Jeff e o Correo Gallego

Non acostumo a escribir post, pois iso é prerrogativa pra min dos alumnos, de vostedes. Pero hoxe, tomando o meu habitual cortado descafeinado nun bar do meu barrio fóiseme o grolo para o outro lado cando vin iste editorial digno de funambulistas. Velaí

http://www.elcorreogallego.es/opinion/la-quinta/ecg/pianistasa-no-gracias-periodistas-mucha-honra/idEdicion-2012-05-03/idNoticia-744508/

Compartoo coa cara de pampo que fiquei ao mirar tanta miseria. Estame ben por ler cousas tan falaces, retortas e mentirosas que asentan a democracia mediática, a ocultación e iso que os empresarios chaman a Liberdade Prensa e non Liberdade de Expresión. Por algho a diferenciarán, só hai que mirar na sitiación (non situación) en que están os compañeiros do Grupo Correo. No día dista señora patroa nosa, reclamo a liberdade de falar ás claras,…como é posibe, e ísa é outra,l que na festa da Liberdade de Expresión, no mesmo “living” da nosa casa, poidan aparescer ao carón da pancarta aquiles que estimulan o mercadeo e a conculcan de continuo?

Esto xa non é triste, é escorrer de tolerancia polas pernas.

Un saúdo e boa festa.

Martínez Hermida CIC

Posted on 3 Maio, 2012, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Parece ser que a hipocresía está a orde do día nesta profesión. Precisamente sobre eso vai o meu post desta semana:

    Hipocresía política na nosa facultade

  2. Lucía Álvarez

    Como diría o moredador dunha terapia de grupo: ” o primero paso é recoñecelo”; moi ben. Agora que xa puxo no papel o que tanto se leva falado e difundido por outros medios (maiormente os alternativos), non queda outra que pasalo á practica.
    O goberno de Chávez xa deu un paso para isto..: ” A Lei de Comunicación Popular Alternativa e Comunitaria”. Defendida así na páxina onde se promulga.
    http://www.minci.gob.ve/opinion-medios/64/209132/aprobemos_%C2%A1yala_ley.html
    “Afortunadamente, el compañero presidente Chávez, visionario y previsor siempre ha dado la mano a la comunicación alternativa, no así muchos funcionarios burócratas “Rojo-Rojitos” enemigos de la comunicación alternativa y de la Revolución.”
    Un presidente que ten pechado e censurado a tantisimos medios, apropiandose él mismo dun canal de televisión propio. Iso non é hipocresía é surrealismo

  3. seminariocomunicacion1

    De quen é a culpa do que está a pasar na profesión periodística? Dos cidadáns e lectores que os grupos de comunicación tratan como meros clientes? Quizais dalgúns xornalistas que perderon a ilusión ante esta crise e ante as presións dos grupos económicos? Estou de acordo con Alberto, a hipocresía e a mala praxis profesional están á orde do día pero non nos debemos entristecer e apampar con isto pois aínda quedan medios e profesionais que fan un bo xornalismo. Lástima que o que maioritariamente chegue á sociedade non sexa iso. Agora o cidadán e lector xa non pode esperar a recibir boa información de tódolos grupos de comunicación, ten que pasar dun papel pasivo a un activo e sumerxirse na marea de información para conformar el mesmo a súa propia información a través de espírito crítico e perseverancia. Os medios teñen que entender que non somos meros clientes como os de unha empresa calquera senón que somos cidadáns e un dos nosos dereitos fundamentais e o dereito á información.

    Cruz Portela, Soraya, S1C, 2A3

Deixar un comentario