Hipocresía política na nosa facultade
Si a TVG destaca por algo ultimamente non é pola súa limpeza no tratamento da información precisamente. Casos coma o dos afectados polas preferentes que entraron na TVG en modo de protesta ou a dimisión como editor do telexornal do xornalista Alfonso Hermida non lles favorecen moito.
O pasado xoves, celebrábase na nosa facultade un acto en conmemoración do Día da Liberdade de Prensa, que baixo o lema “Sen xornalismo non hai democracia” reclamaba e avogaba por maior liberdade na prensa do noso país.

Acto pola liberdade de expresión na nosa facultade
O sorprendente do acto foi que acudiu a él o secretario xeral de medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, precisamente representante do ente que “manipula” a información da TVG.
Xa é habitual ver hipocresía política nestes tempos, pero sorprende máis vela na nosa facultade, onde o puidemos observar en primeira persoa.
Rivera Rey, S3B, GOBE
Posted on 5 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012, Televisión. Bookmark the permalink. 3 Comentarios.
Vivímos nas nosas carnes e de forma cercana a hipocresía e a manipulación global que están na sufrir os medios de comunicación. Ante isto a mín ocórreseme a solución dos medios de comunicación alternativos, xa que é a única forma de facernos escoitar sen cortapisas.
Deixoche aquí uns ligames que falan sobre este tipo de comunicación.
Fai clic para acceder a CORRALES-HERNANDEZ-REVISADO.pdf
http://elturbion.com/
E ademáis deíxoche outro ligame co que aínda que te reiras, non é de risa; pois trátase dunha hipocresia a nivel extraplanetario.No goberno de Venezuela defenden orgullosamente a Ley de Comunicación Popular Alternativa y Comunitaria; supostamente propiciada por Chávez, con estas palabras:
“Afortunadamente, el compañero presidente Chávez, visionario y previsor siempre ha dado la mano a la comunicación alternativa, no así muchos funcionarios burócratas “Rojo-Rojitos” enemigos de la comunicación alternativa y de la Revolución.”
http://www.minci.gob.ve/opinion-medios/64/209132/aprobemos_%C2%A1yala_ley.html
Está claro que o xornalismo na actualidade deixa moito que desexar. Está a ser constantemente manipulado polos intereses da política, deixando a un lado e esquecendo o seu obxectivo fundamental. Por iso, lendo post coma o teu lémbrome das sabias verbas de Touriñán na gala de Xorcav: sede sinceiros con vós e cos demais.
Salgado Santos, GBCP.
Pois si, nas nosas mans está cambiar este sistema de medios que temos instaurado, onde a manipulación é a base de todo xornalista e a resposta interesada a todo….