dun trato favorable coas altas esferas, sempre desexosas de comprar xornalistas paraque falen de tódolos chanchullos agás dos seus.
Os xornalistas deben coidarse de non morrer de fame, e coidarse de non traballar para outro xefe que non sexa o cidadán ou o desvalido.
Pereira Vila, Jorge CLX4
A comunicación interpersonal no xornalismo
A comunicación interpersonal comprende un intercambio de mensaxes e establécese entre persoas que están próximas. Cada unha das persoas produce mensaxes que son unha resposta aos mensaxes que foron elaborados pola outra ou por outras persoas implicadas na conversación. Dentro deste tipo de comunicación, xorden outras modalidades comunicativas relacionadas con esta transacción continua: o intercambio comunicativo dun individuo a outro (falar cara a cara), dun individuo a unha colectividade, ou dunha colectividade a outra de individuos.
No noso caso, como estudantes de xornalismo, penso que é moi importante centrarse en coidar o que é a comunicación interpersonal xa que para nós como futuros xornalistas é fundamental ter en conta á persoa á que nos diriximos, e saber tratar coas persoas que nos facilitan información sobre a que traballar. Por exemplo: cando unha fonte lle facilita a un xornalista certa información sempre vai observar o seu comportamento. Se o xornalista cumpre co acordado, a fonte estará disposta a achegarlle máis información nun futuro. Con todo, non se trata só de respetar á fonte e de empatizar coa xente, senón tamén cómpre lembrar sempre que o modelo de comunicación da información, non pode converterse nun modelo de comunicación lineal no que só nós, os xornalistas, emitamos unha mensaxe sen ter en conta aos nosos lectores.
Geada Ares
S2D
2b1
Las mentiras de los periodistas han acabado con él
Tras cuatro años sentado en uno de los banquillos más importantes del panorama del fútbol europeo, el pasado viernes Josep Guardiola, más conocido como “Pep” decidía dejar este mundillo porque no podía aguantar más.¿Cómo una persona a la que se la ha cuestionado en España todo lo que ha hecho no va a tener que decir basta?
Me parece que los medios de información de este país, en este caso deportivos ligados a la capital de España y que tienen el color blanco como bandera, no han hecho más que quitarle todos los méritos logrados a una de las personas que más ha dado a la historia del fútbol español. Desde las críticas vertidas de dopaje o los clásicos “¿Porqué?” de un portugués arrogante y maleducado, hasta el conocido “Villarato” han sido un sinfín de artimañas utilizadas para intentar “tapar” lo grandioso que ha conseguido su equipo, un fútbol de ensueño que los que amamos este deporte nunca podremos olvidar.
Un “ciclo” humilde, generoso, ambicioso, luchador… y que ha demostrado que cuidando a la pelota se pueden conseguir grandes éxitos y crear la admiración de todo el mundo. A pesar de las mentiras, confío en que algún día la “otra” España, curiosamente sólo blanca, recalco que ni celeste ni blanquiazul ni blaugrana, sólo blanca, le otorgue a “Pep” lo que le han querido quitar y realmente se merece. Graciès Pep.
PD: ¿De verdad nuestra profesión nos obliga a acribillar contra personas que no se lo merecen?
Domínguez Rodríguez, M. ProT 2A2
O cidadán, ese eterno esquecido do xornalista local
Creo que hai xornalistas que nunca aprenden, ou aos que se lle esquece moi rápido o compromiso e responsabilidade que entraña o acto de informar.
“Ir, ver, interpretar e contar”, “contraste”, “multiperspectivismo”, “veracidade”, “obxectividade”… son moitos os requisitos que un xornalista ten que ter en conta á hora de abordar unha labor social como é a de ser o informador do cidadán.
Todos estes valores rondan día a día a mente do xornalista, pero tenos en conta?, ou á hora da verdade pasaos por alto e dilles ben claro un: “vade retro”?.
De todo se atopa un na vida, e si é certo que hai profesionais que se toman en serio o seu traballo e se esforzan por facer unha información de calidade, tamén non é menos certo que outra gran porcentaxe opta pola vía fácil, pola opción do “copia e pega” ou pola actitude cómoda de nin molestarse en contrastar. Que é unha información propagandística a que acaba de difundir? por suposto, porque emite o que ven de axencia sin molestarse en cambiar nin unha coma do texto, pero en segundos fixo a súa tarefa e ademais non tivo nin que moverse da redacción; e tan tranquilo pasa a outro asunto que volverá abordar de xeito semellante…
Da rabia ver como moitas informacións se esquecen dunha voz fundamental: a voz do cidadán. Ese cidadán que ven a ser o perxudicado, o que sofre directamente as decisións do poder, e ao que aínda enriba se lle nega o turno de fala. Sen ir máis lonxe, na seguinte información recollida en “La Región” indícase un incremento nos prezos que os cidadáns verinenses van ter que pagar para acceder á piscina climatizada, pero unicamente se teñen en conta as palabras do alcalde. E onde queda a opinión da xente?, onde está o multiperspectivismo?, onde se reflicte a labor social? é isto Xornalismo?, é así como debe actuar un xornalista local?
Prada Estévez, Alba CL4X
Primeros vestigios del periodismo electrónico
Pocos sabréis que el primer periódico “electrónico” se trata del diario viewtel 202. Data de marzo de 1979, se trataba de un complemento informativo del Birmingham Post and Mail y para poder recibirlo era necesario un decodificador conectado a la televisión, finalmente llegaba a casa a través del teletexto. Era de pago y ofrecía 12 horas diarias de contenidos informativos, deportivos, de entretenimiento… No obstante, el viewtel no contó con demasiado éxito.
La primera gran experiencia periodística electrónica fue la que desarrolló a mediados de los 80 el The Columbus Dispach, de Ohio, que, introdujo sus notas informativas en más de 3000 terminales situados en casas de particulares. El servicio lo puso en marcha el desarrollador CompuSerce, el usuario podía recibir en la pantalla de su televisor, previo pago de 5 dólares la hora, todas las noticias de la versión impresa del periódico, al igual que el viewtel funcionaba con un decodificador que contaba con una pequeña memoria capaz de guardar las noticias que el lector deseara.
Hasta 1994 no contamos con una versión en línea de un periódico, se trata del británico Electronic Telegraph, versión electrónica del diario Daily Telegraph.
Esto nos hace reflexionar sobre la gran transición gradual que vivimos del formato impreso al formato pantalla, que irrumpe cada vez más en nuestra vida, ¿está condenado a morir el soporte impreso? En mi opinión no, puesto que sigue proporcionando, con gran diferencia, la mayor parte de sus ingresos a los diarios.
Román Conde,S3B, GOBE
Política vs. Local
Que o xornalismo local está moi politizado non é misterio ningún. A todo isto hai que engadir que a información xerada nos medios locais procede un 90% dos concellos. Isto significa que os gabinetes encárganse de que todo o que se publique sexa xerado por eles, e así quede menos espazo para outro tipo de noticias.
Á información local debería de ser xerada polos xornalista locais. As noticias de axenda, que por desgraza predominan, entorpecen este tipo de xornalismo. Un xornalista local debe de ofrecer información veraz, de primeira man. Ten que ser un flâneur e empaparse dos acontecementos e do que lle rodea. A cidade sempre foi e será un dos centros neurálxicos que fan posible a construción simbólica da realidade, como paso previo á construción social da realidade.
A figura actual do xornalista local, como a coñecemos hoxe en día, debería cambiar nalgúns aspectos, como nos que se mencionaron anteriormente e deben loitar contra as corrupcións políticas.
No seu labor tamén entra a defensa desta realidade local e demostrar que o xornalismo local é algo máis que as festividades e conseguir desta maneira, achegar á xente á información do mellor xeito posible.
Pradera Cibreiro, Sara
CL4X
Ctrl+C Ctrl+V
A web de Faro de Vigo destaca especialmente pola labor de redacción das súas entradas online e polo deseño atractivo e sumamente lóxico da interfaz. Nah. Era broma, por suposto. A páxina do Decano da prensa nacional é unha reunión bastante recortada (eu máis ben diría “amputada” ou “calcinada”, que soa moito mellor) da colección de noticias que rechean a edición en papel. Así, mentres unha noticia tan importante coma a do rexeitamento da Lei de Área Metropolitana por parte do alcalde Abel Caballero, é un calco dunha reseña brevísima sacada de Europa Press. Se temos que confiar en alguén que se preocupe pola política da cidade, ¿qué mellor que unha axencia de noticias nacional? ¿”Faro de Vigo”? Mellor renomeamos a edición dixital baixo o nome de “CopyPaste de Vigo”.
Aquí non acaba a cousa: Na edición do mesmo día temos outra noticia relativa á alcaldía, desta vez sobre o investimento de 14 millóns de euros no arranxo de rúas urbanas. Desta vez a noticia vén copiada de cinco paragrafiños da axencia EFE, un medio internacional, que non local. Nin detalles, nin comentarios, nin contraste, nin dúbidas, nin exposición. De ser alguén foráneo de Vigo, pensaría que este é un comunicado oficial da oficina do mesmo Concello, e dalgún xeito invitaríame a pensar que estas rúas precisan un repaso urxente. Non se trata disto, por suposto, pois estamos ante información de segunda man e os criterios da alcaldía para realizar esta inversión son máis ou menos discutibles. ¿E qué se pode dicir da renovación das infraestruturas destas rúas, en teoría, obsoletas? Só as rúas de Menéndez Pelayo e a do Doutor Marañón precisan dun reaxuste urxente dende hai anos, mentres que o único mellorable en rúas coma a de Brasil e a de Aragón son as beirarrúas. Iso si, xerará emprego, un emprego que durará os meses que duren as obras, entre desvíos de tráfico, retrasos e queixas de veciños polo ruído da maquinaria. E sen esquecernos do dato que fai que nos piten os ouvidos: ¿Gastaranse ben eses 14 millóns de euros? ¿Realmente precisamos facer este tipo de investimentos coa que está caendo?
Como axente activo do crecemento da cidade, o xornalista debe preocuparse por coñecer e facer saber o que afecta á súa comunidade. Recibir información dun espectador alleo ao que sucede a pé de rúa, sexa EFE ou Europa Press, é o mesmo que te-los ollos vendados. Hai que levantarse, saír a pola noticia, completar información e preocuparse por que o cidadán reciba, comprensa e reaccione ante o que sucede. Hai, en definitiva que estar inquieto, ser un fervellasverzas. Hai que ir máis aló da profesión e dicir como naquelas pelis de tiros: “Isto xa é persoal“.
Pereira Vila, Jorge CLX4
“ProT: Toca despedirse… adeus á COPE”
Despois da exposición do traballo ProT na titoría deste xoves é preciso explicar o funcionamento de cadea COPE Santiago a partir de varios termos que o profesor nos amosou na clase. En primeiro lugar dividimos o traballo en dous niveis: o operativo e o discursivo. Dentro do nivel operativo establecemos catro termos: a persoa social, a organización, o territorio e as redes sociais.
No referente á persoa social podemos dicir que a cadea COPE busca un prototipo de xornalista que se adapte á súa liña editorial, máis conservadora, e que a teña en conta á hora de construír a información. Así, esta cadea tamén proxecta un prototipo de oínte máis conservador co das outras emisoras. Se temos en conta ese “poder adquisitivo cultural” do que fala Merton podemos dicir que esta cadea conta con programas moi variados nos que teñen cabida tódalas temáticas (sociedade, política, cultura…) e que van enfocados cara un público moi diverso, dende un poder adquisitivo cultural alto ata baixo. Quizais algúns contidos precisen algo máis de cultura xeral mais a maioría están enfocados para que o máximo número de persoas os poidan comprender.
No senso da organización temos que diferenciar entre a teoría e a práctica. Na teoría trátase dunha organización vertical xa que existe un director da emisora e logo uns redactores. Mais na práctica puidemos observar que a organización é bastante horizontal xa que como ben nos explicou Alberto Varela, traballador de cadea COPE Santiago, os redactores teñen total liberdade para producir e redactar a noticia sempre que non atenten contra a liña editorial. Desta maneira, a confección da axenda temática correspóndelle ó xornalista o que non quita que o director dea ideas mais sempre baseándose nos criterios destes profesionais xa que el non é xornalista.
Ó estudar un medio de comunicación cremos que é mellor utilizar o termo cobertura e non o de territorio. Cadea COPE Santiago cobre tódalas noticias da comarca de Santiago e tamén as de Lalín. Isto é o que lle compete na teoría xa que na práctica a zona de Lalín queda algo descoidada por falta de persoal. No referente á comarca de Santiago Alberto Varela admite que pode haber cousas que lles quedan por cubrir: “é imposible chegar a todo”, mais explica que intentan meter en antena case todo o que lles chega, sobre todo no magazine. Neste senso di que son fundamentais as chamadas da xente xa que os redactores pódense decatar dalgunhas cousas pero non de todas. Así, podemos concluír, tomando como exemplo o caso de Lalín, que o poder tecnolóxico da emisora é superior ós recursos humanos que ten xa que poden chegar ata esta comarca mais non teñen o persoal suficiente para cubrila.
Se analizamos cales son as redes sociais, é dicir, as asociacións e axentes cos que se relaciona a cadea COPE Santiago observamos que son os seguintes. No caso das asociacións manteñen contacto Cáritas, Cruz Vermella, UNICEF, Albergue de Xoán XXIII, Fundación Andrea ou Mans Unidas. Trátase de asociación que comparten, ou polo menos respetan, o seu ideario. Os outros axentes cos que se relacionan son as asociacións de veciños, para as que teñen un programa fixo os martes pola mañá, e as persoas que os chaman para contarlles algún suceso ou algún problema da cidade. Tamén lles preguntamos polos estudantes e explicáronnos que non seguen ningunha estratexia senón que os chaman para falar se ocorre algo que lles afecte como no caso da Normativa de Permanencia. Así, podemos concluír que cadea COPE cobre os intereses da comunidade pero daquela parte que máis lle interesa, que máis se relaciona co seu ideario.
Pasamos agora ó nivel discursivo. Aquí imos tratar dous factores: a comunicación e o desenvolvemento desta. A mensaxe que quere comunicar a COPE é, en palabras do director comercial da emisora, “informar en liberdade”. Pero que é para eles informar en liberdade? Pois debemos atender entón á súa liña editorial, conservadora, e ás palabras que o director comercial engadiu despois desta frase. Hai que ter en conta que era o día da folga xeral e, polo tanto, había varios comercios pechados e piquetes que intentaban pechar os que abrían. Para el, informar en liberdade, era dárlle voz a todos aqueles empresarios que querían abrir as súas tendas e tiveron problemas por mor dos piquetes. Así, con este razoamento, puidemos entender que é informar en liberdade para eles. Evidentemente, aquí entra en xogo o seu ideario.
Para comunicar unha mensaxe ten que haber un desenvolvemento previo. Despois de entrevistar a Alberto Varela puidemos comprobar que non existe unha estratexia de comunicación definida senón que todo funciona un pouco “sobre a marcha”. Moitas veces conseguen información grazas ás chamadas da xente e o que fan os redactores é moverse ata o lugar dos acontecementos para verificar esta información.
Con este post poñemos fin á nosa inmersión en cadea COPE e só lles podemos dar as grazas por recibirnos sempre moi ben e atender ás nosas cuestións. Como futuros xornalistas e como persoas foi unha experiencia moi enriquecedora.
Cruz Portela, Díaz Villaverde, Fernández Fernández, Fernández Lema, 2A3
O home da multitude
“Pero que simple é a mirada sobre a multitude de quen está instalado na súa vida do fogar. E que penetrante é a do home absorto nela a través das lunas dos cafés”.
Este parágrafo foi tomado do artigo de Benjamín “El flâneur”, e escollino para iniciar este post porque me parece que é unha moi boa reflexión sobre o verdadeiro espíritu que debe albergar todo xornalista local, e cal é a actitude que debe desbotar.
O flâneur é o “home da multitude”, e é de feito ese medio de unión das masas, ese paseante e observador que se detén ante todo aquelo ávido de causar un interese xeral. Porque é consciente que nun mundo onde cada persoa se preocupa dos seus intereses propios, sempre ten que haber cuestións que unan, que preocupen e que formen sentimento de cidadáns dun mesmo lugar.
Pero para que o xornalista local trate a información que chega a esa multitude da forma axeitada debe ser un máis deles, é dicir, debe poñerse na pel do cidadán. E poñerse na pel do próximo significa observar todo de primeira man, recorrer a cidade un mesmo para recoller as impresións de diferentes persoas, non aterse ás duns poucos, non conformarse co fácil.
O xornalista local deber ser o símil dun detective, ten que “comerse cos ollos as vitrinas” tal e como recolle De Certeau en “Andar en la ciudad”. Solo así logrará ver o que hai detrás dos acontecementos, aquelo que ninguén ata agora sacou á luz.
Porque ser un xornalista de escritorio, non cuestionarse a información que achegan fontes interesadas, permanecer impasible ante os problemas do cidadán de hoxe; é a vía de escape máis fácil para non implicarse demasiado, para crer que xa “cumpliches” e podes acabar a xornada laboral a gusto. Pero o xornalista local, o verdadeiro, ama a súa profesión, e iso supón empatizar cos problemas da sociedade á que serve, cos problemas que afectan á xente real.
Prada Estévez, Alba CL4X