Todos temos un avó de dereitas sempre disposto a alabar ao actual executivo e sen ningún tipo de pudor á hora de insultar ao anterior socialista. Todos temos escoitado nalgún momento aquela frase de “xa pasou con Felipe González” que, polo menos a min, tanto molesta. O certo é que dei con esta idea buscando algo do que falar no post desta semana e atopei a solución ás discusións familiares. A clave é a comunicación asertiva e as seis normas de ouro para sobrelevar aos intereconomistas que repiten coma loros o que se fala en El gato al agua e derivados…
- Simular a rendición, facer crer que estamos de acordo co que está a dicir e pouco a pouco aportar un novo punto de vista, facerlle crer que foi unha idea súa.
- Ironía asertiva ante ataques de palabras maiores, danse conta de que se están a pasar.
- “Aceptar” o seu argumento rebatíndoo a continuación.
- Afondar na crítica para desarmar o argumento: “Non che gusta o anterior goberno, pero que é o que fixo mal?” A maioría das veces calan, pois non teñen guión para responder a iso.
- Repetir sistemáticamente unha idea para defendela, modificando a frase para non caer na mala educación.
- Utilizar unha frase breve para rematar a conversación e aplazala cando a discusión se volver demasiado acalorada.
Funciona, se non tamén podemos optar por ignorar aínda que este método non é apto para xente coma min. Recomendo este vídeo de Jorge G. Lemus.
Deus Rivadulla, S1E, 2A4